lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano |
|
WEBSERIE HISTORIAS ARREDOR DA VIDA
Nominada aos premios Youtubeir@s 2022
REMOVENDO A TERRA
Selección Oficial no 36 CINEUROPA, 2022
RESONANCIAS DO PASADO
Premio do Público no MICE de Santiago de Compostela, 2022
Selección Oficial no Primavera de Cine de Vigo, 2021
EU TAMÉN NECESITO AMAR
Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.
Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial Mostra de Cine de Lugo
THE BATTLE OF THE GOOD MEN
Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.
Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.
A VOLTA DOS NOVE
Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015
Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015
DESDE DENTRO DO CORAZÓN
Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013
Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014
O FAIADO DA MEMORIA
Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura
A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM
1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005
|
|

|
ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Imonos coñecer |
|

Todolos anos no dia do cumpleanos de Eduardo veñen e comen en Vilagarcia. Comeremos xuntos, fainos moita ilusion
|
|
4 Comentario(s) |
|
1 |
Esta foto é das máis bonitas que temos a nivel de mozos; está sacada diante da escalinata que baixa da Alameda de Santiago, hasta a Residencia de Estudiantes Universitarios. É unha zona moi coidada, porque corría ó cargo da Universidade. Quizá esto cambióu algo, porque hai cousas que a mín, tanto me ten. Sinceramente.
É este un lugar propicio para o amor, porque xuventude, háina a bondo e por espacios, que non sea. É unha foto do ano 1957 e noso mundo era ése que se observa na foto. Sólo queríamos estar xuntos. E nos conformábamos con pouca cousa, mentras non había outra. Todo cambiou en pouco tempo, porque pronto pasaríamos a formar parte do libro dos vellos. E despóis, xa sabemos... Chegan os fillos, e con eles un cambio na vida que tíñamos.
Deixo esto para outra ocasión. Xa sabedes que hoxe estou moi contento, por culpa do fume blanco de onte. Daba a impresión que non se podía vivir así. Por eso cando todo cambiou non fixen máis que dar saltos de alegría, mentras as campás da Catedral de Santiago, non deixaban de repicar alborozadamente. Esto hai que vivilo, para saber canta alegría nos trouxo o novo Papa argentino. ¡Canto me alegra ter que contar estas cousas! Hubera preferido un Papa español, mellor, galego. Pero, non pudo ser, en esta ocasión... Hai algo en mín que cambióu con este nombramiento. ¡Un Papa novo, e arxentino! Jesús, qué bonito!. Agora o outro, xa non ten nada qué facer...
Vos deixo coas vosas oracións.
Os que me leen, pero casados, saben a diferencia que hay nun matrimonio con nenos, e os outros. Sobre de todo, si a vida a empezas "co pé esquerdo". Non todas as parexas pasan as mesmas vicisitudes na vida. Para mín foi unha proba que me hubera gustado volver a vivila, pero de outro xeito...
Pero é tarde para volver a cambiar rumbo da vida. En fin, prefiero non sabelo, porque os que luchamos moito, non sabemos que, a veces, outro fixo pola vida, tanto coma ti. E está peor. Moito peor... Eu fun unha persoa que
se conformou con pouca cousa e hoxe non é doado de pensar en reclamacións.
Cada un ten que levar a súa cruz, nesta vida, que nos tocou vivir.
.......................................
"Cal as ondiñas do mare,
morren bicando na area;
así, amantiña, contigo,
así finarme eu quixera"...
.............
De M. Leiras Pulpeiro,
autor da obra "POESÍA GALEGA COMPLETA"
|
|
|
Comentario por E. García - 14.03.2013 (14-03-2013 21:20) |
|
|
2 |
Desde que se quitóu esta foto hasta nosos días, pasaron exactamente 57 anos que é toda unha vida, para moitas persoas que non chegaron máis lexos.
Entrementres, teño que decir que houbo dous fillos con edades de 54 e 46 + dous netos de 20 e 16 anos. Os dous cativos estudian con moi bó aproveitamento. Ela (a nena), na Universidade, él (o neno) estudian, pensando no día de mañán. Consiguen moi boas notas. De momento, as notas calificativas de un é outra, non son como para preocuparse ¡ó contrario! Porque todo marcha como era de desear... ¡Os dous cativos!
Tanto a rapaza como o seu irmán, viaxaron a Escocia en Verano, co fin de ter un contacto cos das islas por aquélo do idioma. Foi unha laboura de 15 días, pero saliron moi contentos de aquél encontro con rapaces do seu tempo. Son chavales que están enfocados para o que veña. A pesar de que todo o que está por vir, non é calquer cousa. Porque naide sabe o que se está "cocendo"... Me hubera gustado poder ver mellor do que vexo, todo o que se aveciña. Si a xente máis culta do país se ten que marchar é moi malo. Porque toda esta xente lle costóu moitos cartos ó Estado, para ter que emigrar a calquer país. Por tanto, España perde a cultura adquirida por esta xente, e perde tamén a todos os que se van... e consumirán fóra. Todo esto, llo debemos a ésas xentes tan "listas" que aparecen sempre nos medios de comunicación ó lado do persoaxe máis importante... Sólo están para éso: A foto e tamén para cobrar e de paso, "ésas chapuzas que todos sabemos"... O enriquecimento destos desalmados que tiñan que estar no cárcere para a p. vida. Ou sexa, se teñen que marchar os bós e quedamos cos "fenómenos".Como Dios...
