lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
EU TAMÉN NECESITO AMAR

Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.
Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)


THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

Tia dos Camiño
Tia dos Camiño

A do medio e unha tia da nosa blogueira e colaboradora nesta galeria Lolita Camiño


donada por anonimo

Anterior Volver á galeríaSeguinte

4 Comentario(s)
1 A tía Manuela, co fillo Albino e o xenro José Rodriguez ( o ribiricho )
Manuela Camiño Otero, ( a de Anxel ) a maior de dous irmáns, nada en Trabanca Badiña o 3 de decembro do 1900
Casou os 19 anos, con José Perez ( Pepe o cespón ) tivo 6 fillos, Jsé Luis, Manolo, Angel, (Albino ) Teresa, Felisa e Eduardo, esté último naceu despois de finar seu pai nun accidente de traballo, no ano 1936, naqueles tempos sin ningunha indenización, nin paga, nin orfandade, Manuela tiña 35 anos, traballou no campo, sementaba centeo, avea...tiña unha pequena facenda con porcos, galiñas e unha vaca, criaba os becerros, vendía o leite..
Era unha grn conversadora, con un caracter alegre e don de xentes, tiña unha memoria excelente, leía moi ben, ela presumía de ter ido á escola de BALADÍA, coñecía a todo o mundo e sabía a edá dos da casa o dos alleos. Sempre me recordaba o día do meu nacemento e do bautizo, ela foi quen me levou a igrexa no colo,daquela as nais quedaban na casa.
Celebrou o seu centenario con todo o sentido, finou ós 102 anos, o día 7 de decembro de 2003.Para min foi como a aboa que nunca tiven, creo que algo erdei dela.
Comentario por lolita camiño (22-04-2011 18:52)
2 Trabuqueime ca data do seu pasamento, ( un lapsus ) foi o 7 de Maio do 2003
Comentario por lolita camiño (22-04-2011 23:36)
3 Lolita :Tiven o pracer de coñecer a tua tia Manuela e a verdade que tiña unha mente privilexiada .Recordo que xa cunha idade avanzada fixo unha viaxe a Arxentina pra visitar uns parientes, e o regreso me comentaba que durante a sua estancia nese pais ,se acostumbrara a tomar un vaso de viño tinto ás comidas ;o que eu lle preguntei con cara de asombro simulado.¿É iso certo, Sr Manuela ?....¡Non me diga¡...Ó cual me respostou..¡¡Pero con gaseosa é¡¡...¡¡¡Con gaseosa¡¡¡ Repitiume.Recordo tamén que si lle facia unha pequena visita cando chegaba á casa, a sua filla ou a neta Mari Carmen lle preguntaban ¿Sabes quen te veu visitar ?Ó cual respostaba .¡É será Roberto¡E alá me contaba anécdotas da sua vida que como a de tanta xente, non foi nada fácil naqueles tempos.Daba gusto escoitala.Pena que eu non dispuña de muito tempo .Entrañable Sr Manuela e familia pola que sinto un gran aprecio.Bicos pra todos Saudos
Comentario por Roberto Ocaña (10-05-2011 01:20)
4 Efectivamente Roberto,a tía Manuela viaxou a Arxentina no ano 1987 a piques de cumprir 87 anos, alí emigraron dous fillos o mai vello José Luis e o mais novo Eduardo.
Gracias polas túas cariñosas palabras, Un saudo
Comentario por lolita camiño (12-06-2011 23:11)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal