lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano


THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

E seguimos subindo

É o que che ten o insomnio. Non podes durmir, son as catro e media da mañán ¿e en que vas a invertir este tempo perdido?. Vendo a televisión?, imposible. Tanta teletenda tenme agobiado, non sabía que había tantos productos raros, debe ser dunha tenda de todo-a-cen. Polo tanto entretéñome subindo fotos a este voso blog.

Van a ser 38 novas, non son moitas, xa o sei, será que a falta de soño non me permite ir máis rápido. Pero algo xa é algo e tendo en conta a sequia destes días...

Están colocadas nas seguintes galerías:

Na de O Carril, 7, na de Soan campás de voda, outras sete, na de Os amigos, 12, e A illa de Cortegada, pois outras doce.

Que as disfrutedes, mentres eu vou a ver se podo durmir desta.
Comentarios (6) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 25-07-2009 04:57
Chegan novas fotos


Como un torrente, chegan 48 novas fotografías que van a integrarse en tres das galerías xa existentes.

Están distribuidas da seguinte maneira: 13 fotos na galería de Atopando detalles, 16 na de A Vilagarcía de onte e 19 en Familias.

Teñen que perdonarnos pola tardanza pero é que levamos uns días en que recibimos moito material e temos que pasarnos a maior parte do día escaneando para poder devolver rapidamente todo o que nos traen e iso ocupa moito tempo. Por outro lado parte do equipo (o 50% xa que somos dous) pasouse uns días en Portugal. Pero xa estamos coa actividade.

Vamos a aproveitar este fin de semana para poder subir unha boa cantidade de fotografías, especialmente das que nos estivéchedes enviando vía internet, moitas delas moi interesantes.

Vamos despacio pero avanzamos.

Esperemos que disfruten con esta nova remesa.
Comentarios (0) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 24-07-2009 13:47
FELICIDADES ARTURO!!
Non é de Vilagarcia. É igual, Arturo Solar, de quen onte falaba o introducir o vídeo das regatas que a música que se escoitaba era composta por el, acaba de ganar na súa sección, precisamente cunha banda sonora dunha película americana onde se incue ese tema, no festival de Música de Cine de Úbeda.

Sen dúbida é un alto prestixio para el que leva anos traballando neste sector (a pesares da súa xuventude xa que ainda non cumpriu os trinta anos) e que realizou dúas bandas sonoras para documentais nosos antes de marchar para Estados Unidos onde esta a vivir e traballar nestes momentos.

Este premio é un notable avance na súa carreira polo prestxio do mesmo.

Segue adiante, campeón!
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-07-2009 11:12
Un cine para rematala semana
íamos a colocar unhas cantas fotografías no día de onte, mércores, moitas delas chegadas por correo electrónico, pero entre as cousas de sempre, a preparación do material para subilo e outras historias, a cousa quedou no desexo. E como hoxe o cincoenta por cento do faiado vaise cara o extranxeiro a subida queda posposta para o fin de semana. Daquela teremos que esmerarnos.

Pero non queríamos marchar sen deixar algo con que poder entreternos mentras nos mantemos a espera. En vez dunha fotografía vai a ser unha imaxe en movimento. Bueno, non unha senón dúas.

O Arquivo Social da Memoria, como ben sabedes, aparte de recoller fotografías e documentos tamén o fai con sonidos (eses casettes e bobinas magnetofónicas que hai por casa con gravacións feitas por un e que hoxe, a pesares dos seus defectos técnicos, poden ser auténticas xoias) e películas caseiras (tipo super 8 ou incluso 16 mm. Xa as encontramos tamén de 35 mm e de 9.5 mm) que fixemos das festas, vodas e comunións ou das nosas estadías pola praia ou das peliculiñas que facíamos intentando emular a Cecil B de Mille.

Precisamente a primeira que vos vamos a amosar é unha viaxe vacacional dunha xente, probablemente da Coruña, ó Carril e Cortegada alá polos finais dos anos vinte do século pasado. Na gravación que se fan a eles mesmos mentras disfrutan dos baños ou da viaxe pola ría podemos entrever anacos do muelle de ferro, o trafego de dornas pola ría, a contorna do Carriñ e Cortegada, etc. Non coñecemos quenes son as personas, nen os visitantes nen os autóctonos xa que esta cinta foi atopada de forma circunstancial.



Vilagarcía e Cortegada, anos vinte


A segunda xa é máis nova. Data dos cincoenta e está gravada polo fotógrafo José Luis Leal Soto e foi donada ó Arquivo Social da Memoria polo seu fillo Peto Leal. Trátase dunha regata de dornas pola ría. Podemos observar distintas maniobras destas embarcacións pola ría co forte reflexo do sol sobre as augas arousáns. Esta gravación é a primeira dunha serie delas que iremos amosando feitas polo mesmo fotógrafo que teñen a Vilagarcía como elemento principal e que formaron parte da primeira exposición que realizamos en 2008. Esta peliculiña ten a característica engadida de ter como fondo sonoro unha composición musical do noso querido amigo Arturo Solar, que é o culpable, tamén, de que esté escribindo isto as seis e pico da madrugada xa que non é conscente de que onde vive e traballa (Los Ángeles, EEUU) ten un desfase horario considerable con Vilagarcía e chama a unhas horas intempestivas. Pero seguro que vos llo agradecedes por riba.



