lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

novo Aproposito para baixar
Fantasias de Severo ó Contra todo y contra nadie e o segundo apropósito que nos enviara Pepe Prego. Este está firmado por Manuel Rey Posse e J. Buhigas Olavarrieta con "incustraciones" de Roman Fernández Gil, coautor de arremángate que hay lama.

Este é un "despropósito cómico-lírico-dramático, de caracter impesionista, en tres actos y una porción de cuadros con sus marcos correspondientes, adquiridos al favor de la baja".

Esta obra, o igual que a anterior, foi editada na imprenta de "Galicia Nueva" e ten data de 1924, 8 anos despois de "arremángate...".

Parte dos actores da outra obra repiten nesta e vemos nomes novos que nos resultan familiares (José Vaello, Manuel Brumbeck, os irmáns Rey Posse,...).

A propiedade literaria foi empeñada "en el monte de la sociedad RECREO LICEO de Vilagarcía, por unha encete a base de lacón, vinos variados y víveres finos...". O presidente da entidade era, naquel ano, Valentín Briones.

Nunhas das estrofas que entonan "los pollos bien" din (con música da zarzuela, la montería):

Criada gentil,
Mucama de mi amor
ven a bailar...
aprenderás el fox

Serás feliz
mientras bailando estés.
Juntos los dos
tu cuerpo estrecharé.

Para ti mi querer
si a la Concha no faltas mi bien
vete hoy allí. Bailarás
conmigo el fox del Club Real.

¡Que placer! ¡Que placer!
es bailar en la Concha mi bien
vete hoy allí. Bailarás
conmigo el fox del Club Real.


Este é o enlace para poder baixar o libriño deste apropósito en formato pdf.

Comentarios (0) - Categoría: Zona de DESCARGAS - Publicado o 27-05-2009 11:41
correo electrónico alternativo

Debido a problemas xeneralizados con moita xente que ven como o correo electrónico que nos envían lles vai de volta, engadimos un correo alternativo para que, en caso de devolución, o envíen o enderezo damemoria@gmail.com

Ese será o correo que figure, de forma oficial, na banda esquerda do noso blog.

Gracias e perdoen as molestias que poideran sufrir.
Comentarios (1) - Categoría: Galería de Vídeos - Publicado o 26-05-2009 22:51
Arremángate que hai lama
Fai un tempo o prometéramos e non dábamos conta do recado. Pero como di Pondal "os tempos son chegados".

E aquí temos o primeiro dos apropósitos que Pepe Prego nos enviou no seu día e que hasta agora estivo formando parte da exposición "Xente Nosa" xunto os obxetos de Matilde Vázquez xa que, no seu tempo, o escritor deste texto e verdadeiro dinamizador da actividade cultural vilagarciana, Ricardo Urioste, foi o descubridor e mentor da insigne cantante.

Os apropósitos son pequenas obras teatrais que eran representadas, especialmente, na época do antroido. Son satíricas e fan un repaso, entre risas, do vivido no concello durante o ano que pasa e, as veces, contempla o futuro, non muito mellor qe o que xa pasou.

Esta obra leva por título El dios Momo diputado ó Arremángate que hay lama. Apropósito lírico, cuasi político, triste y aflictivo, en un acto y dos cuadros, parido en el carnaval de 1916. Escrito por Ricardo Urioste e Román Fernández (quenes quedaron completamente "desahogados" tralo remate da escrita).

Podemos ver entre o elenco actoral a Vicente G. Paratcha, irmán do que chegou a ser ministro de comercio durante a República, o irmán de Elpidio, Luis Villaverde, a Manolo Rey López empresario e administrativo do consulado de Vilagarcía e a Valentín Briones, que sería alcalde da vila, entre outros.

Para baixalo só tedes que utilizar este enlace e seguir as instrucións.

Logo a disfrutar coa súa lectura.
Comentarios (0) - Categoría: Zona de DESCARGAS - Publicado o 25-05-2009 22:59
Nova seleción fotográfica


As galerías de Outra maneira de vivir e Tradicións nosas, festas e actos renováronse con 10 e 9 fotografías, respectivamente.

Que o disfruten
Comentarios (1) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 25-05-2009 00:44
Os talleres de Renfe

Luis López envianos un enlace no que se pode ver unha película dos arquivos de Renfe, realizada por Daniel de Linos, no que se poden ver os talleres de Vilagarcía e as obras da que sería a nova estación, e que foi inaugurada o 21 de xaneiro de 1956.



Na foto superior, donada por Jacobo Rey, podemos ver un momento da inauguración da estación que, en breve, vai a realizar remodelacións estructurais. Nela, nun día propio de inverno (estamos en xaneiro), as autoridades, entre elas o alcalde Rey Daviña, e moita xente de Vilagarcía, esperan a chegada do tren inaugural.

Gracias, Luis, por compartir estes espazos e esperemos que cunda o exemplo.
Comentarios (0) - Categoría: Galería de Vídeos - Publicado o 20-05-2009 09:09
E con esta van 500!!!


Esta fotografía donada por Sara e Javier, dun equipo de baloncesto do colexio das Felipenses montado para a festividade de Felipe Neri, fai a número 500 das nosas galerías.

Forma parte do espazo Gaudeamos Igitur que sumou, con esta, 19 novas fotografías.

Pero non son as únicas que entraron neste fin de semana. A galería de A Vilagarcía de onte conta con 12 fotografías mais e a De Barrios con 14.

É momento de porse a velas e comentalas.

Que disfruten.
Comentarios (4) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 17-05-2009 20:01
Como cada sábado, un artigo
Panorámica de Vilagarcía

Ainda que levamos un certo tempo sen engadir ningún artigo co que La voz de Galicia do Arousa vamos a retomar esta función. Non desde atrás senon desde o presente.

