lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
WEBSERIE HISTORIAS ARREDOR DA VIDA

Nominada aos premios Youtubeir@s 2022

REMOVENDO A TERRA

Selección Oficial no 36 CINEUROPA, 2022

RESONANCIAS DO PASADO

Premio do Público no MICE de Santiago de Compostela, 2022

Selección Oficial no Primavera de Cine de Vigo, 2021

EU TAMÉN NECESITO AMAR

Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.

Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)

Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)


Selección Oficial Mostra de Cine de Lugo

THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

Adolfo Pedrido
Adolfo Pedrido

Ben merece ser lembrado, a sua laboura deportiva e unica, e no mundo do axedrez Adolfo marcou un antes e un despois no pobo

Anterior Volver á galeríaSeguinte

7 Comentario(s)
1 Recuerdo al Sr. Pedrido como Presidente del Liceo Marítimo, precisamente en el momento álgido y más floreciente de la historia de nuestra muy querida y añorada sociedad recreativa.
Se le impone una condecoración o medalla. El que aplaude es el C. de N. Comandante Militar de Marina de Villagarcía durante muchos años D. Antonio Rodriquez-Toubes y Vázquez.
Comentario por Eugenio López de Silanes López (14-02-2013 10:14)
2 Non sei cántos anos ten esta foto, porque eu, hai moitos anos que non vexo a Pedrido. Foi compañeiro de meu hirmán e meu pai no Banco de La Coruña, cando estaban na esquina da Baldosa. Creo que o pai tamén traballou no mesmo Banco. Eu sabía que fora Presidente do Liceo, pero pouco máis, porque a mín non me chegan noticias de ahí, a non ser que sexan de esas que non queres. As noticias escandalosas xa houbo bastantes en moi pouco tempo. Recordo que entrou de moi novo e agora xa estará xubilado, porque o tempo non solo corre para mín

Desde O Faiado lle mando un cordial saúdo e que todo lle vaia bonito.
.......................................
"A lancha de Maripepa,
entralle o mar po-la popa;
Non te embarques, Maripepa,
mételle esta pouca estopa"...

(De "Ditos, Lendas e Cantigas",
de Fermín Bouza-Brey. Bo libro.
Comentario por E. García - 14.02.2013 (14-02-2013 22:55)
3 Non sei si Adolfo Pedrido foi nalgunha ´época presidente do Liceo Marítimo.Si sei que foi o delegado de deportes.En todo caso foi unha persoa que defendia a sociedade con todo ahinco.Dicirlle a Eduardo que xa fai uns cuantos anos que faleceu;pero que pra que @s vilagarcians de ben non o esquenzan, a rua que vai o pavillón de deportes de Fontecarmoa,leva o nome de "Adolfo Pedrido Morla".Saudos
Comentario por Roberto Ocaña (15-02-2013 00:47)
4 Nota para Roberto Ocaña: Me acabo de enterar de que se foi un amigo de moita calidade humana. ADOLFO PEDRIDO. A veces os anos de ausencia traen consigo o olvido da persoa e a noticia. A mín me gusta máis escribir sobre casos que sucederon ahí hasta o ano 1956, que foi a miña saída da Vila.
Por tanto, pido disculpas si Pedrido non chegou a ser Presidente do Liceo.
Pero non é fácil nun pobo coma ése, que che den algún mérito é por riba, con medalla, por aquélo de que "NADIE ES PROFETA EN SU TIERRA". É en certos anos, o problema era máis grave. Creo que o entendemos todos.

Volvo a repetir que a noticia que me acabo de enterar foi moi triste, porque cada vez vexo mellor que me estou quedando para a semente. Cando vou por ahí, nunca vexo a nadie do meu tempo para poder comentar estas cousas. A prensa de ahí non a leo, por eso nunca podrei estar ó día. En tantos anos que eu faltei de ahí, foron sempre anos que eu vivín pensando moito no meu pobo. A miña xente me vía de cando en vez, porque tiña problemas de todo tipo. Pero, sempre tiven en mente á miña terra. Estou fora de ahí desde 1956, é eso quero que o teñas en conta, Roberto, non os anos que suméi aquí.

E me alegra saber que os meus paisanos nos se olvidan de homes como ADOLFO PEDRIDO. Non me hubera enterado desto, si non tivera amigos no Faiado. Que Deus cho pague. Estas noticias me poñen moi triste. Me pasa igual no mundo en que vivo en Santiago.- Non teño con quen tomar un café. Me refiro a xente do neu tempo... Pero, é asi. Creo que dixen que Adolfo, meu hirmán Pololo e meu pai José García, foron da plantilla do Banco de La Coruña, desde a esquina da Baldosa hasta o Obelisco.
.......................................
"Meu Farruco da outra banda,
non te esquenzas de volvere;
mira que deixas na casa,
fillos, facenda e mullere"...

Texto de Leiras PULPEIRO, autor de
"POESÍA GALEGA COMPLETA", moi completa.
Comentario por E. García - 17.2.2013 (17-02-2013 12:09)
5 Sendo eu moi novo e o Sr. Pedrido concelleiro e tenente alcalde do noso pobo, así como representante municipal no Porto de Vilagarcía atendeu e colaborou comigo (eu como representante da Asoc. Auxilia)na posta en marcha e funcionamento dun quiosco na zona portuaria de Carril en beneficio dunha persoa discapacitada. Demostrando sensibilidade e bonhomía. Gardo unha grata lembranza del e constatar que foi un gran liceista, levaba no corazón á sociedade e desvivíase por ela. Sacrificou a súa vida familiar moitas veces por favorecer a vida social da nosa querida cidade. Meus respectos para a súa familia, en especial a súa irmá Suca, coa que comparto o amor pola profesión docente.
Adolfo Pedrido, in memoriam. Xermán Torres.
Comentario por Xermán Torres (07-04-2013 00:30)
6 Sr. E.Garcia un pobo coma este se chama Vilagarcia de Arousa,si da gusto escribilo
Comentario por Fernando Crusat Méndez (07-04-2013 20:27)
7 Esta foto debe ser de cando lle deron a medalla de prata o mérito deportivo. A época de cando era Presidente do Liceo Marítimo. Detrás do meu pai..Sr. Moncho que xunto con Sr. Lis eran os conserxes do Liceo. Eu era moi pequena. Esta foto é de hai mais de 50 anos..
Graciñas por lembraros de un home que,non por que eu sexa a sua filla, dedicou a sua vida ao Deporte e a sua Vila. Graciñas de corazón.
Comentario por Teresa Pedrido Padín (24-03-2014 19:17)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0