lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
EU TAMÉN NECESITO AMAR

Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.
Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)


THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

Talleres de arreglos nos seculos pasados
Talleres de arreglos nos seculos pasados

Cómpre abordar hoxe a historia do Garaje Arosa, o primeiro concesionario de automóbiles que funcionou en Vilagarcía. O taller era propiedade de Francisco Villaverde Rey, irmán de Elpidio, e formaba parte do grupo empresarial familiar, composto tamén por unha serraría de madeira e unha fábrica de arame, ademais dunha tellaría en Dena, que levaba Pepe Agra, alcumado O Gordo. O seu emprazamento era San Roque, onde hoxe se levantan bloques e bloques de vivendas.


Tito Porto, aos seus 87 anos, garda perfecta lembranza do seu funcionamento. Fillo de Domingo Porto, encargado do garaxe durante 36 anos, seu é o fío condutor deste tempo xa desaparecido.

«Estaba en San Roque, sí, al lado del viejo cuartel de la Guardia Civil. En su misma puerta estaba la gasolinera antigua, de manubrio. Siendo yo muy niño, en el 27 o el 28, estudiaba en el colegio público y aprovechaba todos los ratos libres para ir allí, a la oficina». Nos bos tempos, aló traballaban ata 17 empregados, incluído o persoal de administración.

«Los coches venían de América en cajones, el chasis por un lado, la carrocería por otro. En el garaje se montaban y se vendían. Muchos, chevrolets, buicks, cadillacs, Sedan La Salle... En Vilaxoán los usaban para llevar la pesca a Santiago y a Marín». Algunhas das facturas que Tito Porto atesoura datan de 1927. Daquela, un camión de chasis curto valía 7.000 pesetas. Os recordos de infancia recrean mesmo os pequenos detalles. «En la oficina aprendí yo a escribir a máquina, y tenían un jabón americano que venía en una caja. Un poquito bastaba para sacar toda la grasa de las manos».

Nos veráns chegaba a Vilagarcía unha familia sobranceira, os Albarranes. «Vivían donde hoy está Larsa, tenían una lancha que ya entonces daba 22 millas y que también cuidaba mi padre. Se llamaba Blanca , como la mujer de don Luis Albarrán, e iban en ella a cazar patos, había muchos en la ría». Un dos seus parentes, coñecido como Perico, era embaixador de Puerto Rico. «Venía cada año con un coche nuevo. Una vez trajo un cadillac crema y se dio un rascazo. Aquellas eran pinturas que aquí se desconocían y el pintor del garaje, Aurelio, se vio negro para imitarla. En otra ocasión trajo un cadillac descapotable que tenía incluso ventilador. Por mediación del acelerador se bajaba y subía la capota».

Son moitas as historias do Garaje Arosa. Aló mesmo naceu outra firme factoría, Fundiciones Rey. En 1943, o encargado, Domingo Porto, deixou a empresa e marchou a Pereira. «Lloró al irse». Nos anos 50, xa en devalo, o histórico taller botou o peche.

Mais a memoria de Tito volve unha e outra vez a eses días. «En el barrio de la iglesia, en la plaza de España, pasé yo las noches más felices de mi vida. No sé si era porque eras joven, pero aquellos veranos eran deliciosos. Nunca las he vuelto a sentir así», confesa aquel pequeno que corría entre as carrozarías na procura do seu pai.
artigo de Serxio Gonzalez, na Voz de Galicia, en colaboracion co Faiado da Memoria, en Maio do 2008

Anterior Volver á galeríaSeguinte

Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0