Este que presentamos aquí foi o último. Saiu o sábado, 16 de maio, nel, e cunha fotografía dunha postal realizada por foto Martínez e que foi enviada a Escocia desde Vilagarcía según reza a parte posterior da mesma, relata as desaveniencias entre igrexas na Vilagarcía de finais do século 19. Esta postal foi donada o Arquivo da Memoria Social por Luis Silva Pando.


A Igrexa contra Mr. Walpole
Na Vilagarcía de 1878 os párrocos negaban a comunión a quen levase os fillos á escola do mestre protestante
Comentarios (11) - Categoría: Os Artigos do Faiado - Publicado o 17-05-2009 11:21
Los Duendes de Vilagarcía

Imos falar un pouco da nosa época mais recente, é decir fai catro días, e vamos a falar de música. E como imos falar de música, loxicamente, falaremos de Alfonso Galbán. Naceu entre nos,ala polo ano 1945. De moi pequeniño seus pais levárono ó colexio das Franciscanas, ou as farrucas como era mais coñocido. Alí, non recorda moi ben como se chamaba a monxa que lles enseñaba solfeo, pensa que era a Madre Carmen, pero o que si sabe e que lle despertou unha cousa que levaba dentro...!A Musica¡. Desde esa, un longo camiño. No ano 60 entra nos Ibéricos, ao mesmo tempo sigue estudiando en Vigo, na Escola de Peritos. É o Director da Tuna da Escola, Participan e gañan en Oviedo o primeiro premio nacional de tunas, corría o ano 1964. En Vilagarcía organiza, con outros, a tuna da vila, que tamén tivo as súas vivencias particulares. Asistía a clases do recordado director, durante tantos anos, da banda de música, Don Marcelo González García, quen lle dedicou a Alfonso un pasodoble chamado "Juventud".

Nos Ibéricos eran os seus compañeiros, Carlos Álvarez Puga, Pablo Rodiño, Waldo Galbán (irmán falecido de Alfonso), Domingo Rodriguez(Mingos), José Luis Sanz e Lucki do Carril.

A idea de organizar Los Duendes foi de Moncho Tubio, que naquel momento era o director da Orquesta Cortegada. E ahí os temos ilusionados co novo proxecto. Eles eran Manolo Suárez, Alfonso Galbán, Mingos, Manolo Conde de Meis, Moncho Tubio, Manolo Reboredo e Pilo de Cambados. Era arredor de 1966. Foron importantes no panorama nacional e incluso internacional. Actuaron en Arxelia e Suiza que era moito para os anos dos que estamos a falar (e ainda para os de hoxe). Foron asiduos da sala Yulia en Madrid e no Garden de Bilbao. LOS DUENDES teñen o seu recuncho importante na memoria dos vilagarciáns dos sesenta e setenta. Non sería de xustiza esquencelos. Fixéronos felices no seu tempo, e imos recordalos. Un agradecemento a todos eles.

Na parte superior vemos a Alfonso Galbán co seu órgano Hammond, nunha foto donada por el mesmo. Na galería Dando a nota poderemos ver unha selección fotográfica que ilustra este post.

Que o disfruten.
Comentarios (3) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 16-05-2009 10:27
Os Duendes cantan Galicia Terra Nosa
Unha das actividades do Arquivo Social da Memoria é a recuperación da memoria sonora de Vilagarcía. Comenzamos gravando a distintas personas contándonos a súa vida. Recuperamos discursos institucionais. Conseguimos as cancións da cantante Matilde Vázquez. E queremos ter no noso arquivo todo o material posible que a xente poida ter pola súa casa. Esta é unha desas. Trátase dunha gravación, ainda que moderna, do grupo Los Duendes, Galicia Terra Nosa, o mítico tema que popularizaron os Tamara no ano 64. O vídeo que se acompaña nesta audición está composta con fotografías do grupo vilagarcían. Como algúns dos seus comp´ñentes son asiduos a este blog espero que nos ilustren cos seus comentarios algunhas das súas vivencias.




Comentarios (4) - Categoría: Galería de Vídeos - Publicado o 14-05-2009 22:47
A decepción de Salitre
O luns, 11 de maio, emitiuse na tvg a reportaxe "porto de Vilagarcía de Arousa" dentro do programa "Salitre".

Para aquel que non pudo velo en directo sempre pode seguir este enlace e aceder a el dentro da páxina web da compañia de radio e televisión de Galicia.

A reportaxe, para quen o Arquivo Social da Memoria de Vilagarcía realizou unha serie de traballos como a da búsqueda da maior parte das testemuñas e de material tanto gráfica como audiovisual, tivo unha nota de desprezo hacia nos: nin se nos nomea nos títulos de crédito. Logo se nos pidiu disculpas por elo, si, pero era a segunda trompada que se nos daba co mesmo programa. A primeira fora o desplante realizado polo director do mesmo hacia nos durante os días de gravación.

Non é intención nosa personal a da figuración, de feito os nosos nomes desaparecen tras o o xenérico do Arquivo, pero é unha consideración hacia quen te estivo armando un programa pondo todo o seu tempo a súa disposición. A misión que realizamos foi satisfatoria nese senso, é unha pena aquelas que, trala entrevista, non sairon na montaxe final ou que non foron aproveitadas en todas as súas posibilidades, pero esa simple inclusión nos títulos era máis que suficente recompensa. E que nin a Concellería de Cultura, a donde pertenece o Arquivo, se lle fai mención, e, vendo outros capítulos desa serie, non sucede o mesmo en outros concellos.

Pero que lle vamos a facer, sonche as cousas da farándula.

Eche o que hai!.

Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-05-2009 18:54
© by Abertal