lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano |
|
WEBSERIE HISTORIAS ARREDOR DA VIDA
Nominada aos premios Youtubeir@s 2022
REMOVENDO A TERRA
Selección Oficial no 36 CINEUROPA, 2022
RESONANCIAS DO PASADO
Premio do Público no MICE de Santiago de Compostela, 2022
Selección Oficial no Primavera de Cine de Vigo, 2021
EU TAMÉN NECESITO AMAR
Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.
Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial Mostra de Cine de Lugo
THE BATTLE OF THE GOOD MEN
Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.
Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.
A VOLTA DOS NOVE
Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015
Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015
DESDE DENTRO DO CORAZÓN
Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013
Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014
O FAIADO DA MEMORIA
Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura
A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM
1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005
|
|

|
ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
A VIAXE DO 18 DE XUÑO |
|

Pois cada vez mais cerca, mais preto. Será o domingo dezaoito. Sairemos ás dez e trinta da mañán, da explanada TIR, os que vaian en autobús, cara a San Adrián de Cobres onde atoparémonos cos que vaian polos seus propios medios e alí embarcaremos con rumbo a San Simon.
Comenzará a visita, guiada pola xente do Faiado, sobre todo por Antonio Caeiro, porque xa sabedes que tivo unha ampla relación coa xente que estivo presa por amar e defender a liberdade. Antonio foi o director do documental Aillados que é a historia do campo de concentración da Illa de San Simón.
Esta é a forma de conmemorar o quince aniversario de O Faiado da Memoria.
Vémonos ese domingo, 18, pero tamén podemos facelo antes, no propio local de O Faiado, na praza de Ravella, 27, 1º, este mesmo xoves para asistir a Performance Poética-Musical que van a levar a cabo Manuel Lage, coa voz e a poesía e Roberto Abal a cargo da música que sirve tamén como agasallo ao gatiño que temos nese espacio que leva un ano con nos, o Vis-Vis, de feito o espectáculo chámase VIS-VIS, GATO POÉTICO. |
|
|
|
Dia 5 de Xuño do 2023, luns |
|
.jpg) Subidas en PERSOAS RECORDADAS, PRIMEIRAS COMUNIONS é OS VECIÑOS.
En portada, visita de Encinas a o Instituto Laboral, hoxe coñecido polo Anexo nos Xardins Fleming.
Pois comenzamos seman, de vez en cando chove, eso non está nada mal, por aquelo da sequia.
Saude é a pasalo ben. |
|
|
|
LOURENZO FERNÁNDEZ PRIETO, NOVO ACADÉMICO. |
|
.jpg)
Onte asistimos no Ferrol, no Teatro Jofre, ó acto convocado pola Real Academia Galega para cubrila vacante deixada por Luz Pozo co triste motivo do seu pasamento. A vacante cubriuse coa entrada do catedrático de Historia da USC, Lourenzo Fernández Prieto.
Lourenzo, nacido en Ribadeo, criouse no Ferrol, onte, o contaba asi:
"Foi a memoria e o seu valor a que me levou a elexir este discurso, en primer lugar a memoria como medio para facer historia, nunca para sustituila. En segundo lugar a memoria da miña lingua é a memoria da miña xeración. Por eso quixen estar hoxe en Ferrol. Pero non só por memoria, remorsos ou señardades, tamén porqué e mais necesario facer este acto aquí que en Santiago (Donde vivo, criei os meus fillos e me sinto a gusto) ou na Devesa de Ribadeo donde nacin e son nativo por xeneracións de labregos e labregas, que traballaron a terra e de algún mariñeiro ocasional. Estamos aquí polo futuro, non polo pasado, estamos aquí porque Ferrol necesita como a nosa lingua, de futuro."
Grande o discurso no novo academico, un canto a memoria de principio a fin.
Parabéns a Lourenzo, un honor ter asistido ao acto da súa entrada na Academia Galega.
|
|
|
|
4 de Xuño do 2023 domingo |
|
 As nosas subidas en OS AMIGOS é OS VECIÑOS.
