lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano


THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

Repercusións na prensa e colexio León XIII

Nestes enlaces vades a ter información da repercusión na prensa da rolda de prensa sobre a presentación da exposición unha década de historias, os 60 nos comercios de Vilagarcía.

Diario de Arousa

Voz de Galicia:

Faro de Vigo


Tamén podedes ver unha nova subida de imaxes a Galería Gaudeamus Igitur. Trátanse de 17 fotografías do colexio de O Castro, León XIII, enviadas vía internet por Daniel Garrido que esperamos nos detalle cada unha cos seus comentarios.

Ademais tamén subimos unha coleción de imaxes que vos queremos mostrar. Non coñecemos as personas que están retratadas nelas, como tampouco o sabe a persona donadora, pero pola beleza do álbum non nos poidemos resistir a que as disfrutedes nos vosos fogares... e se sona a flauta... pois quedan identificados. Según as datas que figuran nalgunhas das fotos van desde o 1891 a 1920. Podedes atopalas na Galería Vamos a retratarnos e son 8 retratos co seu marco correspondente.

Disfruten destas historias.
Comentarios (4) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 20-08-2009 12:17
Unhas cuantas máis


Como continuamos de festa pola capital da ría de Arousa, seguimos subindo unhas cuantas fotos a esta nova Galería que abrimos esta mañán, Chegaron por correo...electrónico.

Son un total de nove novas fotos.

Esperamos que as disfruten e os que anden de festa pola vila que a disfruten de igual maneira.
Comentarios (0) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 19-08-2009 22:35
Inauguración oficial

As doce e media da mañán e con presenza dos medios de comunicación do Salnés tivo lugar, diante do comercio Santa Rita, a inauguración oficial da saida a rúa da exposición unha década de historias, os 60.

O Concelleiro de Cultura, Xosé castro Ratón e a presidenta do Centro Comercial Aberto "Zona Aberta", Rocío Louzán Blanco foron os encargados de tomar a palabra para dar a coñecer este evento. Na foto posan xunto a Jorge Costa Lourido de Santa Rita.

Repartiuse polos distintos comercios participantes un folleto explicativo do roteiro que se pode percorrer para seguila exposición.

Compre decir que no post anterior comunicábamos dun dos locais no que estaba un dos paneis (concretamente o referente a novas músicas) e agora, o panel, variou de establecemento debido a problemas de exhibición. Anteriormente era en "Para El", en Xeneral Pardiñas e agora está na rúa Castelao, 12, no establecemento "Lacoste" xusto enfrente os outros dos paneis de "calzados Yosu" e "Xoguetería Codi".

Como case se trata dun festivo, para nós, vamos a celebralo subindo unhas cantas fotografías. En primeiro lugar vamos a abrir unha Galería nova que se vai a encargar de recoller todas aquelas fotografías que nos van chegando por correo electrónico. Leva a denominación de "Chegaron por correo...electrónico" e, de principio, empeza con 25 imaxes.

Esperemos que as disfruten.
Comentarios (0) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 19-08-2009 13:57
UNHA DÉCADA DE HISTORIAS está na rúa
Xa está na rúa a exposición Unha década de historias, os 60.


A Concellería de Cultura (Arqivos Social da Memoria) en colaboración co centro comercial aberto Zona Aberta instalaou en 9 comercios de Vilagarcía os dez paneis e o vídeo que conforman esta exposición e que estivo hasta o pasado 31 de xullo exposta no Auditorio Vilagarcián.


Clicando neste enlace podemos facer un percorrido virtual por todos eles.


Este recorrido pola Vilagarcía dos sesenta está pensado como un roteiro que podemos facer dun só viaxe, comenzando na rúa Rey Daviña, atravesando a praza de Galicia para dirixirnos pola rúa Covadonga, torcer a dereita pola de xeneral Pardiñas (a parada de taxis) coller a esquerda pola rúa Castelao, e despois de ver os paneis desta rúa atallar hacia a praza de España a través das galerías do casino, e tras pasar pola devandita praza dirixirnos a de Arzobispo Andrade que está o ladiño onde rematamos este roteiro da memoria.


Se o percorrido o facemos o revés, na derradeira etapa, en Rey Daviña, hai un fabuloso banco de pedra diante de onde está exposto o vídeo que cada 30 minutos nos está ofrecendo 200 fotografías cos vosos recordos.


Vamos, un museo urbano para deleitarnos o mesmo empo que paseamos e agora que estamos en festas que mellor.


