lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano |
|
EU TAMÉN NECESITO AMAR
Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.
Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)
THE BATTLE OF THE GOOD MEN
Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.
Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.
A VOLTA DOS NOVE
Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015
Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015
DESDE DENTRO DO CORAZÓN
Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013
Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014
O FAIADO DA MEMORIA
Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura
A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM
1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005
|
|

|
ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Rosario na fabrica |
|

A os obreiros de aquela se lle pagaban catro chicas.
donada por familia garcia bouzas
|
|
3 Comentario(s) |
|
1 |
Se a Revolución Industrial en Galicia chegou da man da industria conserveria, e especialmente do traballo feminino, aquí temos á miña nai Rosario Bouzas Lemiña contribuíndo á creación do imperio conserveiro de Jesús Alonso. De aquí saíu a que hoxe é unha das maiores factorías conserveiras de Europa, refírome a Conservas Rianxeira. Nos seus principios instalouse nunha nave en Vilaxoán, propiedade da familia Villaverde. A miña nai tiña só 22 anos cando foi tomada esta fotografía, en 1962. Empezou a traballar aos 12 anos. Está repasando unhas latas de peixe que saían defectuosas do autoclave, chamado "tostador". Esta nave estaba situada no Preguntoiro. |
|
|
Comentario por Fran García Bouzas (02-04-2010 16:57) |
|
|
2 |
fermosa fotografia a de tua nai traballando na conserveira pero dille a tua nai si a nave estaba ao lado da de don zoilo eu son de vileixuan pero xa non me acordo desta fabrica |
|
|
Comentario por mary mariño (04-04-2010 18:48) |
|
|
3 |
Mary, a fábrica onde traballou a miña nai estaba no Preguntoiro, na nave que posteriormente foi a conserveira Costas y Millán. |
|
|
Comentario por Inmaculada García Bouzas (18-04-2010 23:52) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|