lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano


THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

Los Duendes de Vilagarcía

Imos falar un pouco da nosa época mais recente, é decir fai catro días, e vamos a falar de música. E como imos falar de música, loxicamente, falaremos de Alfonso Galbán. Naceu entre nos,ala polo ano 1945. De moi pequeniño seus pais levárono ó colexio das Franciscanas, ou as farrucas como era mais coñocido. Alí, non recorda moi ben como se chamaba a monxa que lles enseñaba solfeo, pensa que era a Madre Carmen, pero o que si sabe e que lle despertou unha cousa que levaba dentro...!A Musica¡. Desde esa, un longo camiño. No ano 60 entra nos Ibéricos, ao mesmo tempo sigue estudiando en Vigo, na Escola de Peritos. É o Director da Tuna da Escola, Participan e gañan en Oviedo o primeiro premio nacional de tunas, corría o ano 1964. En Vilagarcía organiza, con outros, a tuna da vila, que tamén tivo as súas vivencias particulares. Asistía a clases do recordado director, durante tantos anos, da banda de música, Don Marcelo González García, quen lle dedicou a Alfonso un pasodoble chamado "Juventud".

Nos Ibéricos eran os seus compañeiros, Carlos Álvarez Puga, Pablo Rodiño, Waldo Galbán (irmán falecido de Alfonso), Domingo Rodriguez(Mingos), José Luis Sanz e Lucki do Carril.

A idea de organizar Los Duendes foi de Moncho Tubio, que naquel momento era o director da Orquesta Cortegada. E ahí os temos ilusionados co novo proxecto. Eles eran Manolo Suárez, Alfonso Galbán, Mingos, Manolo Conde de Meis, Moncho Tubio, Manolo Reboredo e Pilo de Cambados. Era arredor de 1966. Foron importantes no panorama nacional e incluso internacional. Actuaron en Arxelia e Suiza que era moito para os anos dos que estamos a falar (e ainda para os de hoxe). Foron asiduos da sala Yulia en Madrid e no Garden de Bilbao. LOS DUENDES teñen o seu recuncho importante na memoria dos vilagarciáns dos sesenta e setenta. Non sería de xustiza esquencelos. Fixéronos felices no seu tempo, e imos recordalos. Un agradecemento a todos eles.

Na parte superior vemos a Alfonso Galbán co seu órgano Hammond, nunha foto donada por el mesmo. Na galería Dando a nota poderemos ver unha selección fotográfica que ilustra este post.

Que o disfruten.
Comentarios (3) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 16-05-2009 10:27
Os Duendes cantan Galicia Terra Nosa
Unha das actividades do Arquivo Social da Memoria é a recuperación da memoria sonora de Vilagarcía. Comenzamos gravando a distintas personas contándonos a súa vida. Recuperamos discursos institucionais. Conseguimos as cancións da cantante Matilde Vázquez. E queremos ter no noso arquivo todo o material posible que a xente poida ter pola súa casa. Esta é unha desas. Trátase dunha gravación, ainda que moderna, do grupo Los Duendes, Galicia Terra Nosa, o mítico tema que popularizaron os Tamara no ano 64. O vídeo que se acompaña nesta audición está composta con fotografías do grupo vilagarcían. Como algúns dos seus comp´ñentes son asiduos a este blog espero que nos ilustren cos seus comentarios algunhas das súas vivencias.




Comentarios (4) - Categoría: Galería de Vídeos - Publicado o 14-05-2009 22:47
A decepción de Salitre
O luns, 11 de maio, emitiuse na tvg a reportaxe "porto de Vilagarcía de Arousa" dentro do programa "Salitre".

Para aquel que non pudo velo en directo sempre pode seguir este enlace e aceder a el dentro da páxina web da compañia de radio e televisión de Galicia.

A reportaxe, para quen o Arquivo Social da Memoria de Vilagarcía realizou unha serie de traballos como a da búsqueda da maior parte das testemuñas e de material tanto gráfica como audiovisual, tivo unha nota de desprezo hacia nos: nin se nos nomea nos títulos de crédito. Logo se nos pidiu disculpas por elo, si, pero era a segunda trompada que se nos daba co mesmo programa. A primeira fora o desplante realizado polo director do mesmo hacia nos durante os días de gravación.

