lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano


THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

O millo era importante
O millo era importante

Xente de Cornazo escronchando no millo na casa das Bolicas


donado por pili abalo

Anterior Volver á galeríaSeguinte

2 Comentario(s)
1 gustame moito esa foto
Comentario por (04-05-2011 21:09)
2 O máis vello de todos o da foto, é o abuelo, o Sr. Manolo (O Pelado). Non sei si este alcume lle sentaba ben oílo ou non. Tampouco o digo de mala fe. Ademáis fumos moi amigos, alá polos anos 50 e siguientes. Todos nos imaxinábamos que non está con nós, porque pasaron moitos anos. E os anos, pasan para todos, non para uns poucos.

En esta foto se pode ver, ademáis do vello, a súa dona (A Bolica). Ademáis dos fillos, e netos que enchen por completo a fotografía presente. Vívía esta xente nun Lugar chamado Loureiro. Un grupo de media ducia de casiñas que todo-los veciños se levaron sempre moi ben, gracias a Dios. En realidade se levaban tan ben, que todos parecían da familia. Conste que eu non minto.

Foi xente que sempre me caeu moi ben porque nunca foron interesados á hora de obsequiarnos con unha boa taza de viño "da casa". E xuro que aquélo era como falar con Dios. O vello che poñía na taza viño branco ou tinto, e calquera salía de alí cantando mellor que Manolo Escobar, cando andaba buscando o seu "Carro".

Cando nos encontrábamoslo camiño da Veiga, charlábamos das nosas cousas como fixemos sempre. E sempre me agradóu moito oír falar ós vellos, porque os vellos son os portadores da historia de calquer aldea ou familia.
Sinceramente, eu apreciábao moito porque era un veciño-vello. Eu, como veciño, e como vello, lle tiña a miña estima. Era un home de xenio ¡lástima fóra! Pero era unha persoa moi apreciada por todo o que representaba.
Ignoro canto tempo hai que se foi para non volver, pero algo de descanso tamén lle viña moi ben o pobre Manolo.

Tiña varios fillos meu amigo Sr. Manolo
Bautista, Josefa, Otilia e Manolo. Daquela sólo casóu Otilia con seu home chamado Angel Negro, como as cancións de Antonio Machín. Pero, con negro e todo, era boa persoa e vivía na parte alta da casa familiar. Tiñan varios cativos por aquél tempo...

E para rematar estas letras quero mandar un saúdo a toda esta familia.
E que Dios, tamén mire un pouco para esta familia nosa.
.......................................
"Non veñas con que me queres,
andando tanto en parolas;
que auga que moito se parte,
non mata á sede, nin molla"...
................
De M. Leiras Pulpeiro en
"POESIA GALEGA COMPLETA". ¡Vaia livro!
Comentario por E. García - 24.03.2013 (24-03-2013 20:16)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal