lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano |
|
EU TAMÉN NECESITO AMAR
Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.
Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)
THE BATTLE OF THE GOOD MEN
Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.
Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.
A VOLTA DOS NOVE
Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015
Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015
DESDE DENTRO DO CORAZÓN
Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013
Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014
O FAIADO DA MEMORIA
Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura
A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM
1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005
|
|

|
ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Antes do 1927 |
|

Ainda non estaba contruida a terraza do Casablanca
|
|
1 Comentario(s) |
|
1 |
Había na nosa Vila un Astillero, donde se facían barcos de madeira, tipo galeón, ou así. Desos barcos que iban buscar o sal aló polas costas levantinas de Alicante. Había ai anos unhas salinas en Santa Pola e traían a sal desde alí e a descargaban na zona do Cavadelo. Eu vin botar un barco desos, que me parecía moi grande, porque o pequeniño, era eu, e recordo o día da súa botadura e o deslizamento hasta o mar. Moi bonito para o que ve esto por vez primeira. Creo recordar que había moita xente para ver este acontecimento mariñeiro. O que antes eran 500 persoas, nos parecían un mundo. Hoxe podrían ser o dobre ou triple. O barco, un galeón, se chamaba igual que o lugar dónde foi construido, ou sexa: "CAVADELO". Non recordo as medidas, nin aproximadas do barco, pero do nombre, non o olvidei nunca...
Por certo que xa que falamos desta zona direi que era unha verdadeira mina de berberechos e ameixas. Falar da zona do Cabadelo en concepto marisqueiro era como falar dos pementos de Padrón, nun ano de moita abundancia... Claro, que a pesares dunha crisis habida pola guerra que pasamos, non había tanta xente nas praias. Estaban solitarias en todo. Ibas coller uns berberechos nun caldeiro e acababas en pouco tempo de enchelo. Todos bós e grandes. Claro que antes non andábamos coa "marea roxa", nin coa carallada de moda. Porque nin eso había...
Nunca vin no FAIADO falar do CAVADELO. (Non recordo si era con "V" ou "B"), e a mín me extraña un pouco desto. Penso que pode facer tranquilamente 70 anos ou máis desde a botadura do barco ése.
Quizá ainda pase algo dos 70 anos. Pero sea de un modo ou outro, desde ésa Vila, será máis fácil enterarse cómo foi o que eu conto a grandes rasgos.Que alguén se poña a andar para que as pistas que eu dou, sean coma noticias.
Me gustaría saber máis datos, que a mín non me serán fácil expoñer.
........................................
"¡Qué hermosas son las flores!,
qué rojos los claveles;
benditas son las ramas,
¡benditos los laureles!
.............
Carmen Fernández Lamas,
en "POBRES RICOS"
|
|
|
Comentario por E. García - Santiago (13-06-2013 12:38) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|