lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
WEBSERIE HISTORIAS ARREDOR DA VIDA

Nominada aos premios Youtubeir@s 2022

REMOVENDO A TERRA

Selección Oficial no 36 CINEUROPA, 2022

RESONANCIAS DO PASADO

Premio do Público no MICE de Santiago de Compostela, 2022

Selección Oficial no Primavera de Cine de Vigo, 2021

EU TAMÉN NECESITO AMAR

Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.

Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)

Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)


Selección Oficial Mostra de Cine de Lugo

THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

9 de Septembro do 2023, sabado

Subidas en FAMILIA E VILAXOAN.
En portada, a dereita unha cesta das famosas revenidas, logo as suas vendedoras as peixeiras bailan e disfrutan, a forma de vida de aquelas mulleres era especialmente intelixente, existian os problemas pero intentaban esquivarse.
Bos dias, xa sabedes que non imos de viaxe, todo suspendido ate o dia 23 de Septembro, sabado.A ser felices
Comentarios (7) - Categoría: Xeral - Publicado o 09-09-2023 08:46
NON saimos de viaxe

Bueno, xunto a os compañeiros da Naviera Navia tomamos a decision de SUSPENDER a viaxe que tiñamos pensado celebrar mañan.
O facemos logo de considerar detidamente as previsions metereoloxicas de varios Observatorios. Pois igual nada é como se anuncia, pero mais vale prevenir, si nos pasamos en precaucion e o que levamos ganado.
A Naviera Navia somentes ten barco libre o proximo dia 23 de Septembro, polo tanto quedamos todos citados para ese dia, sabado, as dez trinta da mañá saida do muelle do Cavadelo, cara a Illa de Salvora, logo de dar varios paseos polas rutas mais significativas, o Faro, a Aldea, iremos cara a Pobra donde viviremos un acto de recoñecemento a figura de José Fernandez, unha figura digna de admiracion pola sua defensa dos Dereitos Humanos e da LIBERTAD.
Ali na Pobra do Caramiñal, contamos ca colaboura do seu Alcalde, Concelleira da Memoria e resto do equipo de Goberno, que se brindaron para todo o que fixera falta.
Tamen ca axuda da Fundacion Dez de Marzo, ca Comision da Memoria do Barbanza, que non escatimaron esforzos para botar unha man.
Desde Vilagarcia Iniciativa Cidadan pola Memoria Historica e O Faiado da Memoria.
De aqui a o dia 23 falaremos, bo fin de Seman
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 08-09-2023 18:58
Estade ATENTOS

A o longo do dia falaremos con Naviera Navia, eles son os expertos e por suposto os que mais informacion teñen sobre a prevision e as condicions metereoloxicas que tendremos no dia de mañan para a nosa excursion a Salvora e a Pobra do Caramiñal.
Xunto a eles, decidiremos é informaremos.
Durante toda a tardiña estaremos a o pé dos telefonos para dar informacion.
A partires das cinco da tarde chamade. Os telefonos son 986186893 e 638260808.
E ter en conta que si o dia nove, non saimos o faremos o dia 23 de Septembro sabado, co mesmo plan e guion.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 08-09-2023 08:05
8 de Septembro do 2023, venres

Subidas nas carpetas de Bamio e Rubians.
En portada, postal moi antigua da parte da Alameda, donde se ve a distancia na que conviviamos co mar, ese muro de pedra a esquerda era o que delimitaba a carretera, de adoquins por suposto, co mar.
Reanudamos hoxe, as nosas subidas de fotografias.
Bos dias, moita saude
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 08-09-2023 07:56
O SABADO NOVE, AS DEZ TRINTA NO CAVADELO

Ese viaxe que temos o proximo sabado dia nove de Septembro cada vez mais cerca, esa vivencia maravillosa de atravesar a ria de Arousa, patrimonio de todos, patrimonio ligado a mariñeiros de todolos pobos que compoñen este lugar privilexiado no que vivimos.
Disfrutade con nos de este viaxe a Illa de Salvora, pola tardiña chegaremos a Pobra do Caramiñal donde celebraremos un acto XUSTO de memoria.
Ali, xunto a o seu Alcalde Xose Carlos Vidal, a concelleira de Memoria Patricia Lojo, que por certo se volcou implicandose de unha maneira imborrable co noso acto, as concelleiras Rosana Perez e Amparo Cerecedo, a Comision de Memoria do Barbanza, a Fundacion 10 de Marzo, Iniciativa da Memoria de Vilagarcia, O Faiado da Memoria, nun acto de Reparacion a figura de Jose Fernandez Vazquez, acto no que nos acompañaran a sua filla Rosa Fernandez.
Seguramente que tendremos un tempo para dar un paseo pola Pobra do Caramiñal, merece a pèna.
Hoxe pola noite pechamos o acceso a viaxe.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 05-09-2023 10:23
5 de Septembro do 2023, martes