En portada grupo de barcos pesqueiros no puerto de Ferrazo, non sabemos os porqués do interes de rematar ca Vilagarcia mariñeira.
Ahi estamos, bos dias a disfrutar do domingo. |
|
|
|
3 de Xuño do 2023, sabado |
|
.jpg) Subidas na Laxe, Vilaxoan é O Piñeiriño.
En portada, un grupo de amigos, entre eles Rosina Villaverde,moi preto de ela, a dereita da fotografia, arriba Luis Palacios, posan nunha visita a o barco Romeo, da compañia Trasmediterranea.
Boa fin de seman, disfrutemos de un maravilloso tempo, a ser felices. |
|
|
|
O 8 de XUÑO, homenaxe a VIS VIS |
|
 E o noso gato que vive no Faiado, atopouno Antonio, na praia do Preguntoiro, estaba a beber auga do mar, Antonio chamouno i el veu correndo , deixouse acariciar, deixouse subir a os brazos de Antonio e a partires de esa data e o gato da xente, non se impresiona con nada, atende a todo o mundo, da igual o ruido que se faga, a cantidade de xente, todo da igual, VIS VIS é feliz, asi se mostra.
A xente que asiste a os actos do Faiado enamoranse de el, é facil, é maravilloso.
Xa vedes o que hai. un recital poetico en homenaxe a ese cacho de vida que temos no Faiado.
Non faltedes, estades invitados. |
|
|
|
Goya Saavedra, unha chea de parabens |
|
.jpg) Goya está de cumpreanos, sempre o celebraban en Benidorm, xa fai un tempo que o celebran no Carril, na sua casa, con esas vistas de espectaculo que nos ofrece a incomparable Ria de Arousa.
A pasalo ben, a ser felices, queremosvos. |
|
|
|
Mary Patiño, MOITISIMAS FELICIDADES |
|
 Celebraremolo en San Simon, a ritmo de guitarras e canticos, coma sempre o facemos, Mary, bo cumpreanos, a ver esa tarta, unha aperta |
|
|
|
2 de Xuño do 2023, venres |
|
.jpg) Todas as subidas do dia concentranse en Vilaxoan.
En portada, fotografias lembrando os cines de Vilagarcia, o Cervantes é o Arosa que proxectaba "La vida es Bella" dirixida por Roger Pierre, Jean-Marc Thibault. Diante do cartel anunciador vemos un grupo de amigos, entre eles, Pepe Abalo, (Creador e propietario da tienda de LOS PEPES)é Tino Silva da JOYERIA SILVA.
Vemos tamen duas fotografias da inauguracion do Cine Cervantes, do proxecto de decoración do Teatro Cervantes encargarase Camilo Diaz Valiño, un artista con unha sensibilidade extraordinaria, Camilo foi o encargado de que as butacas do cine as creara Jose Domingo Gonzalez Boullosa, un tapicero creativo, traballador que residia en Compostela é que tivo que trasladarse a Vilagarcia ca sua muller e fillos.
Eles dous, Camilo é Jose Domingo, foron vitimas da barbarie dos golpistas, os dous perderon a vida, asesinados un en Agosto, o outro en Outubro do 1936.
Pois bos dias. |
|
|
|
Viaxe pechado |
|
 Que nadie se alporize, os que estan apalabrados ainda teñen unhas horas, un tempo para rematar as xestions pendentes.
Temos que pechar, non podemos meter mais persoas na viaxe a San Simon, rondamos as duascentas persoas, é somos dous a xestionar todo esto.
Os que estades anotados estade pendiente de esta paxina, calquer eventualidade no telefono 986186893.
Bos dias, celebraremos xuntos o dezaoito de Xuño a celebracion do Faiado da Memoria, os seus quince anos. |
|
|
|
|
|
|
|
|