lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
EU TAMÉN NECESITO AMAR

Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.
Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)


THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

E seguimos engadindo fotos
E xa vamos en 326 fotos engadidas as galerías.

Esta semana abrimos dúas novas que veñen a ser continuación de outras dúas xa esistentes pero que quixemos diferenciar pondoas como novos espazos.

Son Posando e Personas recordadas.

Esperamos que disfruten destas novas secións como nos o facemos mostrandoas.

Comentarios (1) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 22-04-2009 01:25
a XENTE NOSA xa está aquí!

Despois dunha semana santa intensa onde non puidemos ter descanso para rematalos flecos da exposición, o luns comenzamos moi de amañecida os preparativos para a súa montaxe.

Coa colaboración dos traballadores de obras e de Paco do Auditorio fumos instalando tódalos paneis e vitrinas nos seus espazos correspondentes.

Aquí os ofrecemos unha galería de fotos
(imaxes para unha exposición) onde mostramos parte deste proceso e da inauguración.

Tamén poden ver noticias relacionadas con este evento no Faro de Vigo, Telesalnés e o Diario de Arousa na súa última páxina.

E agora, que estamos mais descansados, xa volveremos a subir material o blog de forma mais asidua.

Que disfruten.
Comentarios (0) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 14-04-2009 15:35
Preparando a exposición... e engadindo fotos
Ainda que vamos como tolos para que o luns trece esté todo preparado para que a exposición poida abrirse plenamente, non nos esquencemos de engadir algunha foto.

Ainda que son poucas por que o corpo non nos permite realizar moitos excesos.

De momento abrimos dous novos espazos. Son Amores e Lobos de Mar, con cinco e catro fotos respetivamente. Despois engadimos tres máis ó espazo personas inesquencibles. Son fotografías que formaban parte do principio do Arquivo e que nos resistíamos a meter, pero Daniel Garrido nos enviou estas mesmas por internet e entón decidimos tomar impulso e metelas.

Esperamos que as disfruten e o próximo luns vémonos no Auditorio donde este espazo virtual se transformará en real.
Comentarios (1) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 11-04-2009 09:35
Vilaxoán desde México
Roxelio Diz, desde Mexico, envíanos unha serie de fotos que non podemos resistirnos a incluilas directamente no blog. En especial por que tratan de Vilaxoán, lugar este que, de momento, témolo pouco traballado.

Esperamos que siga compartindo con todos nos estes momentos para a memoria.

Son nove fotografías que nos transportan os anos sesenta. Con mensaxes con reminescencias jipis como ese "paz e amor" que se lé na pancarta de nadal nunha das fotos.

O espazo, na galería de fotos, leva por título un simple "Vilaxoán".

Gustaríanos que outros se animasen a utilizar o mesmo sistema de envío, como tamén o fixo Daniel Garrido e cuxa foto engadimos a galería de Gaudeamos Igitur, para seguir aumentado o proxecto. Só nos gustaría indicar que as fotografías tivesen un mínimo de resolución para que poidesen ser utilizadas para outros fins e non só a distribución pola internet. (a resolución adecuada sería de 300 ppp ou máis. Se alguen tivese problemas de envío que se poña en contacto con nos previamente e indicaríamoslle formas de envío pola rede en grandes paquetes de hasta 600 megas. Gracias)
Comentarios (0) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 10-04-2009 11:05
Presentación de XENTE NOSA

O pasado mércores 8 de abril foi presentada os medios de comunicación da comarca Arousán a exposición organizada pola Concellería de Cultura de Vilagarcía a través do Arquivo Social da Memoria, XENTE NOSA. Vilagarcía nos anos 30.

Estiveron presentes, La Voz de Galicia, Faro de Vigo, Diario de Arousa e o canal de televisión local Telesalnés.

A exposición inaugurarase o vindeiro luns 13 de abril e permanecerá aberta, no espazo aberto do primeiro andar do Auditorio de Vilagarcía de oito da mañán a dez da noite ininterrumpidamente e de luns a sábado, hasta finais de mes.

Tamén se fixo referencia o ciclo de documentais que tamén comenzará o luns 13, DOCUMENTOS DE MEMORIA, que proxectará, hasta o día 16, xoves, un documental diario na Sala de Conferencias do Auditorio a partires das oito da tarde (20:00 horas). Comenzará con esta noite, velada, o que lle seguirán nos días sucesivos, traballadores do contrabando, flores tristes e Memorial de Camposancos. A entrada é libre e gratuita.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 09-04-2009 08:38
E pese a todo seguímonos movendo
Nova actualización na galería de fotos (pese o traballo que estamos pasando para recoller o material para a exposición). Trátase dunha nova seción que leva por título "Outra maneira de vivir".

De momento conta con 14 fotografías.

Entrade e contemplar.
Comentarios (2) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 04-04-2009 10:46
Estamos en Obras
Levamos dúas semanas paralizados co blog pero non estamos precisamente en paro.