Que disfruten...non coa visita virtual (que tamén) senón coa visita real e de paso facer unhas compras xa que estamos de rebaixas e en tempos de crisis o que hai que mover é o diñeiro para que esta se desactive.
Comentarios (3) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 14-08-2009 19:18
Comenzan as festas e traen fotos de regalo

Estimadas e estimados Amigas e Amigos, para simplificar en xénero, Personas en xeral, mañán 14 comenzan as festas de San Roque co pregón a cargo do maestro da palabra e notable horador, Don José Blanco, Pepiño para as amistades (e incluso para as que non o son tanto).

Con tal motivo (non da lectura do pregón senón polo comenzo das festas) e tamén co desexo de poder descansar un bo rato acabamos de subir a rede unha serie de fotografías para que estedes entretidos naqueles momentos en que o sol escalda un pouco o corpo e prefirades estar a sombra da pantalla do ordenador.

Non che son moitas, só 45, calquera diría que son un montón, pero coñecendo a vosa avidez de material sabemos, e insistimos en decilo, que todo é pouco.

Están colocadas, en orde ascendente de cantidade subida, nas seguintes Galerías: sete fotografías en Os amigos, oito en Outra maneira de vivir e Personas recoñecidas, nove en Vamos a retratarnos e 11 en Primeiras comuñóns.

Espero en que descansedes a aqueles que estedes de bacacións (nos non sabemos o que é iso, hasta non se nos acorda de se se escribe con uve ou con be) os que xa as disfrutaron, que lles quiten o bailao, e os que son como nos pois...¿QUE LLES VAMOS A DECIR? Alguén ten que levantar o país!.

Saber que sempre estamos aquí, o outro lado da pantalla, escoitando os vosos comentarios e suxerencias.

Mañán, lembrar, que comenzamos a sacar a exposición unha década de historias, os 60, a rúa. E tamén será o día en que vos digamos onde se atopan cunha selección fotográfica dos lugares e o plano de seguimento.

Que disfrutedes.

P.D. Este post contén algunha palabra con erros pero non son gramaticais senón irónicos. Para que conste en acta e non nos manden a escola de novo...por favor.
Comentarios (2) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 13-08-2009 13:42
Aquí está o fruto de ter madrugado

Logo de ter madrugado tanto, como comentaba no anterior post, tiña que chegar o fruto de tamaño esforzo.

E aquí está:

58 novas fotografías engadidas a 5 galerías diferentes.

¡Que cansanzo!

Vampos a pillar un andacio despois de realizar tamaño esforzo. Pero coido que vale a pena, ainda que a moitos ainda vos parecerá que é pouco. É que non se pode ter contentos a todo mundo.

Bueno, as galerías onde se atopan son, de menor a maior cantidade de fotos aportadas: Creo en Dios Padre... (8), Os deportes chegaron coa escuadra (9), Soan campás de voda (10), Tradicións nosas, festas e actos (14) e Gaudeamus Igitur (17).

Non está mal para ser un lunes, ¿verdá?.

E que non durmimos só por complacer a audiencia. Espero que me traiades un bonito ramo de flores por si caio en acto de servicio por depauperación.

Pero mentras iso non acontece podedes disfrutar co novo material.
Comentarios (5) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 10-08-2009 20:41
Facendo os deberes da mañán

A quen madruga... pero non creo que sexa sano.

Iso debe de pasar porque isto de levantarse as seis e media da madrugada, porme diante do ordenador e comenzar a preparar fotografías para logo, no auditorio, comenzar a subilas a rede non creo que sexa de personas que teñan a cabeza ben amoeblada. Polo menos non con madeiras nobles, como moito contrachapado barato.

Pero é o que hai, pouco e mal repartido.

E, entre arreglo dos retoques para a instalación da exposición unha década de historias na rúa (o remate deste post indico onde) e outras actividades, vou subindo pouco a pouco unha nova serie de fotografías.

Estas 17 que acabo de instalar no blog corresponden as galerías O carril e Atopando detalles, con 12 e 5, respectivamente.

O longo do día intentarei ir colocando algunhas mais, que xa preparei, nos distintos estantes das nosas galería para que vós podades recollelas tranquilamente e alimentar as vosas memorias para que xurdan do voso interior esas historias que tíñades afastadas nun recuncho do cerebro.

Porque non só vivimos de identificacións, que é o mais importante, tamén queremos historias saidas, vividas personalmente ou que os vosos pais ou avós os contaron ou contan. Historias que nos reencontren co noso pasado. Co noso vivir (ou malvivir). Queremos crear esa historia de microhistorias que conforman unha vila como esta na que vivimos ou nacéchedes. E historias do recorrido. Do que tivéchedes que andar. Do que estades ainda andando. De emigración e inmigración. De traballo e festa. Só vos sabedes o que tedes que contar posto que só vos o vivíchedes.

En canto a exposición dos anos 60, en colaboración con Zona Aberta, podemos contaros que estará nos seguintes establecementos: Boutique del Fumador, Santa Rita, Para el, Xoguetería Codi, Calzados Yosu, Tenda Nosa, Galerías Eduardo, Moto Bazar e Muebles Saavedra.

