lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
EU TAMÉN NECESITO AMAR

Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.
Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)


THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

Casa Dos Tanis
Casa Dos Tanis

O Abo Estanislao Perez Artime, chegou a ser Presidente da Diputacion da Coruña. No ano 1929, por iniciativa do padronés Estanislao "Tanis" Pérez Artime, un grupo de empresarios da Santiago e Padrón establecían unha sociedade anónima para a fabricación de lámpadas de incandescencia. No conxunto dos socios destacaban os irmáns Pérez Artime (Estanislao, Isidoro e José), os irmáns Pérez Rey (José, Manuel e Estanislao, fillos de "Tanis"), a casa bancaria Riestra (representada polos irmáns Ignacio e Francisco Riestra Calderón) e a casa bancaria Juan Sáenz Díez (Banco Simeón). Completaban o accionariado o comerciante santiagués Miguel Martínez de la Escalera e o vilagarcián Santiago Rey Daviña, ademáis do comerciante cesureño Antonio Domínguez Orense (cuñado de ?Tanis?) e outras persoas.

As edificacións fabrís levantáranse en Iria, fronte as instalacións da azucreira, ó lado da vía ferroviaria e non lonxe da estación do ferrocarril. Nas primeiras semanas de actividade, no ano 1929 e mesmo antes de constituírse formalmente a empresa, os produtos fabricados non posuían a calidade mínima esixible, co conseguinte descrédito e descapitalización da empresa.

O presidente e principal accionista da compañía, Estanislao Pérez Artime, destitúe entón ó director técnico, Francisco de Salas Rodríguez, substituíndoo polo enxeñeiro alemán Karl Feutcher, ata entón director técnico da fábrica madrileña ?Castañeda y Cía.?. Co cambio da dirección técnica a fabricación comeza a producir excelentes produtos o que, xunto coa política de trocar gratuitamente os produtos defectuosos por outros en perfectas condicións de funcionamento, mellora inmediatamente a posición da empresa no mercado español de lámpadas de incandescencia.

A fábrica padronesa atópase entón coa oposición organizada das outras fábricas instaladas en España á utilización por Iria das patentes de fabricación existentes. A dirección de Iria decide entón orientar a fabricación cara a un modelo de lámpada sobre o que a organización de fabricantes non pode obxectar, pero o conxunto empresarial procede a unha importante baixada dos prezos coa intención de expulsar a Iria do mercado.

Pese a tódolos atrancos da competencia, ?Lámparas Iria? foi quen de facerse un oco no mercado galego, ó que subministraría lámpadas eléctricas de incandescencia. Co comezo da Guerra Civil (1936-1939) a empresa padronesa melloraría notabelmente a súa cota de mercado, ó quedar os restos dos fabricantes españois de lámpadas (madrileños e cataláns) na zona fiel á República e non poder vender nas zonas baixo control do exército rebelde.

A empresa tivo dende a súa fundación unha grande preocupación pola súa imaxe publicitaria, coa inserción de ilustracións nos principais xornais e, como fixera antes ?La Artística?, coa produción en 1930 dunha película publicitaria con imaxes do interior da fábrica e os obreiros traballando.

No marco da guerra civil, ?Tanis? pasaría unha tempada no cárcere compostelán, represaliado polos rebeldes franquistas.

Trala morte do fundador en 1945, o seu fillo, Estanislao Pérez Rey, director técnico e propietario da fábrica de casquetes para as lámpadas, faríase cargo da presidencia da empresa. Co comezo da década de 1950, e aínda que a empresa introduciría novos produtos no mercado e mesmo chegaría contra 1953 a fabricar tubos fluorescentes que comercializaría co nome de Veralux, a fábrica padronesa sufriría continuos problemas económicos que finalmente a levarían ó peche na metade do decenio de 1970.

INFORMACION DA ASOCIACION BUXA

FOTO DONADA POR ANONIMO

Anterior Volver á galeríaSeguinte

Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0