lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano |
|
WEBSERIE HISTORIAS ARREDOR DA VIDA
Nominada aos premios Youtubeir@s 2022
REMOVENDO A TERRA
Selección Oficial no 36 CINEUROPA, 2022
RESONANCIAS DO PASADO
Premio do Público no MICE de Santiago de Compostela, 2022
Selección Oficial no Primavera de Cine de Vigo, 2021
EU TAMÉN NECESITO AMAR
Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.
Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial Mostra de Cine de Lugo
THE BATTLE OF THE GOOD MEN
Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.
Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.
A VOLTA DOS NOVE
Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015
Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015
DESDE DENTRO DO CORAZÓN
Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013
Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014
O FAIADO DA MEMORIA
Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura
A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM
1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005
|
|

|
ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Estaban de amores |
|

De paseo pola Alameda de Santiago (1957)eran Maria Luisa Mareque e Eduardo Garcia. Nos gustaria que Maria Luisa fixese un relato da Vilagarcia que coñeceu cando viña tomar os baños
|
|
5 Comentario(s) |
|
1 |
Margarita: Me pides algo que para mín é bastante difícil, porque, eu sempre fun desde moi nena a esa terra. Cando fun un pouquiño máis que unha nena, me podes creer, que non esperaba que alguien de ahí ocupara un lugar na miña vida que durara tantos anos.
Pasados uns anos, meus pais cambiaron o rumbo, e tamén de praia, porque nos fumos pasar as vacacións a Boiro, por aquélo que tamén iban uns amiguetes de eles. En ese tempo, todavía non conocía a Eduardo, que foi polas festas de Nosa Señora (15 de agosto) do ano 1956. En Santiago, daquela, as festas dos barrios tiñan moita aceptación. (Nada tiñan coas Festas do Apóstol, que corren a cargo do Concello). Nos conocimos un día que eu celebraba o meu santo coas miñas amigas
de sempre. Él se acercóu, falamos, e pronto nos despedimos, porque na casa de meus pais, aquélo de chegar un día calquera, pasadas as dez da noite, era para botarte a temblar.
A hora do cine, era algo tremendo, porque había que deixar a película e botarse a correr, para chegar antes das dez da noite. ¡Pobre de mín que hubera un retraso de máis de un cuarto de hora, porque sólo lles faltaba chamar á Policía para encontrarme!...
E así foi sempre hasta que casamos. Non había modo de cambiar o sistema, porque eu xa tiña 22 anos e tiña que aceptar aquél modo de vivir necesariamente. A partir do ano 1957, Eduardo viña para Boiro e alí disfrutabamos da Praia de Barraña, que estaba moi ben, pero era moi llana de area. Recordo que había tanto marisco que o notabas debaixo dos pés. Polas mañáns nos veíamos na praia, e polas tardes, tamén. Pero casi sempre meu hirmán viña con nós para facer de "detective privado". Pasámolo ben.
Eduardo vivía nunha pousada, das poucas que había en Boiro naquél tempo. Pero para mín non hubera saído de Vilagarcía, porque me gustaba moito máis, por todo. Vilagarcía sempre tiña moito máis que Boiro en todo.
Hoxe na Banda do Mar, hai unha colonia santiaguesa moi importante, donde veranean centos de persoas en Boiro, Pobra, Riveira, Noia, etc., etc. Aqueles anos foi o principio do que chegóu despóis. Repito que Boiro é unha praia para nenos. Non corren riesgos de afogar, porque é moi plana. Pero éso, non vale para todos.
Como Eduardo e máis eu nos queríamos
non tivemos máis remedio que adaptarnos ás órdenes tan severas de meus pais. En realidad, sólo foron dous aniños. Casamento, nenos, e todo eso que facemos todos. Pero aquélo lles chega a calquera.
Houbo un tempo que non nos gustaban as praias de ahí porque estaban sucias de todo tipo. Non era recomendable para nadie. Nos íbamos a outro sitio.
TODO PARA TI, MARGARITA.
Si crees que cumplín contigo, gracias. Repito: Para mín, como Vilagarcía, non hai outro pobo. Sobre todo en Verano.
Moitos bicos para vos, os tres. Saúdos
María Luisa Mareque Pérez
Santiago de Compostela |
|
|
Comentario por E. García - 14.03.2013 (14-03-2013 17:35) |
|
|
2 |
XA SEI QUE ¡RECORDAR, É VOLVER A VIVIR!
--------------------------------------
Como casi todo-los refráns éste que escribín con maiúsculas é o máis acertado para esta ocasión... Eu acababa de chegar á terra do Apóstolo con 24 aniños. Indefenso conpletamente porque daquéla a cidade estaba chea de curas feitos e tamén curas que estaban cocendo en dous Seminarios, moi grandes que están nas máns do clero, como é de supoñer.
E cando un xoven chega a unha cidade coma ésta, que as campanadas da Torre do Reloxio non che deixan dormir cos tañidos tan fortes é que esto perdura durante o primeiro mes, ou por ahí, te encontras fóra de lugar.
Entrementras coñecín a unha moza que figura na foto conmigo enriba do texto e gustóume é quedéime con éla para sempre. Ahínda hoxe hai que nos dí cando nos ven collidos da mán, que parecemos mozos... Esto é de agradecer, pero aquéla moza que eu tiña era unha felicidade pensar que a tiña para sempre, según me dixo o cura da Parroquia de Sar...
