lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano |
|
WEBSERIE HISTORIAS ARREDOR DA VIDA
Nominada aos premios Youtubeir@s 2022
REMOVENDO A TERRA
Selección Oficial no 36 CINEUROPA, 2022
RESONANCIAS DO PASADO
Premio do Público no MICE de Santiago de Compostela, 2022
Selección Oficial no Primavera de Cine de Vigo, 2021
EU TAMÉN NECESITO AMAR
Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.
Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial Mostra de Cine de Lugo
THE BATTLE OF THE GOOD MEN
Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.
Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.
A VOLTA DOS NOVE
Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015
Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015
DESDE DENTRO DO CORAZÓN
Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013
Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014
O FAIADO DA MEMORIA
Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura
A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM
1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005
|
|

|
ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Ahi estan |
|

Levamos a sorpresa de que apareceron os nosos Eduardos pai e fillo. Sabemos que Eduardo pai ten un problema, non grave pero si incomodo, e ali chegou, desde Compostela, nunha tarde de moito calor, de verdade, nos emocionou. Pepa e Luis Carlos desde Abegondo para estar con nos, e casi non podemos atendelos, disculpade todos os que non pudemos adicar o tempo que merecian . O noso agradecemento
|
|
5 Comentario(s) |
|
1 |
Cando unha persoa se encontra a gusto, o tempo pasa como cándo as pilas teñen moita forza... eu, xa tiven mellores tempos para estar cos amigos do FAIADO, pero, a pesares de que paso certos ratos con dolor, a presencia de amigos que vexo ahí, me enche unha barbaridade... Hasta faléi co ex-alcalde D. José Recuna, que non había recoñecido por tantos anos de ausencia, pola miña parte. Xa era de "sangue azul", cándo eu o coñecín sendo un mocito. Me alegro que esté metido nas obras do FAIADO, señal de que o noso interesa, agora máis que antes... Mentras vaiamos p'adiante, como Dios.
O caso que falen de nós, aínda que sea mal. Esto é coma o conto de Belén Esteban. Uns se ríen da nosa Belén é outros choran ao ver que vende máis que naide. É tira Pepe...
|
|
|
Comentario por E. García - Santiago (05-06-2015 22:38) |
|
|
2 |
Non cheguéi a ver toda-las bicicletas que estaban expostas no Centro Comercial AROSA. Pero, recordando, recordando, non vin aquélas bicicletas que usaban os ferroviarios dos Talleres da RENFE, ahí en Viladarcía. Non é que foran unhas bicis especiales. Todo era porque levaban o cesto de mimbre para que o ciclista ben diante ou atrás, tiña sitio para poñer o menú de todo-los días, dentro da súa maletiña de mimbre. ¿Recordades?
Cando sonaba á hora de marchar era moi bonito ver a toda aquéla caterva de operarios, novos e vellos en fila india polas nosas calles do povo anunciando que a hora aquéla era a de todo-los días. Boa xente aquéla que se movíasobre dúas rodas da bicicleta. Eran outros tempos. xa sei, pero con moita historia
¿Qué levarían aquéles operarios da Renfe na súa mochila de mimbre para comer? Sería moi interesante sabelo. Pero... ¡Meus pobriños!
¡Sempre nos conformamos con calquer cousa!
Pasando máis fame que o burro do gitano.
..............................................
"SAN ANTONIO BENDITO,
DÁDEME UN HOME,
ANQUE ME MATE;
ANQUE ME ESFOLE"...
Rosalía de Castro
.........................................
Dedico o verso e máis o comentario, a todos aquéles homiños, con sol ou chuvia, cruzaban o povo para ir traballar aos Talleres de RENFE alí en Carril. E levanto a miña copa para brindar por todos éles é as súas familias...
¡Vai por vos, amigos da bicicleta!
|
|
|
Comentario por E. García - Santiago (06-06-2015 10:46) |
|
|
3 |
Logo, ¿costaría tanto que ésa Exposición da Bicicleta se fixera nunha sala dónde non fóra tan complicado o mirar as fotos? Seguro que a maior parte dos visitantes non chegaron a velas todas porque cándo non están xuntas, sole pasar esto que eu expoño eiquí...
