lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano |
|
WEBSERIE HISTORIAS ARREDOR DA VIDA
Nominada aos premios Youtubeir@s 2022
REMOVENDO A TERRA
Selección Oficial no 36 CINEUROPA, 2022
RESONANCIAS DO PASADO
Premio do Público no MICE de Santiago de Compostela, 2022
Selección Oficial no Primavera de Cine de Vigo, 2021
EU TAMÉN NECESITO AMAR
Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.
Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial Mostra de Cine de Lugo
THE BATTLE OF THE GOOD MEN
Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.
Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.
A VOLTA DOS NOVE
Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015
Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015
DESDE DENTRO DO CORAZÓN
Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013
Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014
O FAIADO DA MEMORIA
Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura
A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM
1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005
|
|

|
ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
O noso respeto |
|

Balvanera cos netos, fillos de Jose son José Andrés e Alicia. Balvanera foi unha persoa moi querida no pobo, que logo de moitos anos do seu pasamento sigue na nosa memoria
|
|
3 Comentario(s) |
|
1 |
Conoci muy bien a la senora Balvenera, los nietos de le foto vivieron con sus padres al lado de mis abuelos Ramon y Encarnacion |
|
|
Comentario por Margarita Mosquera Porto (26-01-2013 18:43) |
|
|
2 |
Foi Balvanera unha muller trasteada pola vida que lle tocou vivir. Vivía na calle da Igrexa, tuvo catro fillos, todos, mentras viveu nesta Calle. Creo que foi víctima de celos e sinsabores, de esos tan amargos que ten a vida. Por culpa de todo esto, esta muller enfermou dos nervios. A súa enfermidade era tan grave que os que estiveron cerca dela, non superon o dano que lle fixeron ao deixala sin reclusión e un tratamento que a puxera ben. Nadie pensou en esto, creo eu...
Os enfermos con enfermidades mentales, non poden andar pola calle, sin nada de tratamento, porque esto é como ter unha planta na casa, sin ningún tipo de regadío diario. Cos coidados necesarios, podría haber mellorado en pouco tempo. En un povo tan pequeno como era a nosa Vila no ano 1936 (?) ou por ahí, meter a unha persoa nun sanatorio daqueles, representaba a xuicio de moitos, un modo de desprenderse do enfermo(a). Era moi dramático en aquél tempo, ver a un ser querido nunhas condicións tan lamentables. Seu home creo que non se portou ben con ela e daba a impresión como si nada hubera pasado.
Os fillos sempre estiveron marcados como "fillos de Balvanera", con esto xa chegaba para situarse no coñecemento daqueles nenos que se viron obrigados a ter que saír dun povo que tanto querían, por non vivir cada día un drama que nada habían feito para merecelo. Xa sei que aínda que te marches, todo seguirá igual, pero ese drama, non o vives...
O matrimonio formado por Balvanera e o seu home, foi moi feliz. Seu home traballou no Banco de La Coruña, como cobrador a domicilio, ainda que máis tarde foi traballador de "CAJA"; en fin, que se defendían, medianamente como "nos pasou a nós", como dí a canción. E así foi "tirando" esta familia, hasta que se meteu o demo entre home e muller. Entonces foi cando se desencadenou un "terremoto familiar" que non quedou nada en pe.
Balvanera por un lado, catro fillos polo outro... o "vello" tamén con unha historia que nadie quere para sí. Non vou a ser eu quen faga de xuíz de ese home, porque si Dios váinos xuzgar a todos, que sea Él o que diga a última palabra. Pero, ben mirado, este home destrozóu a vida de cantos estiveron ó seu lado. E Balvanera foi unha muller eternamente enamorada do seu José.
Ás veces me enseñaba fotos do seu tempo, cando o seu matrimonio aínda non había sufrido o famoso "terremoto" que lle destrozóu a vida. Ésa era a súa mellor medicina para ela. Vivir de aquéla felicidade que tivo. Os seus ollos, deixaban de ser os ollos dunha muller enferma, para convertirse nunha muller enamorada de seu home e nai dos seu fillos. JOSE, MANOLO, GONZALO e máis EDUARDO GARCIA GONZALEZ.
Sí, eu fun o fillo máis novo de Balvanera. E teño que decir que sempre estiven moi orgulloso de miña nai e meus hirmáns. A pesar de que co "terremoto", comenzou unha desbandada familiar que fixeron de todo aquél drama a súa propia maneira de vivir unha vida que nadie hubera querido para sí. Como eu fun o máis pequeno (me chamaban "O Neno"), me adaptei moi ben a esta vida familiar que sempre tiven, dentro da casa. Miña muller, os fillos e non recordo a nadie máis, cando nin siquera me felicitan as Pascuas. De catro, quedan dous. Un son eu, o do Faiado de Marga.
O outro desde hai 20 anos, cando morreu meu pai, non supen máis nada dél. Si vivín sempre así, ¿porqué vou votar en falta a alguien?
Para terminar direi que despóis de nós, meu pai nos truxo 5 nenos máis, para axudarnos a vivir. (Que cada un interprete todo esto según queira). Claro que tamén foron víctimas do noso drama. Si estaban "ahí", foi porque os chamaron. O seu pai sabrá porqué...
Pero tamén o pasaron moi mal, eu seino moi ben. E me da moita pena pensar que hai moi poucas cousas que nos unen. Pero formaron parte da nosa historia.
Con todos aquéles personaxes e con un guión ben feito, hubera chorado medio mundo, ao ver todo o que eu vin. Máis nada, amigos do Faiado.
Deseo dar as gracias a Margarita Mosquera Porto, polas súas palabras e á outra Margarita Teixeiro por ocupar ése espacio con unha muller como ésa,
que foi unha muller moi crucificada ahí, que sempre tivo palabras de cariño hacia a Familia Bazaco e a de Mingos, entre outras. Moitas gracias a todos. Hoxe non vou poñer poesía... para non alargar máis este escrito. D.E.P. Balvanera.
|
|
|
Comentario por E. García - 11.2.2013 (11-02-2013 14:01) |
|
|
3 |
E moi emocionante todo o que acabas de vaciar Eduardo, e moi dificil. Un abrazo moi preto |
|
|
Comentario por Margarita Teijeiro (11-02-2013 22:12) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|