lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
EU TAMÉN NECESITO AMAR

Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.
Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)


THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

Ambrosio Bobo
Ambrosio Bobo

Do comercio de telas


donada por anonimo

Anterior Volver á galeríaSeguinte

2 Comentario(s)
1 Con Ambrosio Bobo,Victoriano Piñeiro, siendo alcalde de Vilagarcía y el Sr. Encinas Diéguez siendo gobernador .
Comentario por tere (23-08-2011 15:56)
2 ALMACENES BOBO - Vilagarcía de Arousa
------------------------------------------------------------------
Era este comercio dedicado a telas de todo tipo, un dos mellores que había na nosa Vila... Estaba situado no mesmo centro do povo. En categoría comercial ganáballe Simeón, que tiña un gran comercio de telas é outros artículos do ramo: Camisas, roupa interior de home é amplo surtido en cortes de traxe, etc.

Era o comercio de Simeón moi ben pertrechado é con personal do povo moi especializado. Entre éles estaba o pai de J.A. Rico é tamén o meu amigo da infancia Manolo Pego Muñiz, que chegóu á categoría de encargado, que indicaba a calidade profesional que tiña este home. Un fenómeno en todo. Amigo meu de sempre.

Almacenes BOBO era outro tipo de comercio diferente a Simeón. Pero era do pouco que tíñamos por aquél tempo... Tamén había o comercio de Pérez Hermanos, de telas, cortes de traxe para home.
Tamén camisería variada. Despóis, na Rúa da Baldosa había un almacén de telas para traxes de home, pero creo que sólo vendía ao por maior. Estaba enfrente da Imprenta de J. Paz, donde eu din os meus primeiros pasos como aprendiz de tipógrafo... Chamábase Almacenes Borruel, todo de Barcelona, incluindo a seu duno, que se chamaba Josep Borruel. Un hombre elegante de sombreiro e tiña unha finca en Las Bocas, dedicada casi toda ela a viños do país.

Todo este mundo de telas e traxes o escarallóu a industria da confección que eliminó tendas e sastres en pouco tempo... Foi o fin de aquéles pequenos talleres de tipo familiar que a xente miraba con bós ollos, hasta que tivo que renunciar á confección á medida, porque outros países viñan metendo caña á industria da sastrería. Foi unha pena, pero os modernismos comenzan enterrando a os bós artesáns que tíñamos na vila, como Hermenegildo Teira, na Rúa Ramón y Cajal (frente a Simeón), estaba o vello "Tatilla" en San Roque ou José Luis Feijóo no Mercado. De todos los sastres o que máis sona tiña era o señor Teira. Moi completo en todo... Excuso decir que a xente guapa se vestía alí, a xente que tiña máis cartos. O empleadillo noniba porque cobraba algo máis pola feitura. Pero qué comparen o traballo é o corte do vello Teira.
-----------------------------
Médicos, empresarios, abogados, banqueiros de alto voltaxe...
Eran os clientes de todo-los días é todo o ano. Queda dito. Esta roupa non solía encargala calquera. Tamén foi un home que montóu un comercio de cortes de traxe, é así a ganancia da tela era para o xastre, según se fixo despóis por todo-los empresarios de confección de traxes á medida. Esto despóis de 1955...
+++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++
"ALÓ NAS TARDES SERENAS,
ALÓ NAS TARDES CALADAS;
FANSE MÁIS DURAS AS PENAS,
QUE NAS BRANDAS ALBORADAS"...
...............
Rosalía de Castro
------------------------------------------------------------------
Van dedicadas estas letras a aquéles sastres que había na nosa vila. Industrias caseiras para axudar a levantar a familia, que xa era bastante. Pero de todo-los sastres quédome co vello TATILLA
e toda a súa familia. ¡Xente de San Roque é xa está...! Saúdos.
------------------------------------------------------------------







Comentario por E. García - Santiago (07-08-2014 21:59)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal