lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
EU TAMÉN NECESITO AMAR

Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.
Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)


THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

AQUÍ ESTAMOS DE NOVO

Como ultimamente non facemos mais que traballar, pois estamos a poñer en marcha a idea de facer unha comida-merenda-cea do Faiado, no verán, no entorno da Tomada no Carril, podia ser a mediados ou finais de xullo, xa falaremos. O importante e relaxarse.

A subida de hoxe inclue a voda dos nosos amigos Xose Manuel Casalderrey e Anne, subímolas fai uns días para lembrar non só aos noivos, tamén a morte de Manolo Otero que, como sabedes, comparteu con nós a súa infancia.

Polo tanto en Soan Campás de voda (9)
Primeiras Comuñóns> (2)
Trabanca e a Torre (20
e A Laxe (6)

Que seades felices e disfrutade.
Comentarios (5) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 11-06-2011 21:09
Adeus e gracias a Cheka

Hoxe finou Alfonso Arines, Cheka. Nunca o esquenceremos, foi a nosa particular television na niñez a epoca mais feliz da vida. Ala a finais dos anos cincoenta, no primer piso do bar Arrancadeira, Cheka montaba unha parafernalia con unha barra de madeira e unha cortina de cretona, por ali asomaban os seus rococos, facendonos as tardes felices e cortas a os nenos que eramos da vecindad. As nosas carcajadas eran todo o premio que tiña Cheka, o de el era facernos felices, con eso dabase por satisfeito. Queremos deixar constancia no blog do noso agradecemento a Cheka, tamen do noso cariño para sempre. Para Lolita, Alfonso Fermin e Dolores un abrazo moi forte.
Comentarios (2) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 10-06-2011 14:08
LOLITA CAEIRO


Xa sabedes a brevedade da vida, a brevedade de algunhas cousas da vida, todo cambea, todo xira, todo dura ben pouco, todo e tan relativo... Bueno, os do Faiado, mira ti por donde, aqui seguimos, estamos a facer unha serie de vídeos para o Carril. Para o evento dos X Encontros de Embarcacións Tradicionais, neses vídeo iremos repasando a vida das nosas xentes, desde fai unha chea de anos: os traballos, as regatas de homes e mulleres, a Cortegada deitada no Bao, única, esplendida e como un faro que temos sempre vixiante; os barcos, os galeóns, os racús, os botes, as dornas...

Tamén intentaremos rendir a nosa homenaxe a tódolos mariñeiros-as do Carril, alguns coa sua fotografia. Non queremos esquencer a ninguén, si o facemos sempre sera por un descoido xa que estamos a exprimir o noso corazón, tamén o da xente do Carril, facendo memoria. Nos Encontros haberá un día adicado a Vilaxoán, tamén con vídeo.

Desde o noso blog, gratitude especial a Paco Diz, por axudarnos e abrir as portas de Vilaxoán, a Carmiña, a de Jo, a Rosa, a do bailarín, a Trini e Celia Martiñán, a memoria de Alfredo Rodríguez, co que tiñamos concertada unha cita e unha mala enfermedade acabou coa súa vida, no sitio Matucha, a súa viuda, cumprindo a palabra de Alfredo. Gracias tamén a Moncho e Tucha os do bar Gaviota, a Rosario Bouzas e Manolo García, a Esperanza Alcalde, Dolores Mariño, Carmen Costa... en fin todo sería imposible sin a vosa man tendida, sin as vosas portas abertas... GRACIAS DE CORAZÓN.

E agora vamos a informar dunha nova subida.
Están naas seguintes Galerías:

Gaudeamus Igitur
(11)

Personas recordadas (13)

E lembrar que as fotos están ahí para lembrarnos, alegrarnos e lembralas. Os comentarios nas mesmas é unha forma de lembrar. Non o esquenzades.

Disfrutade, nos, mentras tanto seguimos coa laboura cotidiana.
Comentarios (2) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 04-06-2011 16:03
O noso orgullo e respeto por Manolo Otero

Porque nun momento dado foi toda unha figura no mundo da canción romantica deste país. Porque viveu na praza de Ravella durante anos. Porque sentía Vilagarcía. Porque se indignou cando botaron abaixo os bancos do xardín de Ravella. Porque é un orgullo que fora dos nosos. Porque sempre levaremos no corazon a un vilagarcián como Manolo Otero.