Non é intención nosa personal a da figuración, de feito os nosos nomes desaparecen tras o o xenérico do Arquivo, pero é unha consideración hacia quen te estivo armando un programa pondo todo o seu tempo a súa disposición. A misión que realizamos foi satisfatoria nese senso, é unha pena aquelas que, trala entrevista, non sairon na montaxe final ou que non foron aproveitadas en todas as súas posibilidades, pero esa simple inclusión nos títulos era máis que suficente recompensa. E que nin a Concellería de Cultura, a donde pertenece o Arquivo, se lle fai mención, e, vendo outros capítulos desa serie, non sucede o mesmo en outros concellos.

Pero que lle vamos a facer, sonche as cousas da farándula.

Eche o que hai!.

Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-05-2009 18:54
Tres Galerías aumentadas

Aumentamos cunhas cuantas fotos as galerías de Gaudeamos igitur (5), Os amigos(4) e Sempre emigrantes (con outras cinco).
Comentarios (1) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 10-05-2009 21:57
34 novas fotos nas galerías



Acabamos de actualizar con 34 novas fotos as galerías de Familia (16), Outra maneira de vivir (9), A Vilagarcía de onte (3) e Tradicións nosas, festas e actos con 6 fotos.

Que disfruten



Na foto da esquerda, donada por Belarmina Ordóñez, tomada ó lado da terraza do Casablanca, nun barquiño, están traballadores da fábrica de conservas PIPLA, entre eles Belarmina Ordoñez cos seus fillos, Lolita, Rubén e Pilar. Pensamos que algun dos nenos de Plaza os acompañen. Estamos a finais dos cincoenta.
Comentarios (1) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 07-05-2009 09:48
Xente Nosa na TVG
Noticia da exposición de Xente Nosa na TVG

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 05-05-2009 23:30
43 novas fotos

Na recta final da exposición XENTE NOSA, xa que remata esta semana no auditorio pasando os paneis a unha xira polos centros de ensino de secundaria, damos paso a unha nova serie de fotografías.

O total desta mañán de martes (non te cases nen te embarques) é de 43 fotografías repartidas nos seguintes espazos: 15 en A Vilagarcía de onte, 11 en Os deportes chegaron..., 5 en Os Amigos, 4 fotografías escolares en Gaudeamos Igitur e 3 en Soan campás de Voda. Logo abrimos un espazo novo, que é Familia con 5 fotografías.

Qe disfruten e sigan engadindo comentarios que nos van servindo para ampliar a nosa base de datos sociais.

Comentarios (0) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 28-04-2009 13:37
De visita a exposición XENTE NOSA

Cun lixeiro retraso informamos da visita dos alumnos do IES do Carril a exposición XENTE NOSA.

Como sempre a iniciativa parte da profesora do devandito instituto, Esther, que coas súas explicacións sobre a historia da vila, a partires das exposicións fai deste coñecemento algo mais ameno.

A exposición, unha vez rematada o seu tempo, o día 30, comenzará un periplo polos centros universitarios.

O primeiro será, precisamente, o do Carril e a continuación o Bouza Brey.

Tamén realizará unha xira a exposición VILAGARCÍA, IMAXES DA MEMORIA polos distintos centros socioculturais de Vilagarcía. En breve daremos unha relacións dos lugares e datas polos que vai pasar.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-04-2009 13:24
TRADICIÓNS, un comenzo

Abrimos un espazo novo: Tradicións nosas. Nel vamos a ir colocando as fotografías que, sobre os distintos xogos ou tradicións, vaiamos atopando ou que xa teñamos con nos e necesitamos mostrar.

Comenzamos cunhas poucas que iremos facendocrecer en días vindeiros.

Que disfrutedes.
Comentarios (0) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 27-04-2009 12:32
Máis FOTOS nas galerías

Como hoxe é domingo, pois temos algo de tempo para poder subir algún material ó blog.

Esta vez decidimos ampliar espazos xa esistentes. Así que nos puxemos a buscar e agrandamos o espazo de Terra de Artistas con 5 novas fotos, Vamos de Parranda con 6 e Soan Campás de Voda con 16.

E como ainda son as once e media da mañán, horario peninsular, ainda é posible que se introduzan algunha mais.

Non deixen de seguir prestándolle atención a súa pantalla (da computadora, claro).
Comentarios (0) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 26-04-2009 11:34
© by Abertal