Estamos, como podedes observar no cartel da esquerda, ultimando os detalles para exposición, esta vez non virtual, "Xente Nosa", que vamos a inaugurar o vindeiro 13 de abril e que permanecerá exposta hasta o día 30 do mesmo mes no primeiro andar do Auditorio vilagarcían.

Esta exposición é a continuación da que organizamos no agosto do ano pasado e engade o fragmento cronolóxico qe faltaba: os anos 30.

Esta soportada sobre dúas personas que representan o humanismo, o social, o político e o artístico. Dúas personas que foron queridas e admiradas no seu tempo e que, de algunha maneira transmitiuse a través de xeneracións. Trátanse do doutor José Moreira Casal e a cantante Matilde Vázquez. O seu derredor estarán outras personas anónimas ou coñecidas e lugares, espacios e vivencias que a nosa mente rexeita de esquencer. Pero non só de fotografías e textos se vai compor esta exposición. Tamén teremos obxetos perteñecentes as distintas personas e con relación a eses anos. Cuadros, abanicos, grandes retratos, recordos familiares, discos, ... Ademais de complementos sonoros e visuais con anacos de películas dos anos 30 coa ponte de ferro, Cortegada, o pazo do Rial, a zarzuela "Doña Francisquita", etc

En fin, unha exposición para poder disfrutar con calma e delicadeza e que estará aberta de 8 da mañán as 22 horas da tarde de forma ininterrumpida e de luns a sábado.

¡¡ESPERÁMOSVOS!!

P.D.- O día da inauguración, o 13 de abril, o primeiro luns tras semana santa, será as 7 e media realizándose unha presentación oficial coa presencia das familias e amigos dos homenaxeados e doutros invitados. A entrada estará aberta a toda a xente que queira asistir. Sobre as oito/oito e media (depende do que se prolongen as charlas e a visita) daremos inicio na sala de conferencias a un ciclo de documentais, que ten como tema principal os anos trinta, coa proxeción de "esta noite, velada" sobre o grupo de teatro Airiños de Asados (Rianxo) que foi creado en 1933 e que perdura a día de hoxe.
Comentarios (2) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 04-04-2009 10:20
23 novas fotografías
Non é que estemos vagos, só que estamos bastante liados.

Pero ainda así engadimos vintetres novas fotografías o espazo de "a Vilagarcía de onte". Con iso convírtese no espazo con máis material.

En breve engadiremos novas seccións.

O que estamos a buscar son fotografías de todo tipo (familiares, sociais, deportivas, etc) que estén realizadas ou que evoquen os anos 30. Quenes teñan deste tipo de material rogaría que se puxeran en contacto con nos ben a través do correo electrónico ofaiadodamemoria@hotmail.com ou no teléfono 986 512 600 da Concellería de Cultura dando o recado para o Arquivo Social da Memoria.
Comentarios (0) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 15-03-2009 22:51
¡¡¡XA PASAMOS DAS 200 FOTOGRAFÍAS!!!

Este fin de semana sobrepasamos as duascentas fotografías (200) engadidas o noso (voso) blog no apartado de galerías. Dous novos espazos súmanse os xa esistentes. Son "O Carril" con 12 fotografías e o "De Barrios" con 17.

Ademáis engadíronse 7 novas o espazo de "sempre emigrantes".

Coa colaboración de todos seguimos crecendo este espacio para o coñecemento da nosa historia.

Gracias

A fotografía da esquerda, donada por Pilar Buhigas, mostra a porta de entrada e hall da lembrada casa modernista que a familia Buhigas tiña na rúa Castelao e que forma parte de moitas postais de Vilagarcía e que a especulación inmobiliario fixo desaparecer da nosa vista.
Comentarios (1) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 09-03-2009 10:07
Comenzamos un novo mes
Rematou febreiro, comenza marzo cun novo futuro no noso presente. É a unha e media da madrugada do lunes 2 de marzo. Atrás quedan moitas cousas e unha intensa fin de semana en moitos sentidos.

O máis importante é o esforzo de introdución de material gráfico que fixemos. Abrimos catro espazos novos: vamos de parranda con 13 fotografías, mulleres e traballo con 8, o referendum de 1966 con cinco e un vídeo e a festa da camelia con sete fotografías.

Por outra parte engadimos máis material en espazos xa abertos como, traballando duro con seis novas fotografías, gaudeamos igitur con 9 e a Vilagarcía de onte con 14.

Xa estamos cerca das duascentas fotografías no blog e seguimos avanzando.

Esperamos que este esforzo en aportar máis material a esta exposición virtual do Arquivo Social da Memoria de Vilagarcía sexa do agrado de vostedes e que compense os momentos nos que non poidamos actualizalo blog coa periocidade que nos mesmos quixéramos.

Seguiremos avanzando. E sigan contantando con nos como asta agora, ben por correo ordinario, electrónico ou telefónico.

Moitas gracias.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 02-03-2009 01:48
© by Abertal