A súa muller e fillo, os nosos sentimentos de pesar, a Jose manuel e Anne Casalderrey un abrazo de cariño polo disgusto que a morte do seu amigo lles está a causar.

Deixemos que a súa voz nos acompañe un rato mais:

Comentarios (8) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 04-06-2011 12:57
O ENCONTRO DE EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS

Con motivo de celebrarse os X Encontros de Embarcacións Tradicionais de Galicia, que se celebrará a finais de xuño no Carril, escomenzara o vintecinco cun acto de benvida no pobo de Vilaxoán, a comisión ten previsto, entre outras cousas, a proxección dun vídeo con imaxes da vila.

Xa era hora de que o Faiado entrara pola porta de Vilaxoan. Xa o fixo, e as portas abríronse, gritaron o noso nome e todos querían colaborar.

Nos desde aquí temoslle que decir que estamos agradecidos, GRACIAS as personas de Vilaxoán que nos recibiron cos brazos e os corazóns abertos.

E seguimos subindo fotografías.

Esta semana dúas Galerías son as que mais material recibiron. Como non a de Vilaxoán, con 26 novas e a de Rubiáns con 10.

Ide disfrutando mentres nós vamos preparando eses traballos para presentar a finais de xuño.
Comentarios (0) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 28-05-2011 19:08
Tristura na familia Barral

Hoxe, 26 de maio de 2011, finou Teresa Barral, filla de Lolita, a de Núñez. Dunha familia coñecida e querida do Carril.
Aos dous Juan Carlos, o seu home e o seu único fillo, a súa nora Rocio, a súas irmáns, Loli, Luisa, Maru, Mar e Alicia, e sobre todo a Lolita, a súa Nai, o noso cariño, o noso respeto e o noso sentir polo momento que estan a pasar.
Comentarios (1) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 26-05-2011 11:46
Adicado a familia Cancelo

Hoxe como temos moito que refrexionar soio subimos seis fotos no apartado Familia, a seman que ben seguiremos con mais regaliños
Comentarios (0) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 21-05-2011 09:25
DE NOVO SUBIDA



En A Vilagarcía de onte temos dez fotos novas, e en Terra de Artistas (con Maiúsculas), nove. Estamos a ter nos últimos días moito traballo, estamos a facer a exposición para os Encontros de Embarcacions Tradicionais a celebrar a finais de Xuño no Carril. Tamén estamos a facer o traballo de campo para o documental da nosa Vilagarcía de tempos pasados,... xa iremos contando. Dirémosvos que debido o traballo estamos abandonando a actualización dos comentarios no blog, co cal da a impresión que non os hai. Nada mais lonxe da realidade. Procurade actualizar vos, por favor.

E, de momento, disfrutade con esta subida da Semana das Letras Galegas.

Uns cantos bicos e abrazos.
Comentarios (1) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 15-05-2011 10:10
MANOLO BARREIRO

Mais coñecido como Manolito "o crollo", finou o nove de Xaneiro pasado. Non nos enteramos, alguén nos contou a mala nova a semana pasada. Hoxe estivemos con Mari Carmen, a súa filla, que tanto colaborou con nós o ano pasado con motivo da exposición do Carril, Carril, cheira a mar, e con Maruja, a súa dona, tan cercana a familia do Faiado en outros tempos.

Sentimos o pasamento de Manolo, do lobo de mar de Manolo Barreiro, sentímolo de corazón.


fotografía donada por Mari Carmen Barreiro
Comentarios (3) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 07-05-2011 20:46
PARECE UN ACTO RELIXIOSO

Acabamos de subir ao blog vinte fotos no apartado de Xentes e Lugares. Si mañán temos un anaquiño libre procuraremos subir algunha mais. Nestes momentos estamos traballando no documental sobre aquela Vilagarcia de onte e tamén nunha exposición de fotos para o Encontro de Embarcacions Tradicionais que se celebrará no Carril a finais de Xuño.

Deixámosvos disfrutando coa nova subida.

E, hoxe domingo, acabamos de ter un espazo valeiro no tempo. Momento que aproveitamos para subir algunha fotografía mas a este voso espazo.

Están estas fotografías nas Galerías:

Familia (5)

O Carril (14)

Seguide, pois, disfrutando.
Comentarios (0) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 07-05-2011 09:05
© by Abertal