lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
EU TAMÉN NECESITO AMAR

Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.
Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)


THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

Patrona dos mariñeiros
Patrona dos mariñeiros

Das pescantinas do mar en xeral. A procesion da Virxen do Carmen

Anterior Volver á galeríaSeguinte

1 Comentario(s)
1 Non me considero un home moi relixioso, pero debo recoñecer que ver esto polas calles de Vilaxoán, algo hai para que eu sinta algo dentro de mín que non podo, nin quero explicar.

Trátase da Procesión do Carme. Unha imaxen que poucos mariñeiros se acordan dela, excepto o día 16 de xullo de cada ano. Ese mesmo día, celébrase en Marín un acto político-relixioso que casi todo-los anos vexo, si non hai algo que cho impida. E casi ó final da Misa se canta a SALVE MARIÑEIRA, cantada por tanto home do mar, que, esto, sí, que me derrumba, porque eu tamén vivo ésa vida que viven os mariñeiros.

Cando estóu en plan de escoitar música, me gusta moito a nosa Salve, como tamén me agrada a Salve rociera.En realidade, sempre me agradóu a música coral. Pero si teño que escoller, prefiero a música dos nosos mariñeiros, mellor da Vila mariñeira-pescadora. ¡De Vilaxoán!...

Xa non digamos o que tal me agrada todo o que fai noso amigo Manso con seu acordeón e semellante Coro. E unha das cousas das que Vilaxoán pode presumir. Cantar todos en esa Plaza, cuio nombre non podo recordar, pero esto, non é o máis importante. Digo eu.

Cerca da miña casa, aquí en Santiago, vive un home que xogóu ao fútbol no San Martín de Vilaxoán, nos seus anos mozos. Este home sempre me fala do bó trato que recibéu no tempo que duróu a súa vida como futbolista. Os seus recordos quedaron ahí para sempre e hai veces que a súa voz e os seus ollos lle fallan, porque quén manda e o corazón, por moito que queiramos disimulalo.

Este home se chama CARLOS, pero non sei máis datos. Moi boa persoa e ademáis un home que supo sempre agradecer todos cantos detalles tiveron con él, que foron moitos, según me conta. As veces me dí que temos que falar sin que o reloxio nos apure a relatar aquélas historias de viaxes por barco a Boiro, Cambados, O Grove, A Isla, Pobra, e todos aquéles lugares dónde había un equipo que tiñan que xogar contra o San Martín de Vilaxoán. Esto demostra que hai tantos anos, a xente de Vilaxoán sabía tratar (e moi ben, por certo), a os forasteiros que defendían os seus colores. Camiseta roxa e pantalón azul (¿ou negro?). Pois éso.

Me contóu que no viaxe de ida había moita alegría, porque o equipo casi sempre gañaba dentro e fóra. O regreso tiña que ser como para bailar dentro do barco. Cantarelas... Todo moi ben, como ten que ser. Conto esto para que a xente de Vilaxoán sepa que xa daquéla, eran moi famosos os mariñeiros de alí.
Por todas ésas cousas que non se ven en otros pobos. ¡Xa quixeran éles! Pero todas ésas cousas a que me refiero, nacen con éles, como nacen cantando ben.
........................................
"Xa s'oien lonxe, moi lonxe,
as campanas do pomar;
para mín, ¡ai! coitadiño,
nunca máis han de tocar"...
..............
Rosalía de Castro
Santiago, 1837-1885
Poesía galega completa.
Comentario por E. García - Santiago (20-06-2013 18:50)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0