lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
WEBSERIE HISTORIAS ARREDOR DA VIDA

Nominada aos premios Youtubeir@s 2022

REMOVENDO A TERRA

Selección Oficial no 36 CINEUROPA, 2022

RESONANCIAS DO PASADO

Premio do Público no MICE de Santiago de Compostela, 2022

Selección Oficial no Primavera de Cine de Vigo, 2021

EU TAMÉN NECESITO AMAR

Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.

Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)

Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)


Selección Oficial Mostra de Cine de Lugo

THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

Manuel Oubiña
Manuel Oubiña

“Este neno ahí de abaixo é o meu pai, Manuel Oubiña Viñas, fillo de Francisco Oubiña Alvarez (Paquito Serrador) e de Teresa Viñas Sabor.

Meu pai era Meco (en esa foto tiña 14 anos), naceu nunha casiña humilde na Vilavella de O Grove (Pontevedra/Galicia), era o 17 de abril do ano 1934 e governando na España a Segunda República. Xogou de neno en Meloxo de Arriba, nos inicios do Golpe do Estado e da Guerra Civil Española no 1936, medrou no posguerra e viviu a súa preadolescencia durante a Segunda Guerra Mundial. Eran días de frío, fame e mortos...
De feito, tiña dous primos mariñeiros sindicalistas: Perfecto e Juan Allo Sabor que foron represaliados e tristemente mortos polos franquistas, un no Monte Lobeira e o outro no Forte de San Cristóbal, nos meses de abril e maio do 1938, o corpo de Perfecto (asesinado), foi tirado en una fosa común en Cornazo, e o de Juan Allo (tamén asesinado), está até hoxe sen poder localizar, como os corpos de 140.000 represaliados desaparecidos, durante toda a Guerra Civil Española.


Meu pai pisou a terra sen zapatos todos eses anos, ata o inicio da súa xuventude, cando puido mercar o seu primeiro par de zapatos. Traballou de panadeiro en Besada, “para poder levar pan e gasosas á súa boca e á súa casa” - según ele.
E entre tanta pobreza, mortes, asesinatos, fame e tristura resolveu dar solución a tanta dor, emigrando ao Brasil no inverno do 1957, como fixera antes o seu curmán Pepe. Cos cartos aforrados dos seus pais e a axuda de toda a familia, mercou un billete e marchou co outro curmán chamado Chico. Foise sen maletas mais co corazón cheo de soños e ilusións. E coa única roupa que puido mercar: un traxe negro e unha camisa branca. Este traxe foi a súa única roupa durante os primeiros meses en Brasil. Contábame el, como anécdota, que tiña que lavar a camisa, os calcetíns e o único calzón, polas noites; estiralos na súa cama, pór a saba enriba e botarse a durmir… Deste xeito, ao día seguinte a roupa estaba limpa, seca e pranchada.

Partíu dende o porto de Vigo un día gris de inverno, co corazón cheo de luz e esperanzas, nun barco chamado Louis Lumière. A cidade de Santos no Brasil -despois de dúas semanas de viaxe - recibiuno coa luz do verán e cos brazos abertos, como a tantos e tantos outros emigrantes que chegaban da vella Europa, arrasada física e animicamente polas posguerras.
Ao chegar, me dicía el: "xa tivo papeis para regularizar a súa situación", e a través do seu curmán Pepe comezou a traballar logo: ao principio de pintor de brocha gorda, vendedor a por menor de aceite, mariño mercante, empapelador de paredes, xerente dun Salón de Festas...e, por último, de taxista.

Marchou atrás dos seus soños e atrás deixou familia en Galicia coa promesa de que volvería en tres anos, que se acabaron convertendose a primeira vez en 16 anos. Unha familia á que puido volver abrazar: a súa nai Teresa e os seus irmáns Paco, Antonio e sobriños. Mais foi no Brasil en Curitiba, onde coñeceu a súa compañeira de viaxe María da Luz, e tivo un único fillo eu: José Luiz.

Depois de viúvo no 1988, conheceu a sua outra compañeira Hilda. Faleceu no ano de 2009, depois de viver no Brasil durante 50 anos.

Hoxe as súas cinzas e os seus soños descansan...no Porto de Meloxo (donde se bañaba de pequeno) e no Monte Siradella (para ver -según él: "parte da Ria de Arousa e todo o Atlantico")...na sua terra Meca que o veu nacer.

E tamén hoxe, esta vella Europa desmemoriada, deixa morrer afogados a miles de seres humanos no Mediterráneo, e pon muros con concertinas e pecha as portas aos inúmeros refuxiados de outras guerras en Oriente...que crueldade e que pouca memória temos...

Anterior Volver á galeríaSeguinte

4 Comentario(s)
1
Que realidad tan triste viviron os nosos antepasados, esperemos que non volvan esas penurias. Preciosa foto pa ser tan antigua
Comentario por Bea Ageitos (30-01-2023 20:25)
2
Que guapo era tu padre. La guerra sòlo trajo desgracias a las familias. Mis abuelos compraron su casa con dinero de un tio de mi abuela que se lo mando de Argentina.
Comentario por Aurea Portas Louzan (30-01-2023 20:26)
3
Así paso con muchas familias qué no sabemos dónde están nuestros abuelos todos en fosas comunes qué para algunos desaprensivos es mejor olvidar pero se puede olvidar pero no perdonar
Comentario por José Luis De La Torre Calvo (30-01-2023 20:26)
4 José Luis..Cicais quixeches dicir que se pode perdoar,pero non esquecer..Moi triste pero así é..Un saúdo
Comentario por Roberto Ocaña (31-01-2023 21:44)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0