Posteriormente daremos cumplida información, plano e ubicación dos distintos paneis e vídeo.

De momento esperamos que disfrutedes co que acabamos de subir.
Comentarios (1) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 10-08-2009 13:45
A foto 1000 xa chegou


Era sen tempo.

Non de que chegase a foto mil senón de que subésemos novas fotografías ó blog.

As desculpas sonan a excusas pero é o que hai cando un xa se propón subir todo para arriba vai e os programas para preparalas fotografías e néganse a funcionar.

E cando dicen que non é que non. E entre iso e que o ordenador dáselle por bloquear cada pouco tempo así vamos. É o malo de non ter unha equipación perfecta. Pero co pouco que hai, coidamos, que bastante se fai.

Pero aquí temos a foto número 1.000 perteñecente a galería de Familia>. Non foi a única que entrou, nen será a última do día. Con ela, nesa mesma galería entraron 14 novas fotografías. Na galería de A Vilagarcía de antes foron 10 as fotografías subidas e 14 na de Terra de Artistas.

A pesares de que estamos en verán, especialmente en agosto, e iso nótase no número de comentarios, espero que disfruten con esta nova subida de material fotográfico e que iso sirva para poder disfrutar do verán a pesares da falla de sol. Bueno, isto último é para os residentes en Galicia, posto que os que sodes de fora debedes de estar pasando un calor de mil raios.

Ai, non sabedes o fresquiño que che hai por aquí e como se disfruta. E mais cando ves a televisión e ver como suda a xente. A verdade é que si non vivimos no paraiso debemos estar a dez metros de el.
Comentarios (1) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 07-08-2009 14:16
Estadísticas do blog
Como hoxe non vamos a poder subir xa que estamos nun proceso de almacenar (darvos conta de que estou a escibir en pleno domingo) escaneando unha boa cantidade de fotografías que nos chegaron este venres pasado.

Parte deste material, así como outro que nos foi chegando vía internet, vades a ter ocasión de poder velo durante a semana.

Pero como estaba botando unha ollada polo interior deste blog ocurríuseme recollelos datos estadísticos que temos.

E estes son os resultados:

Temos 87 artigos en portada (88 con este) divididos en 6 categorías. Neles atopamos 184 comentarios.

Donde realmente interesan son na parte dos espacios fotográficos. Contamos con 43 galerías de fotos nos que se almacenan, a día de hoxe, 966 fotografías (está claro que está semana faremos festa coa entrada da cuarta cifra). Pero o importante é a vosa participación sen a cal este blog estaría coxo, coxo, manco e sen vida. 2105 son os comentarios que fixéchedes e que permanecen activos. E iso que non todo o mundo que entra no blog deixa algo escrito, xa que teñen entrado un total de 5803 personas desde catro dos cinco continentes. Só falta por entrar de África.

De fora predomina a presencia de México e Estados Unidos. Dentro de España a presenza, case obvia ainda que hai días que é sobrepasada, de veciños de Vilagarcía, ainda que sabemos a ciencia certa de que moitos se conectan desde lugares con moitas terminais e un só servidor polo que co cómputo xeral estadístico só conta como unha visita. Seguinlle a zaga Pontevedra e Madrid. Logo comprobamos que hai vialgarcianos e vilagarcianas espallados por toda España e todo o mundo.

A todos e todas vos estamos moi agradecidos pola presenza e polo ánimo que nos dades ainda que só sexa coa sensación de que estades ó outro lado desta pantalla. Ainda que estedes calados e observando. Espero que algún día os soltedes e sexades dos que enchan este espacio de comentarios para contar esas microhistorias das que sodes depositarios. Todas e todos temos algo que contar e mostrar ainda que sempre temos a impresión de que non o saberemos facer, que teñamos faltas de ortografía, vergonza ou a idea de ¿a quen lle vai a interesar?. Para esta última direi que a nos, en primeiro lugar, e os demais en segundo, para as demais cuestións o pasamos polo aire. Todos e todas podedes aportar a vosa palliña e xuntos faremos un gran palleiro.

Aquí estamos e gracias por estar vos ahí.

Un abrazo a todo o mundo. Que agosto vos sirva para descansar e alí a donde vaiades lembrar que hai un ordenador para poder botar unha ollada e ver as últimas novedades.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 02-08-2009 23:34
Aumentando a Vilagarcía de onte



Nove novas fotografías van a engrosar a galería de A Vilagarcía de onte. Son poucas pero convirten esta galería na mas chea de todas as que hai neste blog con 135.

E con isto acercámonos peligrosamente as 1.000.

Que as disfruten.
Comentarios (7) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 31-07-2009 12:21
© by Abertal