lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano


THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

A dereita D Ramon Martinez Lopez
A dereita  D Ramon Martinez Lopez

Nesta marabilla de imaxen que nos donou Luis Silva, ollamos, entre outros, a Maruja Martínez e Briones, o seu home, a Nena de Padín e Lucho Bouza, a Isabel Castromán e a Ramón, o seu home. Estaban na porta do Casino, era a voda de Marcelo Fraga e unha moza da familia Padín (sentimos non lembrar o seu nome a ver si alguén bota unha man).
Aproveitamos a foto para homenaxear a figura de Ramón Martínez, que ainda que naceu en Boiro, casou con Isabel Castromán do Carril, e nesa vila estan enterrados os dous. Ramón foi un intelectual do que nos sentimos orgullosos.

«Hombre de su tierra, de Galicia, era uno de los mejores amigos que yo tuve en esta vida. Claro que usted, probablemente, no lo conocerá. Me imagino que allá será como acá, que a los grandes les tocará ser poco conocidos». Este é un dos comentarios que Borges lle fixo en 1987 ao xornalista Perfecto Conde sobre Ramón Martínez López, unha figura que cobra actualidade ao cumprírense os cen anos do seu nacemento en Cimadevila.

Dende o estalido da guerra civil no 36, que obrigou a Martínez López a escapar polo Miño cara a Portugal, a vida deste barbanzán confeso, membro do histórico PG (e do refundado), foi un fatigoso ir e vir do Portugal salazarista a Francia, de Francia a Arxentina, de Arxentina a EE.?UU. Ata o seu regreso definitivo a Galicia, no ano 71. Amigo de Unamuno e Valle-Inclán (quen xogaba co seu pai ao «tresillo na botica da Pobra»), este bibliómano boirense protagoniza unha boa anécdota con Castelao no ano 40: cruzáronse, cada un nun barco, fronte ás costas do Brasil, Moncho cara a Norteamérica; Daniel, cara a Arxentina. «Foi a última vez que vin a Castelao, entre a brétema, na lonxanía», relatou quen sería tempo adiante primeiro presidente da Fundación Castelao.
Tras un período en Francia y Argentina acabó por establecerse en Estados Unidos, donde alcanzó reconocimiento académico.

Hasta 1971 fue catedrático de lengua española en la universidad de Austin (Estados Unidos) y profesor visitante en numiprosas universidades norteamericanas. Volvió a España al dejar su cátedra en Austin.

En Galicia reinició su actividad política como presidente del Partido Galeguista y su contacto con los movimientos e instituciones culturales. Fue galardonado con la medalla Castelao, máxima distinción que concede la Xunta de Galicia.

Anterior Volver á galeríaSeguinte

3 Comentario(s)
1 Marcelo Fraga Iribarne casou con Mari Blanca Lago Padín, filla de Dona Blanca Padín que viviu no edificio, que aínda se conserva entre as rúas da Mariña e de Méndez Núñez, máis coñecido polo "Museo". Dado que Marcelo era Diplomático o seu traballo levouno a recorrer varios paises do mundo máis ao chegar o verano sempre se achegaban a Vilagarcía para pasar parte das súas vacacións coas súas cinco fillas: Mari Blanca, Margarita, Maribel, Patricia e Mónica. Cando estas xa eran algo grandiñas chegou outra filla máis, da que non lembro o nome. Algunha delas creo que vive en Vilagarcia.
Comentario por Mari Carmen Arines (22-09-2012 23:20)
2 Tras su regreso a España ejerció de Catedrático en un instituto valenciano
Comentario por Daniel Garrido Castromán (27-09-2012 18:28)
3 Mi comentario se refiere a Ramón Martínez López
Comentario por Daniel Garrido Castromán (27-09-2012 18:29)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal