lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
EU TAMÉN NECESITO AMAR

Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.
Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)


THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

LAVADOIRO EN CORNAZO

Agustín Romero García, natural de Cornazo, emigrara ao Uruguai no 1854. Amasou fortuna invertindo na compraventa de terreos e noutras empresas o que gañara nos negocios agrícolas.

Gracias o diñeiro conseguido realiza unha serie de obras filantrópicas na súa parroquia como a escola no lugar de San Pedro de Cornazo. Era unha escola para alumnas exclusivamente. Deste xeito o ensinante era unha mestra (a primeira foi a profesora Bouza Trillo) á que se lle dispuso unhas estancias no mesmo edificio da escola.

Según se pon de manifesto nas actas de entrega de edificios e demáis material para a escola de nenas en Cornazo, Agustín Romero mandou levantar un edificio “ por amor a su patria y muy especialmente a los vecinos de esta parroquia en que ha nacido y en el vehemente deseo de combatir el analfabetismo”.

En Vida Gallega explicábase a intención de ensinar ás nenas a ler e escribir “y otros conocimientos superiores, aquellos niños que antes estaban condenados a perpetua ignorancia o al sacrificio de un largo viaje” cara a emigración.

No ano 1928 Agustín Romero cedeu o local da escola ao concello de Vilagarcía, máis unha renda anual de 100 pesetas.

Hoxe xa non se conserva o debandito edificio.

Este lavadoiro é outra das obras que mandou facer. Data, como podemos ver na placa, do ano 1921.

Así celebramos os do Faiado a subida semanal, e tamén nos permite celebrar a inclusión da foto 700 na Galería de A Vilagarcia de onte.

A Vilagarcia de Onte (8)

O Carril (1)

Os Amigos (4)

Posando (1)

Tempo de Antroido (2)

Soan Campás de Voda (1)

Disfrutade desta subida e que teñades unha boa semana.

Nota: Partes do texto anterior están extraidos da Enciclopedia da Emigración Galega.
Comentarios (0) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 24-02-2012 06:42
Morreu Mary

Ela era Mary Fernández, filla de José María e Laura. Chamounos Charo Chirinos, a súa única filla, Charo e blogueira e colaboradora, decimos que nos chamou rota de emoción para comunicarnos a morte da súa nai.

Mary naceu un 25 de Febreiro e celebrábase o entroido. Finou o 17 de Febreiro a punto de explosionar o entroido do 2012...como ela tería desexado, porque Mary era unha entusiasta do carnaval, Mary era alegría, Mary era vitalidade... Mary era unha filla de Vilagarcía, coñecida por todos e é así como tal a sentimos...

O Faiado manda o seu abrazo virtual a Charo, José Manuel e Pablo pola perdida de Mary.


donada por charo chirinos fernández
Comentarios (5) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 22-02-2012 17:27
SENTIMOS O PASAMENTO DE LOURDES


Finou Lourdes Lores Melio, ela era a viuda de Santiago Melio Vidal que fora barbeiro de toda a vida no barrio de San Roque. Fai pouco tempo os do Faiado pasamos o día na Residencia Valle Inclán, nas Sinas. Alí gravamos entrevistas, para o documental, a varias personas, e alí, ese mismo día, coñecimos a Lourdes. E nos enamoramos de Lourdes. Nos decía aquilo de "como me gustaría ir a cociña a enseñar a estas a facer empanadas". E botaba unhas gargalladas como mundos...

Toda alegría, pero... tiña moitos anos, noventa e catro... foi un privilexio e un honor coñecela.

A nosa blogueira e colaboradora, Lourdes Melio, o noso abrazo, a aos seus irmáns Santiago e Ricardo, as súas noras, netos e resto da familia o noso pésame mais sincero.

O enterro sera mañá luns, 20 de febreiro, as cinco e media da tarde.

Comentarios (6) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 19-02-2012 20:46
Pasen....chega o antroido.


E imos na procura de disfrutalo.

Porque os pobos, a xente que traballa (os que traballamos sin cobrar xa somos a última carta da baraxa, a que se descarta) merecemos ser felices. Non pode ser que se nos trate tan mal, todo o que se lee.... todo... na radio, na television, na prensa, e triste a rabiar... e non o merecemos, non. Por iso como remedio para as cabeciñas e os corazóns... ¡VIVA O ANTROIDO!

Tamén aproveitamos para saudar as boas personas de Cea e Castrogudín que hoxe estrean carpeta.

A subida de hoxe son 34 fotografias repartidas polas seguintes Galerías:

Atopando detalles (3)

Cea-Castrogudín (7)

O Carril (9)

Tempo de Antroido
(15)

Saude e Alegría... e a disfrutar.
Comentarios (1) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 17-02-2012 18:57
SUBINDO COARENTA E CATRO FOTOS E VAN...


¡CELEBRANDO AS SETE MIL!


Non é fácil... é un sentimento, gústanos, pero tamén é unha especie de disciplina... que as veces... píllanos cansos. Pero apelamos a responsabilidade... a seriedade... e ahí vamos.

Empezamos case onte e temos sete mil fotos subidas ao blog (na recámara do arquivo ainda quedan setenta mil), é un fondo incalculable, pero, bueno, deixémonos de presumir.