Subidas en FAMILIA, CORNAZO E OUTRA FORMA DE VIVIR.
En portada, a esquerda espacio no que logo se construiu o edificio da Caixa de Aforros de Vigo, por certo primeiro dos edificios con ascensor, era moi a principios dos anos sesenta.
No centro da fotografia a casa do Arousan, que plantou cara a administracion para defender a sua propiedade, a sua casa que a tiraban sin mais. Rua Conde Vallellano, a dia de hoxe co mesmo nome.
Por certo, mañan e pasado estamos de vacacions, NON hai subida de fotografias.
Que disfrutedes da vida, bos dias
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 05-09-2023 09:09
4 de Septembro do 2023, luns

Subidas en POSANDO é OS VECIÑOS.
En portada, a esquerda, Paco, musico, vivia no calexon do Murado, na Torre.
Escomenzamos seman, saude, bos dias
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-09-2023 07:25
O Martes rematamos o prazo.

Bueno, estamos a chegar a o dia nove de Septembro,proximo sabado, data da nosa viaxe a Salvora e Pobra do Caramiñal, atravesando toda a Ria de Arousa.
Levamos casi un par de meses organizando a viaxe, escribimos estas catro anotacions para decir que pechamos os apuntamentos o próximo martes dia cinco pola tarde-noite
Ainda quedan mais de vintecatro horas e algunha praza libre.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-09-2023 19:44
3 de Septembro do 2023, domingo

Todas as subidas do dia na VILAGARCIA DE ONTE.Celebrando aniversario da posta en funcionamento do ferrocarril galego. En portada Jose Varela, no ano 1950, no xardin da Praia Compostela, representando unha obra teatral que celebraba a chegada do tren a Vilagarcia.
No concello de Conxo, celebran na actualidade o que poñemos a continuacion:
01/09/2023 Do 5 ao 9 de setembro volve a Semana cultural de Conxo, que neste 2023 chega á súa edición número 36 acompañada dun acontecemento especial: o 150 aniversario da posta en marcha da liña ferroviaria entre Cornes, no barrio de Conxo, e Carril, a primeira do ferrocarril galego.

A temática central da XXXVI Semana cultural de Conxo será o 150 aniversario da liña de ferrocarril Cornes-Carril, evento condutor de varias das actividades programadas. Por exemplo, a mesa redonda do día 5 ás 18.00 horas, que contará coa participación de Xoán Luis Miguéns García, médico ferroviario e escritor do libro ‘Historias do Carril-Cornes’, do Consorcio e da editora Sotelo Blanco e da veciñanza de Conxo. A continuación inaugurarase a exposición ‘A memoria do tren’ composta por 10 fotografias históricas e lembranzas do tren traídas da memoria oral das xentes de Conxo. Será ás 21.30 h.

Tamén se programaron unha serie de obradoiros arredor da temática ferroviaria: o martes 5 de serigrafía e gravado e o mércores 6 de creación de trens con Mbot e de ciencia; xogos de mesa de estratexia, o xoves ás 19.30 h; cine, coa proxección de ‘A todo tren’; unha ruta polo ‘camiño de ferro’ e incluso un xogo de pistas e misterio para resolver o ‘Asasinato na locomotora Sarita’.

O xoves 7 haberá unha visita guiada ao Verderón, o tren dos anos 30 unido á locomotora AICO serie 1808, sede da Asociación Compostelana de Amigos do Ferrocarril de Santiago, cuxo interior acolle unha maqueta de modelismo ferroviaria de 6 metros de longo. Será preciso inscribirse con anterioridade.
Bos dias, saude
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-09-2023 09:00
Ultimas datas

Atravesar a Ria de Arousa é un privilexio para a vista, para as nosas lembranzas, o Mar de Arousa e unico no mundo, ten unha belleza que non se compara con nada.
Anotadevos para o viaxe, estamos nas ultimas datas para facelo.
Pola tardiña, no Cine Elma da Pobra do Caramiñal, acto de homenaxe a Jose Fernandez un home importante, con portadas en toda a prensa internacional, no ano 1961
E importante COÑECER
Estamos a pechar o tema da viaxe
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 02-09-2023 08:55
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0