lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano |
|
WEBSERIE HISTORIAS ARREDOR DA VIDA
Nominada aos premios Youtubeir@s 2022
REMOVENDO A TERRA
Selección Oficial no 36 CINEUROPA, 2022
RESONANCIAS DO PASADO
Premio do Público no MICE de Santiago de Compostela, 2022
Selección Oficial no Primavera de Cine de Vigo, 2021
EU TAMÉN NECESITO AMAR
Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.
Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial Mostra de Cine de Lugo
THE BATTLE OF THE GOOD MEN
Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.
Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.
A VOLTA DOS NOVE
Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015
Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015
DESDE DENTRO DO CORAZÓN
Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013
Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014
O FAIADO DA MEMORIA
Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura
A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM
1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005
|
|

|
ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Fogar ¿doce? fogar |
|

Foto de xuño de 1974. Vacación de verán.
Dentro do mostrador. Cara de circunstancias. A cabeza debía bulirme a todo filispín.
O ano que ven o meu pai vai a sorprenderme cun regalo no día de reis. Facía anos que xa non recibía ningun detalle nese día. Desde que deixáramos Fontán e nos viñéramos para acapital do concello. E naquel nadal de 1975 o meu pai regálame unha cámara de cine de super 8. O que sempre viña desexando. Desde anos levaba visitando os vertedoiros dos cine Rialto e Gondomar para recoller tódolos descartes de películas que podía para crearme as miñas propias sesións cinematográficas cun proxector que fabricara cunha caixa de zapatos e unhas lupas. O da cruz de malta para que non se visen os cuadros non o din feito nunca. Pero aquilo funcionaba como un proxector de diapositivas. Con iso e un pouco de imaxinación aquilo era como estar no interior dunha sala.
Non tiña televisor. Este chegaría tamén pouco antes de morrer Franco gracias o azafrán. Por tantas caixas de azafrán un televisor de 32 pulgadas. Iso si, en bonito blanco e negro pero que, iso era o importante, collíamos a segunda cadea por Vigo. Un dos poucos de Gondomar que o facían.
Antes pasárame moitos anos indo o café bar de Lis a ver a Meteoro, flipper, o viginiano, os chiripitiflaúticos ou a casa do reloxio.
Pero agora estaba construindo as miñas propias películas con aquel tomavistas que aqueles reis (foi a única cousa que lle agradecín a uns reis) tiveron a ben de obsequiarme. Construia películas que non podía ver...non tiña proxector. Iso chegaría mais tarde. Pero a partir de ahí acerqueime por primeira vez a Vilagarcía a ver como eran as películas que se presentaban o certame de cine. Non sabía que o final ía a establecerme neste pobo que tan ben me acolleu. E poucoas anos despois gañaba o certamen, e repetín, e repetín...
E agora xa estou fora do mostrador...
|
|
5 Comentario(s) |
|
1 |
E agora xa estás fóra do mostrador e en Vilagarcía outra vez, e xa sabes máis de Vilagarcía que nós mesmos. E xa che queremos coma un máis, coma de tódala vida. Grazas por regalarnos a túa historia gondomareña, con tanta chispa contada. Un bico moi grande Antonio Caeiro. |
|
|
Comentario por Pilar Gómez Buhigas (11-12-2009 01:24) |
|
|
2 |
Marga, tamén queremos a túa, que xa vimos UNHA foto de cando eras máis moza, pero non de cando eras unha tenriña infanta. Muac. |
|
|
Comentario por Pilar Gómez Buhigas (11-12-2009 09:40) |
|
|
3 |
Pois a mín fíxome moita ilusión leer esto,teño familia en Gondomar,o irmán de meu pai Pepito Garrido e a sua dona Pepiña Crespo(dos Crespo de Carril),foron maestros e viviron alí toda sua vida,na casa do Molinoo,Molinos Bravo chámase o lugar,xa yo contéi a Antonio,os fillos,4 mulleres e dous homes foron emigrantes todos eles,José Luís aínde vive en Caracas,eche ebanista e emigrou con 15 anos ,soliño nun barco sin saber a sua sorte,está casado e tén fillas,outro solteiro morreu en Gondomar fai uns anos e as mulleres,tamén solteiras as 4,(unha morrei fai un ano)siquen tendo alí a sua casa,o sea que síntome moi unida a Gondomar,xa que por este motivo fun alí moitas veces.Encantada de leer a túa bonita historia e como dí Pilar,xa "che queremos como un mais.Bicos mil.A ver cando conta Margarita,que aunque xa sei a sua vida gustaríame vela conn fotos no faiado. |
|
|
Comentario por Isabel Garrido Castromán (11-12-2009 18:19) |
|
|
4 |
Ahora que ya conocemos la bonita historia, contada con tanta "chispa" por su protagonista, me sumo al comentario de Isabel para que salga también la edicción de la historia de Margarita, con fotos de todas las épocas de su vida...