Pero Santiago, era un lugar moi bo para coller moza, porque aquí aterrizan xente de todo tipo que veñen a estudiar Maxisterio, Enfermería, e outras carreiras que daquéla tiñan moita salida para a muller...
Pero eu, "erre que erre", quedéime coa miña María Luisa. Pensar que daquéla, (ano 1956) non se lle podíadecir a unha moza que viñera a vivir conmigo...
¡Aquélo sería como para un duelo entre a familia política é un servidor! Pero penso que o duelo iba a ser moi duro, por éso antes, non había cousas destas.
Nin había duelos, nin mozos vivindo en pecado. ¡Dios nos colla confesados! O cura era quen mandaba na manada, é en esta ocasión tamén un canónigo que fai pouco falecéu. ¡Vaia por Dios! Creín que os curas estos non se marchaban así, sin despedirse... Aquéles tempos non se parecen a estos en nada. Porque agora, hasta as mulleres che propoñen vivir en pecado mortal, sin consultar coa súa familia. Ao estilo Europeo, como ten que ser, para éso estamos no mesmo grupo dos mellores europeos...
Mentras Dios non nos mande os nenos...
Bueno, que o arreglen os curas, digo eu. Que están moi descansados...
......................................
"CORRE O VENTO, O RÍO PASA,
CORREN NUBES, NUBES CORREN,
CAMIÑO DA MIÑA CASA"...
..............
Rosalía de Castro
|
|
|
Comentario por E.Garcia - Santiago 25814 (25-08-2014 12:23) |
|
|
3 |
Me encontréi esta foto de casualidade. Non sabía o que había en este apartado. Esta muller que temos ahí, me embruxóu de tal maneira que non puden marcharme do seu lado en 59 anos, día a día...Non sei si a outros lle pasaría o mesmo...
Que si o amor... Que si Cupido... ¡Todos teñen a culpa de que eu caera nas súas redes! Pero somos tan tozudos estos mortales de agora, que si eu tivera que volver a vivir a mesma vida... Non o dudaría nunca. Firmaría por máis anos, porque 59 non son tantos como dicen. A mín me pareceron moi poucos. Xa sei que estóu tolo.
Pero tolos tamén estaban Romeo e Julieta é xa vedes que pasaron á historia como dous tolos de moito postín. Así acabaron de tanto amor polo medio. ¡Que Dios nos colla confesados! Bueno, tamén penso que ten que haber de todo. Pero fun moi feliz mentras duróu o noso amor. É aínda despóis penso que acertéi de cheo con esta moza.
................................................
"CARBALLEIRA DE SAN XUSTO,
CARBALLEIRA DERRAMADA;
N'AQUÉLA CARBALLEIRIÑA,
PERDÍN A MIÑA NAVALLA"...
................
Dedico estas letras eo verso,
á miña difunta esposa,
que nos deixou hai tres meses,
sigo pensando que está entre nós... |
|
|
Comentario por E. García - Santiago (30-04-2015 17:17) |
|
|
4 |
Desde que éla se nos foi, sigo pensando que algo dela quedóu entre os oito que formábamos a nosa familia. Porque o 17 de maio nos sentamos á mesa para celebrar o cumple de María Luisa é sólo nos faltóu pedir unha silla para ela. Unha silla moi cómoda para que nos pudera ver a todos, como sempre fixo. Fillos, noras, xenro e... netos...
Nada lle pasaba desapercibido. Agora, tampouco, pero non nos di nada, en absoluto.
Xa non se fala da tensión da abuela, ou de todos os seus achaques, que non eran poucos... Aquélas visitas ao Hospital Clínico, que por veces daban ganas de non volver para non oír cousas que a abuela non lle agradaban... Que si o peso, as camiñatas... Más zapato y menos... Todo éso que a éla lle hubera agradado moito facer é non os reproches que logo oía sin poder defenderse... Retención de líquidos... Páncreas é hasta as medicinas non facían nada para mermar os kilos que se unían a éla é non había modo de desfacerse de éles.
Pero aínda faltando éla, cantamos dúas veces o "cumpleanos feliz" á nosa filla María Luisa. Tamén o vello Eduardo leva unha temporada que non levanta cabeza... Agora con todo éso que é tan doloroso, o leva coa resignación impropia de un home do seu tempo. Todos lle axudamos a levar a súa cruz, que él non o quere así...
Un home que se lle facían pequenos os días de 24 horas... E luchóu moito para conseguir unha mellor estabilidad familiar, para mellorar en todo. ¡Esta familia merece o máximo! É eu, son moi feliz contemplando o nivel alto que teñen.
Nada máis, por hoxe. Son moi feliz vedo á miña familia tan unida. Pero boto en falta á miña compostelana do Ramal de Pitelos, que sempre quixo vivir ca calle do Hórreo, porque é unha Avenida moi grande... ¡Te queremos, mami! Porque ti eres o máis grande da nosa casa...
|
|
|
Comentario por E. García - Santiago (19-05-2015 12:29) |
|
|
5 |
|
|
|
Comentario por E. García González. (15-04-2020 13:22) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|