lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
WEBSERIE HISTORIAS ARREDOR DA VIDA

Nominada aos premios Youtubeir@s 2022

REMOVENDO A TERRA

Selección Oficial no 36 CINEUROPA, 2022

RESONANCIAS DO PASADO

Premio do Público no MICE de Santiago de Compostela, 2022

Selección Oficial no Primavera de Cine de Vigo, 2021

EU TAMÉN NECESITO AMAR

Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.

Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)

Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)


Selección Oficial Mostra de Cine de Lugo

THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

D Jesus Taboada Chivite
D Jesus Taboada Chivite

Tiña unha academia en Verin na que estudiou Enrique Leon que garda do seu mestre as millores lembranzas. Na fotografia vemos a dereita a D Jesus, duas mestras, unha de elas de matematicas, a continuacion o fillo do mestre e a o seu caron Enrique Leon, era arredor do ano 1954 no porto de Vigo.

REPRODUCCION DUN TEXTO DO SEU FILLO XESUS
Ademais non só foi pai. Foi profesor ou mestre en moitas materias durante
todo o bacharelato dende que tiñamos nove anos ata os dezaseis; compañeiro
de traballo nas escavacións arqueolóxicas, como, entre outras, na igrexa
prerrománica de Mixós, preto de Verín, no castro da Cabanca en Castrelo do
Val, no castro de San Millán en Cualedro, cando apenas tiñamos once, doce
ou quince anos, e sempre en compaña do seu íntimo amigo (ou "irmán" como
lle chamaba) Xoaquín Lorenzo "Xocas", que era un membro máis da nosa
familia.
Despois de máis de cen traballos e unha ducia de libros, algúns deles "post
mortem", como o "Refraneiro galego", publicado da man de Xesús Ferro
Ruibal, é posible, como di Xerardo Dasairas na súa biografía publicada na
colección "Galegos na Historia", que a personalidade de Xesús Taboada
Chivite pasase un pouco desapercibida para moitos, debido, en parte, á
transcendencia intelectual que tiveron moitos dos seus coetáneos. Penso que
Dasairas está no certo. Pero hai outro feito, outra razón ó meu entender, e que
o mesmo Taboada Chivite desliza no seu discurso de entrada na Real
Academia Galega, ocupando a cadeira do seu mestre Vicente Risco. Nese
discurso fala de "a miseria da miña soedade" e do "meu fisterre tamagan".
Estas frases non significan que non atopase apoios ou acompañamento na
elaboración dos seus traballos, pois é constante a relación con estudosos da
época a través de congresos e da abundante correspondencia postal que
demostran o contrario.
Quizais o que daba a entender era a falta de medios, non tanto económicos,
que eran evidentes, senón de bibliotecas ou arquivos para os seus estudos.
Daquela, Verín era unha vila illada con dificultades de comunicación con
outros centros, como Vigo, Santiago de Compostela e mesmo Ourense, onde
se "artellaba un rexurdimento posibilista" dentro dunha situación política
adversa para a cultura e a lingua galega.
Ademais foi funcionario, funcionario de telégrafos que estivo sometido a un
longo proceso de depuración administrativa que comeza en xullo de 1.936 co
seu desterro á Coruña e que rematou no ano mil novecentos corenta e un. Cal
foi o seu delito?: pertencer as Mocedades Galeguistas, ser membro da Sección
de Prehistoria do Seminario de Estudos Galegos, afiliado ó sindicato Nacional
de Telégrafos e a súa campaña a prol do Estatuto Galego do 36. A este último
aspecto referíase un curioso informe do Comandante do posto da Garda Civil
de Verín de marzo de 1937 ó dicir, e cito textualmente, “sus ideas políticas
parece ser eran buenas, si bien parece ser era entusiasta por el Estatuto
Gallego”.
Este traballo vén a ser tamén un colofón aos que se publicaron con motivo do
centenario do seu nacemento tanto no seu pobo natal, coma a través do Museo
Arqueolóxico de Ourense, do Grupo Marcelo Macías e o seu Boletín
Auriense.
Con isto remato.
Espero que me perdoen se non respectei a debida neutralidade. Moitas grazas
a todos os presentes. Moitas grazas á Fundación Peña Novo.
Xesús Taboada Cid
Soutomaior, 25 de xuño de 2009

Anterior Volver á galeríaSeguinte

Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0