lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano |
|
WEBSERIE HISTORIAS ARREDOR DA VIDA
Nominada aos premios Youtubeir@s 2022
REMOVENDO A TERRA
Selección Oficial no 36 CINEUROPA, 2022
RESONANCIAS DO PASADO
Premio do Público no MICE de Santiago de Compostela, 2022
Selección Oficial no Primavera de Cine de Vigo, 2021
EU TAMÉN NECESITO AMAR
Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.
Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial Mostra de Cine de Lugo
THE BATTLE OF THE GOOD MEN
Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.
Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.
A VOLTA DOS NOVE
Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015
Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015
DESDE DENTRO DO CORAZÓN
Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013
Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014
O FAIADO DA MEMORIA
Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura
A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM
1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005
|
|

|
ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Non debemos esquencer |
|

No mantemento das visitas da Armada Británica á ría de Arousa tivo moito que ver o labor de Reginald Cameron- Walker (Trípoli-Libia, 1868- Lalín, 1923) quen durante 24 anos dirixiu o consulado do Reino Unido en Carril. O representante dos intereses ingleses en Vilagarcía casou en 1906 con María Austroberta Bolado Sánchez no convento de Vista Alegre; foi socio fundador do Real Club de Regatas e xestionou en persoa a creación, en Rubiáns, do Cemiterio Inglés. Anos despois da súa morte, a intervención da súa familia foi fundamental para que a muller e os fillos de Elpidio Villaverde, primeiro alcalde republicano da vila, puidesen fuxir da represión feixista.
A súa figura é a que mellor encarna unha época dourada na que Carril e Vilagarcía contaron con representación diplomática de Gran Bretaña, Portugal, Alemaña, Francia, Arxentina, Brasil, Chile, México, Uruguai e a República Dominicana, e un feixe de prósperas relacións comerciais. A derradeira visita da Royal Navy chegou en xaneiro do 36. A Guerra Civil e os primeiros tempos do franquismo arruinárono todo.
Texto e fontes Serxio Gonzalez e o faiado da memoria.
foto donada por piluca villaverde
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|