!FELICES NAVIDADES Y PRÓSPERO 2010! |
|
|
Comentario por José Manuel Casalderrey (24-12-2009 22:12) |
|
|
5 |
Hola Margarita, hola a todos:
Non sei si contei algún día que teño unha neta que en 2012 comenzou a estudiar Psicoloxía na Universidade galega. ¿Faléi desto algún día? Non o sei, porque non imprimo nada do que vai ó ordenador.
Un día do pasado curso, a miña neta, me dixo que para completar o seus estudos me tiña que facer unha entrevista que era un componente do ano que se foi. Eu puxen trabas para esquivarme, hoxe, mañán, pasado... Hasta que a neta me dixo que tiña un prazo para a súa entrega ós seus Profesores da Facultade.
Un día chega á miña casa cunha chea de aparatos, algún, descoñecido para mín. Tratábase de facer unha grabación por orden dos Catedráticos de Psicoloxía. A entrevista se fixo en tres días. Sólo a neta máis eu. A nena tiña algo máis de 18 anos. Había levado os seus estudos no Colexio Compañía de María de Santiago con notas que non baixaron de Notable en todas as asignaturas...
Matrículas, a eito. Unha alumna "10".
Deseo dicir que fixemos a entrevista, pasando de largo os amoríos do vello Eduardo, e o que eso conleva, para finalizar o traballo cun éxito relativo, para mín. Si quen fixera a entrevista fora un rapaz, seguro que pondríamos algo da famosa "Casa Cuadrada" para adornar o traballo. Pero por respeto a ela, pasamos "eso" de largo. Porque eu, anécdotas, tiña.
Reconozco que así iría millor, porque esa parte da miña vida, "está ahí". Como lle pasa a calquera.
E como eu tiven unha vida máis ben de película, tirando a drama, teño que dicir que o traballo merecéu por parte dos Psicólogos, Psiquiátras, ou cómo se chamen, pero Catedráticos todos eles dos tolos, a mellor puntuación de 175 traballos presentados E UNHA MATRICULA DE HONOR, por expoñer a miña vida á vista destos Profesores. Ademáis o traballo quedóu gardado como se gardóu agora ó Códice Calixtino...
A rapaza ten moitas cualidades para adornar ese traballo. Eu diría mellor que todas.(Algo ten que ter do seu abó que nacéu o mismo día da nosa querida Rosalía de Castro). ¡Ahí queda éso! Creo que teño dereito a presumir da miña fecha de nacemento. ¡Quisieran outros ter unha fecha coma ésa! Pero estas cousas non se compran nos gitanos, como sabedes todos...
Todo este traballo que fixen hoxe está relacionado con esa idea que queren algúns para que ti, Marga, poñas a túa biografía ó alcance de todos. Eu non tiven máis remedio. Pero por cartos non o faría, porque eu non son Belén Estéban para vendelo todo... todo...
TODO... Ela seique "mata pola súa filla". Eu mato, pola miña neta. E desde que me coñece tan ben, creo que nos queremos máis. Sempre que ve ós seus abós polas rúas de Santiago, ven correndo hacia estos vellos, que xa se lle están escarallando as pilas. E agora xa casi non hai repostos. Deseo de corazón que a estrea segunda da nosa pelicula "DESDE DENTRO DO CORAZÓN"
fora o éxito que merecedes e que disfrutárades como enanos. Querémoste.
.......................................
"Estiven leda na festa,
e leda dela salín;
pero á casa cheguei triste,
¡disgraciadiña de mín"
Recollido do libro de Poesias de Leiras Pulpeiro, titulado: "POESIA GALEGA COMPLETA". Moi interesante.
|
|
|
Comentario por E. García - 09.03.2013 (09-03-2013 11:38) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|