E buscas algo que parece que non, pero estaba alí. Me refiro á foto da Inprenta Paz, donde eu tamén expuxen meu punto de vista acerca da bicicleta, que, por certo, tardéi un pouco en encontrala. Pero, sí. Estaba alí donde Antonio a deixou. No total direi que sólo faltóu o cura para bendecir a Exposición é que éste nos axudara a tomar un Albariño de Cambados, de paso que veu ¿ou non? E su hubera algo para pinchar non marcharíamos tan pronto.
A MIN ME GUSTÓU MOITO TODO CÁNTO SE FIXO. ¡NORABÓA! Se ve que a xente está preparada en todo cánto lle boten. Pero nunha Sala de Exposicións, todo estaría moito mellor. ¿Non?
..............................................
"¡Arredor deles, en roda,
mozos e mozas alí,
bailan tamén entramentres,
que pegando atruxos mil,
esmoecen o pan da voda,
un fato de peligríns!"...
Manuel Curros Enríquez
|
|
|
Comentario por E. García - Santiago (06-06-2015 11:38) |
|
|
4 |
E teño que decir en favor de Antonio que, como él me dixo, en aquél local ubicado na Baldosa, traballaron xuntos o Sr. Bendaña e tamén o seu socio, o señor Paz Gómez. Antes de que eu chegara, (ano 1944) á esta pequena empresa, se disolvéu a sociedade que tiñan entre eles. E Paz quedóu no mesmo local é Bendaña se establecéu ao final do Hotel Cortegada, no baixo, con imprenta e Papelería...
Digo todo esto, porque Antonio Caeiro xuróume que a empresa dónde eu comencéi a traballar era de Manuel Bendaña. Imposible, porque eu non o vin alí en moitos anos. E non había nin a mínima relación entre dous ex-compañeiros de sociedade. Bueno, pois que queden as cousas no seu sitio, ou sexa, como estaban, pero...
"Al César lo que es del César,
y a Dios lo que es de Dios...
..............................................
"¡QUE DE MARZO MARZAL TEÑO A CARA...!
QUIZÁIS QU' ASÍ SEA, MÁIS, TI, MIÑA XOIA,
TAMÉN ÉS, CAL RAIOLA DE MARZO,
QU' AGORA DESCUBRE, QUE AGORA S' ENTOLDA.
IGUALES SEREMOS.
NENA ENTOLDA...
Rosalía de Castro / Cantares Gallegos
|
|
|
Comentario por E. García - Santiago (08-06-2015 10:44) |
|
|
5 |
Como o mundo non o podemos arreglar desde a casa, teño que decirvos que hoxe mesmo me atopéi con un indivíduo que lee os meus comentarios do FALLADO e hasta me felicitóu polas letras galegas da nosa Rosalía que él lle ten moita devoción, polo que se ve... Se ve que o home ten tempo se sobra para entregarse ás miñas parrafadas...
Pero tamén se interesóu en saber si me pagan moito polo que escribo, por aquélo de Facenda... Si a mín me resulta. Sólo me faltóu que me dixera que tamén él quería facerse rico escribindo comentarios, coma os meus...
Sempre se dixo que a ignorancia é moi atrevida.
E éste indivíduo demostróu que estas cousas funcionan así en este país, dónde os ignorantes se contan por millóns... As Escolas cada vez son máis escasas, é outras veces sólo vai o maestro é tres ou catro rapaces...
..............................................
"¡MUIÑEIRA, MUIÑEIRA!"
¡AI QUÉN FÓRA PAXARIÑO
DE LEVES ALAS LIXEIRAS!
¡AI CON QUÉ PRISA VOARA,
TOLIÑAS DE TAN CONTENTA,
PARA CANTAR A ALBORADA
NOS CAMPOS DA MIÑA TERRA!
Rosalía de Castro / Cantares Gallegos
|
|
|
Comentario por E. García - Santiago (04-07-2015 22:00) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|