lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
WEBSERIE HISTORIAS ARREDOR DA VIDA

Nominada aos premios Youtubeir@s 2022

REMOVENDO A TERRA

Selección Oficial no 36 CINEUROPA, 2022

RESONANCIAS DO PASADO

Premio do Público no MICE de Santiago de Compostela, 2022

Selección Oficial no Primavera de Cine de Vigo, 2021

EU TAMÉN NECESITO AMAR

Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.

Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)

Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)


Selección Oficial Mostra de Cine de Lugo

THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

Luis Bouza-Brey
Luis Bouza-Brey

Luis foi membro destacado do Partido Galeguista no tempo da Republica,presentara o mitin central da Autonomia donde falara Castelao en Vilagarcia.
Cando o golpe de estado detiverono, foi un dos presos na Illa de San Simon, en aquel tempo Luis xa era licenciado en Dereito, seu irman Fermin Bouza xuiz na Estrada, outra familia que dou a cara polas suas ideas galeguistas nuns terribles momentos.
Lembramolos no dia de Galicia, no dia das letras polas que tanto loitaron Luis Bouza, seu irman Fermin é o seu pai Luis Bouza Trillo.

Anterior Volver á galeríaSeguinte

1 Comentario(s)
1 Vilagarcía merece recuperar o Premio de Poesía Bouza-Brey
Candidato á Alcaldía de Vilagarcía de Arousa polo BNG.
XABIER RODRÍGUEZ PAZ 15 DE MAYO DE 2023, 00:01
Ás portas do Día das Letras Galegas, momento é de lembrar a situación na que se atopa a convocatoria do que foi o Premio de Poesía Fermín Bouza-Brey, que acadou prestixio e proxección literaria no ámbito editorial e literario galego malia contar cunha modesta compensación económica e do que xa fican atrás trece anos baldeiros dende a última cita.

Recordemos que, tras unha primeira etapa compartida con outros dous concellos (1992-4), a partir de 2001, Vilagarcía convocouno en exclusiva con periodicidade bianual ate 2010, facendo del un certame con destacada participación na que, baixo criterio dun xurado de persoas moi notorias do ámbito académico, foi recoñecida a obra de autores xa relevantes, incluídos David Souto e Xurxo Alonso, vilagarciáns gañadores de sucesivas edicións.

Asumo, no meu compromiso político, que é hora de recuperar esta iniciativa cultural. E, por ser de xustiza, ampliar a referencia literaria á Familia Bouza-Brey, denominándoo Premio de Poesía Bouza-Brey, á memoria dos poetas Fermín e Luís (Lucho) e de Gonzalo, fillo do último, promotor do Congreso de Poesía Galega e coordinador do premio ata a súa morte.
Vilagarcía é, para a poesía galega, berce destes Bouza-Brey, edición do primeiro poemario galego de posguerra, Cómaros Verdes, de Aquilino Iglesia Alvariño; e tamén de obra de Xosé María Díaz Castro aos que a RAG dedicou máxima honra nas Letras. Mais tamén, de Xaquina Trillo, Bonifacio Suárez, Blanco Mariño e outros; e, na actualidade, da asociación A Mesa das Verbas. Merecemos que a “cidade de libro” sexa tamén “vila da poesía galega”.
Comentario por XABIER RODRÍGUEZ PAZ (17-05-2023 22:19)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0