lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano |
|
EU TAMÉN NECESITO AMAR
Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.
Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)
THE BATTLE OF THE GOOD MEN
Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.
Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.
A VOLTA DOS NOVE
Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015
Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015
DESDE DENTRO DO CORAZÓN
Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013
Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014
O FAIADO DA MEMORIA
Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura
A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM
1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005
|
|

|
ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
a base de callos |
|

Calquera digeria unha comida a base de callos como esta...habia que bailar moito logo.
foto donada por Manolo e Pura
|
|
5 Comentario(s) |
|
1 |
Casaba Tita,a filla do "fiscal" de bamio, a festa foi na casa e a cociñeira a nai da noiva, unha maestra facendo os callos |
|
|
Comentario por l (16-06-2009 17:33) |
|
|
2 |
E sin internet pra baixar recetas, e sin Argiñano na tele, dando instruccios, as veces sin os ingredientes necesarios ¡ay aquelas mulleres¡ |
|
|
Comentario por margarita (17-06-2009 07:33) |
|
|
3 |
penso que a 2ª da esquerda é Pura. |
|
|
Comentario por Nina (30-10-2009 23:38) |
|
|
4 |
Si Nina, é Pura. O 1º é Cardel Fresco, ( o fiscal )sigue Pura Barreiro Coira, ( a coira )Felisa e Marina García, ( as cochonas ) O Peseta e Susa ( a albeada ) o rapaz da dereita, é primo de Ruco Cardalda ( o canario )
Todos eles de Bamio. |
|
|
Comentario por lolita camiño (17-01-2010 19:44) |
|
|
5 |
D'AQUELA, OS CALLOS, ERAN SEGUROS NAS BODAS
------------------------------------------------
Alá polos anos cincoenta, non había boda sin callos. É sin necesidade de pensalo moito, éste era un plato moi rico é tamén abundante, con posibilidade de repetir, que non estaba nada mal. Daquéla non había xente tan fina como a que hai agora, porque considera que ése plato non é para estos tempos... ¡Cómo vamos comer callos igual que "aquéles outros!"...
É se foi deixando de mán este plato, hasta perdelo de vista... Cando che poñían os callos diante, con aquél aroma que dan os cominos é as especias, vendo unha tallada por aquí é outra por alá... Aquélo era como falar con Dios. ¡Nada de tenedor! Os callos hai que comelos coa cuchara. ¡Aquéla salsiña que teñen non a iguala outra comida. Pero, é moi certo, porque todo desaparecéu cándo o nivel de vida melloróu un pouco é xa a xente consideraba unha ordinariez tomar ésas comidas, porque engordan moito...
Cando eu caséi no ano 1958, se puxeron na mesa o que se solía poñer nunha boda "para quedar ben". Daquela non había mariscos dentro do círculo de bodas de xente traballadora...
PLATO PRIMEIRO: Merluza frita o que hoxe chaman "Merluza a la Romana", que queda mellor...
PLATO SEGUNDO: "Callos a la gallega"...
PLATO TERCEIRO: Carneiro asado con patacas, o que hoxe chaman "Cordero asado con guarnición", que é como o poñen os señoritos do povo...
POSTRES: Rosca e pasteles a rodar. Viños, café e licores para todos. Todo saléu moi ben, por parte das cociñeiras, que non eran personal de Restaurante. Foi en xullo de 1958... A boda se fixo nunha casa que estaba ao lado da nosa é naquél tempo, estaba deshabitada...
Cando empezaron a servir cafés, a xente quixo alegrar o día é comenzaron a cantar é aquélo marchaba la mar de ben. Había boas voces, como pasa sempre cando se come é bebe ben... Foi pena que non fóra como agora que se fai unha película da boda. Da festa toda, dos invitados, dos familiares todos é amigos...
Ahí deixei exposto todo. Sólo me falta decir que entre uns é outros, non chegamos a 100. Que naquél tempo, chegaban ben... Eu con 26 anos é a muller con 24. ¡50 anos entre os dous! Uns días polas Rías Baixas (unha semana) é para de contar. Ahí acabóu todo... Hasta que chegamos a Vilagarcía un día é coincidimos co afundimento do Cabo RAZO. Aquélo era moi serio de contar. Por eso o deixarei para outro... O de hoxe era para falar dos callos. É ahí queda eso...
|
|
|
Comentario por E. García - Santiago (20-02-2015 19:38) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|