lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
WEBSERIE HISTORIAS ARREDOR DA VIDA

Nominada aos premios Youtubeir@s 2022

REMOVENDO A TERRA

Selección Oficial no 36 CINEUROPA, 2022

RESONANCIAS DO PASADO

Premio do Público no MICE de Santiago de Compostela, 2022

Selección Oficial no Primavera de Cine de Vigo, 2021

EU TAMÉN NECESITO AMAR

Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.

Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)

Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)


Selección Oficial Mostra de Cine de Lugo

THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

Roberto iba de etiqueta
Roberto iba de etiqueta

Era en Fexdega e ten a duda de si ese dia tamen actuaron os Pop_Tops. Xa sabedes que nos galpons de Fexdega na marina montabanse unhas actuacions, e unhos festorros imponentes. Con Roberto esta Manolo que casou con unha filla da pasteleria Ria de Arosa e Cuco natural de Cea, que foi o propietario da Taberna do Tio Cuco en S Lucia.A esquerda Salvador Patiño


donado por roberto ocaña

Anterior Volver á galeríaSeguinte

1 Comentario(s)
1 Onde oxe está ubicado o parque Miguel Hernández celebrábase a feira exposición agricola e industrial nos seus anos de explendor.Cando caiu en desuso nun dos pabillóns celebrábanse bailes ,traendo en moitísimas ocasións os mellores artistas da época i entre eles os Pop-Tops.Creo lembrar que a foto corresponde a ese dia.Non o poido precisar, afastados nunha esquina do galpón e tomando un refrigerio estamos Salvador, Manoliño, Cuco ,i eu.Grandes amigos da época ;pero sabido é que co paso dos anos ,cada quen vai pro seu lado,ainda que iso non queira dicir que nos esquezamos uns dos outros, nin moitísimo menos.Cando nos atopamos ,votamos unha parrafadiña lembrando vellos tempos,si ben con Salvador xa me é mais dificil, xa que vive en Madrid.Volvendo os pabillóns vou contar unha anécdota.A orquestra LOS ALPES, ensaiábamos nun local que tiñamos alquilado na Laxe cambiándonos pra un dos ditos pabillóns no ano 70 ou 71.Lembro unha noite xélida i o guardián(contatado polos responsables da feira) ,que se chamaba Sr Moncho ,i que vivia en Trabanca Sardiñeira, chamou á porta pra estar tan siquera un pouco o calor que nos tiñamos, ó amparo dunha estufa daquelas que levaban a bombona incorporada..Non servia de móito pero algo si que facia....¿Podo estar eiqui con vos ata que rematedes a faena? ....¡Uffff¡.decia, frotándose as maos unha contra outra e mesmo votando do seo alento das mans pra se quentar..¡¡Con iste frio non hai quen pare eiqui fora¡. ¡¡Pase Sr Moncho, pase, por favor, faltaria mais ,a pesares que cando marchemos ten que seguir coa sua labor de vixiancia ata as oito da mañán.Imaxinádevos oxendia un guardian que estaba mais cerca dos oitenta anos que dos setenta...Sin porra,Sin pistola...(Sin comentarios).Pois ven.O bó do Sr Moncho ,entrou e sentou nunha silla que estaba desocupada.A medida´que ivamos ensaiando o home non quitaba os ollos dunha pizarra que tiñamos sobre un cabalete, onde o director da orquesta escribia onde eran as próximas actuacións, hora de saida uniforme,importe a cobrar etc.A saída mais inmediata era a un pequeno povo da provincia de Ourense preto de Beariz, chamado Avión.Cando rematou o ensaio alá polas 23 h.o Sr moncho dirixéuse a min e co ceño fruncido díxome ¡¡Roberto¡.....Dígame Ud Sr Moncho, sin deíxarlle acabar o que me queria dicir.¡¡Ides tocar a ben lonxe¡¡..¿porque o dí Sr Moncho ? ..respostéille.¡¡Home ..según tiñádes escrito na pizarra, ides a Tanger.Eu escachaba á risa xunto cos meus compañeiros,e botándolle o meu brazo por riba do hombro pra que non se sentise ofendido díxenlle.De onde quitou vostede que iamos a Tánger.E volvéume a repetir .¡Eu lein que saiades nun avión ás cinco.¡¡Mire vostede¡¡.. O que dí na pizarra e o seguinte.."".Domingo dia 8, Avión.Salida a las cinco.Traje blanco" Pra que intentarei ler sin gafas.(refunfuñou) . E unha vivencia que non ten maior importancia ,pero que eu sempre a lembro con cariño......e coas lembranzas tamé vivimos .Sirva esta anécdota como un pequeno homenaxe a tódalas persoas que naqueles anos tiñan que recurrir como no caso do entrañable Sr Moncho,a un traballo extra pra poder teren unha xubilación coa que poder facer fronte ós gastos cotidiáns e ainda así.......Unha aperta..é Saudos
Comentario por Roberto Ocaña (19-11-2012 12:38)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0