lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
WEBSERIE HISTORIAS ARREDOR DA VIDA

Nominada aos premios Youtubeir@s 2022

REMOVENDO A TERRA

Selección Oficial no 36 CINEUROPA, 2022

RESONANCIAS DO PASADO

Premio do Público no MICE de Santiago de Compostela, 2022

Selección Oficial no Primavera de Cine de Vigo, 2021

EU TAMÉN NECESITO AMAR

Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.

Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)

Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)


Selección Oficial Mostra de Cine de Lugo

THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

Aquí un cabaleiro...de Santiago Apostol
Aquí un cabaleiro...de Santiago Apostol


Un era como un maniquí. Delgadiño como un pico. De feito a nosa veciña, Carmen, a Vidrines, tíñanos posto alcumes a todos, incluindo os seus fillos. Eu era o catrotripas, nin sequera chegaba a cinco do fideiño que era. Vivíamos daquela nun pazo que os meus lle alquilaran o Andrés, un terrateniente de Mañufe, a terra da machada. Era en Fontán, unha aldea desa parroquia gondomareña. Tiña luz eléctrica (e non como a familia de Carmen que alumeaban as súas noites coa luz de carburo) e retrete dentro da casa (ainda que a min gustábame mais ir a fora a facelo, era mais natural...salvo cando chovia ou era de noite). Alí era unha gozada vivir, e máxime a esa idade. Todo un monte para ti, cun bosque de toxos, fentos e xestas. Con toubas e camiños para raposos e culebras, onde tíñamos galiñas, coellos, ovellas e porcos. E un carneiro toupón que vai a ter un fatal desenlace (unha alegría para todos nos, mais se temos en conta de que a miña irmán lle rompera un brazo nunha ocasión) tras a foto que vemos enriba: o día da miña primeira comunión (só tiven unha primeira comunión e unha segunda pouco despois. A partir de ahí a relación non foi ben).

Ahí me podedes ver no día de Corpus Christi, onde o mais gozoso era poder romper cos teus pes as alfombras florais que a xente matouse a facer durante toda a noite...e ser fotografiado por Martín, o fotógrafo oficial de Gondomar. O home que sacaba un cacho de sábana raída polo tempo e a colocaba na parede da oficiniña de correos onde traballaba e ¡Zas! xa tiña montado o seu estudio de fotografía. Pois a min sacoume fotos en blanco e negro e en cores. Bueno, hoxe as de cores perderon o seu encanto inicial e vense mais ben magentas. Pero nestas en blanco e negro estou de marabilla. E que ben acompañado: Pola Japonesa, a esquerda. e pola Cañona agarrada o mesmo pendón que eu. Ai, a Cañona!, pouco despois ían a disparárselles outras cousas que ían a lanzar os nosos instintos animais a niveis pouco dignos de ser nomeados aquí. Un que é un cabaleiro.

E despois na casa...A COMER CARNEIRO!!!...

Anterior Volver á galeríaSeguinte

Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0