Regatas de dornas
Comentarios (6) - Categoría: Galería de Vídeos - Publicado o 16-07-2009 07:01
O antes e o despois


Abrimos unha nova galería que mais que nos, ahí tedes mais importancia vos. É a resultas dunha idea de Sergio García e el é quen a inaugura.

Trátase de volver a reproducir unha das imaxes que xa coñecemos, ou que temos por casa e sigue sendo inédita, gardando (mais ou menos) a mesma perspectiva, encuadre, posición, etc coa orixinal e poder así facer unha comparativa dun antes e un despois.

Isto gañará moito se á paisaxe en si lle engadimos material humano. Imaxinaros que nunha foto estades de primeira comunión polas rúas vilagarciás nun día do Corpus ou San Roque e agora volvémovos a ver con 30, 40 ou 60 anos. Xa non só varía a paisaxe senón a paisanaxe. E si é o bisneto o que toma a posición do bisavó, estupendo. Boeno, quen di bisavó, di pais, fillos, amigos e demais familia.

Esta galería, xa o decimos, depende de vos xa que vades a ser os creadores desa mitade que lle falla. Se vos inspirades nunha fotografía que xa temos debedes decirnos, no correo que nos enviedes, de cal se trata e se é algunha que tedes AINDA por casa deberedes enviárnosla xunto coa nova. Nos xa nos encargamos de montalas tal como fixemos con esta.

A de Sergio é o exemplo.
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 13-07-2009 19:11
O prometido é deuda



Si onte era venres está claro de que hoxe debe ser sábado e deciamos que hoxe habería máis, E AQUÍ ESTÁN:

Ampliación de 6 galerías: A Vilagarcía de onte (1), De Bares (3), Traballando duro (4), Vilaxoán (8) e Tradicións... e Creo en Dios... con 9 cada unha.

Mentras ven para esta imaxe que está sobre o texto dunha praza de Xoan XXIII totalmente descoñecida, os deixamos desexándolles que disfruten con esta nova subida fotográfica.
Comentarios (3) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 11-07-2009 14:37
Gaudeamus Igitur, aumentou


Si, con 17 novas fotografías. Gaudeamus Igitur é o noso espazo adicado os recordos escolares. Neste caso fixemos especial incidencia no colexio das Filipenses en Vista Alegre.

Mañán, sábado, moito mais.

Disfrutade.
Comentarios (4) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 11-07-2009 00:32
paso a paso, facendo camiño.

Nunca introducimos fotografías en tantas galerías como acabamos de facer. Pero (sempre hay un) tampouco nunca introduxéramos tan poucas:

Na galería de Gaudeamos Igitur, dúas, con especial interes para os do Instituto Laboral. En Terra de Artistas, unha, na de Creo en Dios..., 2, en De bares, outras dúas, en Os amigos, record: catro. Atopando detalles segunda posición con tres, e A Vilagarcía de onte> e Dando a nota, ambas con unha. En total 16.

Pero que ninguén se desespere posto que dentro de poucas horas subiremos unhas cuantas mais. Estamos traballando en elo e isto vai despacio.

Disfrutade co que se acaba de subir.

Un saudo a todos e a todas
Comentarios (0) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 08-07-2009 19:24
estreamos un LIBRO DE VISITAS
A petición dun dos alumnos aventaxados deste lugar de encontro (gracias Luis pola idea) creamos este espazo que ven a ser un libro de visitas nos que podemos deixar as nosas impresións, suxerencias, indicacións, avisos, desexos de coñecer a alguén, etc, e que non fagan referencia a foto algunha.

E outro lugar para a conectividade e a comunicación, de vos con nos e entre vos mesmos.

Loxicamente, todo tipo de críticas para a mellora deste blog é moi ben aceptada pero borrarase, como xa se fixo, calquer tipo de comentario de tipo ofensivo hacia calqueira persona ou entidade.

Lembrar que sempre temos aberto o noso correo de contacto, damemoria@gmail.com, para calqueira envío ou solicitude que non queirades facer público.

Ter en conta de que todo o material que figura nestas páxinas está a disposición de calqueira solicitandoo ben de forma personal ou por correo. Deberase para elo respetar unhas condicións de uso do que serán debidamente informados.

Gracias pola vosa atención
Comentarios (194) - Categoría: LIBRO DE VISITAS - Publicado o 07-07-2009 11:41
Volvemos a normalidade...con máis fotos
Ben, as augas volven o seu cauce despois de andar revoltas. Entre a preparación da exposición e o fallo informático parecía que estábamos en paro. Canto mais lonxe da realidade.

Pero xa estamos de volta e comenzamos con unha subida de material fotográfico que vai a entrar en dous dos espazos xa creados: A Vilagarcía de onte (co sete fotografías) e Outra maneira de vivir ( con outras sete). E aparte abrimos un novo despois da cantidade de fotografías que temos recollido cunha temática común, o baile. Por iso creamos unha galería nova que co título de Bailamos? vai mostrar todas esas fotografías que, ben en parexas ou grupos, atopamos a xente en pleno baile. Abrimos con nove imaxes.

Non son moitas pero hai que ir despacio non vaia a ser que suframos un sobreesforzo e non sabemos se o reflex é bo para estas situacións.

Que o disfruten.
Comentarios (1) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 06-07-2009 22:52
© by Abertal