-------------------------
Estos días pasados, estivemos con ésos catro amigos que sabe Margarita nunha "comida de traballo", como dín os políticos importantes. Excuso decir que houbo un fallo moi importante: ¡Que non houbo fotos! E esto foi algo que non é de recibo. Tivemos tántas cousas das que falar que non se lle ocurréu a ninguén quitar fotos...
Quizá nin Margarita e Antonio se diron conta do asunto. Pero cómo hai máis días que longanizas: ¡Esperamos!
Nin o mundo se vai acabar aquí, nin temos porqué pensar que vai morrer alguien. ¡Meijas fóra, carallo!
Tamén faltóu algunha catarela que outra... Pero sempre habrá unha "segunda parte". Esto, marcha ben. Bicos.
........................................................
"Miña meniña pequena,
¿quén te ha de arrolar?
túa nai vai no muíño,
e teu pai a traballar...
...................
F. Bouza Brey
"Ditos, Lendas e Cantigas"
|
|
|
Comentario por E.García - Santiago (17-10-2013 12:18) |
|
|
3 |
No comentario anterior de fecha 17.10.2013, habíamos pasado un tempo con Margarita, é Antonio é dous amigos comúns, que non ten maior obxecto nombralos aquí.
Hai un apartado en ése texto que pode leerse si queredes, que di: "NIN O MUNDO SE VAI ACABAR AQUÍ, NIN TEMOS PORQUÉ PENSAR QUE VAI MORRER ALGUÉN: ¡MEIGAS FÔRA, CARALLO!"...
Pois, como un mal presagio, ano e medio despóis, se nos foi MARÍA-LUISA, a muller miña. Sinceramente eu non sabía que esto de quedarse viudo era tan doloroso. A mín me costa moito ter como compañeira a soidade é tamén a tristeza que esto ocasiona. Por máis que trato de creer que esto non pode ser verdade, ás veces me da "algo" salir á calle, porque sempre encontras con xente que sei que che ten en gran estima é que quere saber cómo me encontro. E hasta lles podría cantar aquélo:
"ALGO SE MUERE EN EL ALMA,
CUANDO UN AMIGO SE VA...
PUES DEJA UN ESPACIO VACÍO,
QUE NO SE PUEDE LLENAR,
CON LA LLEGADA DE OTRO AMIGO"...
.....................
(Letra orixinal do cantante arxentino
Alberto Cortez). Que se adapta moi ben
para casos coma éste que nos ocupa.
|
|
|
Comentario por E. García - Santiago (02-05-2015 10:09) |
|
|
4 |
.........CANTA RULA, CANTA RULA... CANTA RULA NAQUÉL SOUTO........
Pasaron cinco anos dende o último comentario. O mundo cambióu moito
é os que estamos eiquí, sólo é para arrincar as follas do almanaque
e ir cobrar a pensión... Porque, agora mismo non nos deixan saír á
calle para pasear, coma sempre fixeron os máis vellos do lugar. Si
votades a vista nunha festa, podedes observar que sempre os máis
vellos ocupan os mellores asientos, por non decir todos.
Si vas pasear pola Alameda, no hai modo de poder descansar un
ratiño por que aquelo xa parece un xardín de un asilo de anciáns...
Foi xente que veu de ese mundo interior, donde o traballo non ten
parada e a xentiña está acabada de tanto sacho é sin descanso...
Ainos que deixaron a súa aldea para meterse na emigración á
zona de Suiza, Alemaña, Francia é Islas. Agora que viñeron coa
pensión no peto, compraron un piso en Santiago é non queren saber
apenas da terra que os veu nacer. Por eso se fala tanto de aldeas
olvidadas polos seus nativos. Poden ir á festa da Parroquia o día do
seu Patrón ou Nuestra Señora de Agosto e San Roquiño. Despóis non
queren saber nada da súa aldea a non ser que veña alguén con cartos
bastantes para comprar as súas terras. Cando morren, non queren
enterrarse no Vila, porque na aldea, suelen ter panteón(?)...
.........................
POEMAS DE VELLOS
"Pasei a Ría de Arousa,
nunha lanchiña de vela;
non vin cousa máis bonita,
nin penso volver a vela"...
...........................
AQUÍ ROSALÍA
¿Qué ves nese fondo escuro?
¿Qué ves que tembras é calas?
-Non vexo! Miro cal mira
un cego á luz do sol crara.
Eu vou caer alí en ónde
nunca o que cae, se levanta.
..............
FOLLAS NOVAS",
de Rosalía de Castro |
|
|
Comentario por E. García González. (22-04-2020 13:28) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|