Hoxe subimos nas Galerías de:

A Vilagarcía de Onte (9)

O Carril (11)

Personas Recordadas (2)

Trabanca e a Torre (12)

Vilaxoán (9)

Xentes e Lugares (1)

E agora disfrutar desta subida entre fin de semanas.
Comentarios (8) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 09-02-2012 19:36
Deixounos... Carmen Rey


Mais coñecida como Carmiña Comendador. Estivo casada con Carlos Comendador toda a vida. formaron unha familia con cinco fillos, aos que nos hoxe mandámoslle un sentimento de respeto pola memoria da sua nai.

A Carmiña sempre a lembraremos como unha muller chea de dozura, lembrámola fai un tempo na súa casa cando Carlos nos contaba como era Vilagarcía fai anos, moitos anos...

Carmiña era filla de Manolo Rey que, xunto con Urioste e Juanito Buhigas, marcaron a cultura de Vilagarcía por décadas.

Gracias a Carmiña por formar parte do noso pobo e da nosa memoria.

Carmiña, nesa composición fotográfica dunha entrega de premios, é a cuarta pola esquerda con traxe escuro.
Comentarios (6) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 08-02-2012 14:07
Finou José Piñeiro

Hoxe enterrouse a José Piñeiro, Seso, para a súa familia, veciños e amigos.

Seso era fillo de Matilde, a Minanta, e do seu home, un dos Rubios da Torre, traballadores e grandes personas que deixaron boas lembranzas entre os seus veciños.

Seso traballou media vida en muebles Saavedra, era moi coñecido, por medio mundo.

Na fotografía o vemos no bar de Victoria, a Garabana, facéndolle unha homenaxe a un veciño da Torre que chegaba de Asturias.

Tucho Caeiro, Chito, o señor Antonio, José Piñeiro (Seso), Julio, fillo do señor Antonio, Tino, Pino Chorén, Manolo, o Pericoto.... memoria viva da Torre.

Hoxe lembramos como non podía ser doutra maneira a José Piñeiro


fotografía donada pola familia Abad Sabarís
Comentarios (2) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 07-02-2012 20:32
Aniversario do Blog

Hoxe facemos tres anos (os regalos en forma de comentarios, gracias).... temos aquí, nesta vosa casa, exactamente, 6.954 imaxenes... non se ven nunha tarde, tampouco se suben tan fácil, non imos decir aquílo de... ¡somos unicos¡... pero estamos ledos.

O aniversario celebrarémolo noutro momento, cando cheguemos as sete mil, posiblemente na próxima subida. De tódalas maneiras, nós, na casa faremos un brindis por este blog que os do Faiado tanto queremos, tanto respetamos, por ser parte da historia do noso pobo e das súas xentes.

A subida de hoxe vai nas Galerías de:

Os Amigos (5)

Tradicións Nosas, Festas e Actos (5)

Familia (4)

Levantamos a nosa copa pola xente que é protagonista das nosas imaxenes.

Vai por eles. Tamén para os blogueiros mais fieles, para os que están co blog, porque lle queren, sin mais e por todos e todas aquelas que estiveron.

Disfrutade e recibir un pouco de calor da nosa parte para resistir este frío siberiano.
Comentarios (23) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 04-02-2012 09:39
Paz para Roxelio Diz

Queremos ca foto do noso blogueiro Roxelio Diz expresar o nosos sentimentos, xa fai un ano que nos deixou para sempre ala en Mexico a sua terra de acollida. Pois ben fai uns dias os restos de Roxelio esparcironse pola ria, a sua viuda Lisi, viaxou para cumplir o que Roxelio queria, voltar a o seu Vilaxoan.

Lisi padeceu un viaxe moi corto cheo de emocions, un dia antes de marchar visitou a nosa Tete Fernandez e lle contou as ganas que tiña de atopar a xente do Faiado e claro Tete nos chamou e puxemonos en contacto. Foi moi gratificante falar con Lisi, a o mesmo tempo doloroso, as lembranzas estaban ahi con nos. Nadie escribeu un articulo sobor o Faiado como Roxelio a raiz do festival de musica dos sesenta. Nadie. Como todolos pais cos fillos tamen sabia ser critico. Mais dunha vez tivemos que mandar correos explicando a filosofia do noso blog. Pero logo xenerosamente como El era....pelillos a la mar. Nunca o esquenceremos.
Para Lisi moito cariño e que seguimos en contacto...
Comentarios (0) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 30-01-2012 12:27
Subida abundante

Os do Faiado somos como os políticos: temos os barrios e lugares totalmente abandonados. Por iso hoxe tócalle un pouquiño a todas.

A verdade e que ainda que pareza que sempre decimos o mesmo non é así. Estamos rematando o documental que estamos a facer sobre Vilagarcía (é un decir por que ainda queda bastante por facer, pero o gordo xa está).

Para os do Faiado é un honor que nos tocara o premio de ser os primeiros en facer algo (audiovisual) por un pobo que lle queremos por un pobo... que é o noso, pero que ademais ten historia, pero e que ademais tivo mala sorte, moi mala sorte con quen a gobernou.

As 45 fotografías que foron subidas este fin de semana corresponden as seguintes Galerías:

A Laxe (2)

Bamio (2)

Cornazo (8)

O Carril (4)

Rubiáns (7)

Sobradelo (15)

Trabanca - A Torre (2)

Trabanca Sardiñeira (6)

Vilaxoán (5)

Esperemos que disfruten con esta nova subida fotográfica. Nos trataremos de descansar un chisco xa que mañán, domingo, temos que volver as gravacións.
Comentarios (5) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 28-01-2012 21:10
© by Abertal