lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

Enterro do cura Tarrio
Enterro do cura Tarrio

Morreu o cura Tarrio....de ahi tantos curas no enterro


donado por Eladia Lapido

Anterior Volver á galeríaSeguinte

4 Comentario(s)
1 Son o sobriño de D. Vicente Tarrio. Esta foto teñoa eu na casa e non e do enterro del, senon que é do enterro de sua nai, Maria Martiñan Mariño.
Comentario por Manuel Angel (21-06-2010 23:15)
2 O comentario que quero facer nesta páxina e para que a xente de agora e de antes, se fixen ben qué coche fúnebre tan bonito tiña a xente de Vilagarcía. O malo de todo esto era que o viaxe tanto tiña, dirán algúns. Pero, sin necesidade de pensar nunha publicidade de tipo moi fúnebre, este coche era maravilloso polo silencioso e limpio que era. E posible que teña de 70 anos pa-riba. Creo que era conducido sempre polo Sr. Rogelio Vázquez, pai de meu amigo Rogelito (q.e.p.d.)

Eu, que vivín no barrio de San Roque, non lle conocín ó pai de Paulino Mouriño Rañó outro coche que non fora este modelo. Hasta non sei si non tendría outro máis no garaxe, na zona donde estaba o barbeiro chamado Perello. Creo recordar que cando sacaba do garaxe un, quedaba outro (?) Teño as miñas dúbidas, pero quizá alguén con boa memoria poida recordalo, si quere.

Quizá o noso amigo Cándido, como home nacido no barrio, pode quitarnos das nosas dúbidas. Daquela o Sr. Anuncio era moi popular na Vila. Así o recordei hai uns meses nun escrito que fixen en homenaxe a él, para os amigos do FAIADO. Un home exemplar que os máis vellos de ahí, recordaremos con cariño.
........................................
"-Dios bendiga todo, nena,
rapaza, Dios che bendiga,
xa que te dou tan grasiosa,
xa que te dou tan feitiña,
que, anque andiven moitas terras,
que, anque andiven moitas vilas,
coma ti, non vin ningunha,
tan redonda e tan bonita.
¡Ben haia quen te paríu!
¡Ben haia, quen te cría!".
...............

Rosalía de Castro
(1837-1885)



Comentario por E. García - Santiago (30-05-2013 17:34)
3 Amigo Eduardo, el Sr. Anuncio tenia dos coches para el servicio y ambos los conducia mi tio Rogelio, como tú bien dices.
El de la foto era el más moderno y el que usaba normalmente y el otro más antigüo recordaba una carroza con penachos como la que lleva a la Reina Isabel de Inglaterra. No lo usaba nada más que en el caso de que dos servicios coincidiran en la hora, cosa que el procuraba que no ocurriese en combinación con el cura, pues no tenia dos conductores o bien por averia del otro.
Estos coches tenian la particularidad que en la caja de cambios llevaban un "difencial" que les permitia acompasar la velocidad al paso de los acompañantes ininterrumpidamente sin cambiar las marchas ni pisar el embrague.
Como bien dices , los guardaba en un garage que habia donde hoy está la gasolinera con entrada por el ángulo que dá a la capilla y pegado a la peluqueria del Perello y la zapateria del Subela.
Con respecto a la foto, creo que tiene razón Manuel Angel, pues Tarrio casó a un familiar mio en el año 1.965 y tardó muchísimo en fallecer y la fotografia por el estado de la carretera es anterior.
Eduardo, te encuentro bajo de moral ultimamente. A ver si a mediados de mes
nos podemos dar un abrazo.
Comentario por Cándido (01-06-2013 14:30)
4 PARA MEU AMIGO CÁNDIDO
---------------------------------------
Leín con moita atención ese escrito con que me obsequiaches e en él vexo que a miña memoria é prodigiosa, si nos referimos a ésos detalles que se relacionan co noso Barrio de San Roque. Tan querido por todos os rapaces de aquél tempo. Aquélo era o apropiado como para facer unha película donde traballaba o vello "Chanquete". Sólo nos faltaba o barco, porque os chavales de San Roque eran tan avispados como os nenos da película ésa chamada "PLANETA AZUL"...

Sobre o meu carácter, algo de razón tés. Fun un home alegre con ganas de cantar, si a compañía me é grata. Non son home de grandes platos. O pasado ano un coche estivo a punto de quitarme a vida. Ou romperme a columna, porque me dou un golpe moi gordo, cando eu estaba de espaldas e si pensas que o conductor era mudo...
Ou sordomudo, como queiras. Tuven algo de sorte, pero, ademáis das roturas en pes e máns e un golpe grande na zona lumbar, me deixou para Sacramentos...
O 26 de maio a muller rompe tibia e peroné. Peor imposible. Decía eu que un ano que termina en 13, hai que velo con lupa e deixalo. Trae máis penas que días de gloria. Queiras ou non, esto che vai minando o teu terreno e che vai quitando á alegría que tiñas en outro tempo. Pero cando chegues ós meus anos, te darás conta que sempre se aprende da vida, aínda que teñas tantos anos coma mín. Que che pesan... Os anos, e tamén os kilos. Nos últimos dous meses apenas salín da casa, por culpa do accidente da muller. Eso non é o que eu deseo para mín; pero a vida non a podes cambiar ó teu gusto, porque ti non vives solo neste mundo.

Un abrazo e gracias por teus recordos hacia a miña persoa. As miñas ganas de vivir sempre foron moitas. Si pudera, dáballe o reloxio corda hacia atrás para robarlle horas, e horas a ésa vida que vivín con tanta ansiedade.
Non deixes nunca de botar unha mán a esa obra que debira de ser un orgullo de todo-los arousáns ben nacidos.
.......................................
"¡Adiós, adiós que me vou,
herbiñas do Camposanto,
dónde meu pai se enterróu;
herbiñas que biquei tanto,
terriña que me crióu!"...
...........................
Rosalía de Castro
1837-1885 - Santiago
"Cantares Gallegos"
.......................................



Comentario por E. García - 11.07.2013 (11-07-2013 20:38)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal