lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

Os Araujo e Quinso Oubiña
Os Araujo e Quinso Oubiña

Quinso Oubiña a esquerda da foto, persona moi coñecida no pobo. Tiñan unha taberna seus pais, Sr Oubiña e Sra Concha situada na calle do rio, frente mais ou menos a Correos de hoxe. Ali se organizaban cantarelas, polas cuadrillas que a diario visitaban a taberna. Manso, o Enterrador, Miguel o Tallista, Monchiño o do axuntamento....
Na foto Quinso esta ca sua muller Esther Araujo, os seus fillos, os seus sogros, el coñecido ferreiro, Manolo Araujo, propietario dunha fragua xunto co seu hirman Ramiro, dos ultimos ferreiros do pobo. Tamen estan na fotografia a cuñada de Quinso, Sonia Araujo e o seu home Manolo


foto donada por Margarita Teijeiro

Anterior Volver á galeríaSeguinte

2 Comentario(s)
1 Una gran familia y están de fiesta. El niño que está de marinerito de blanco seguro que hizo la primera comunión y se hicieron la foto para que quedara como recuerdo. Creo que ese día lo recordamos todos por algún motivo...Y las fiestas son fiestas por cualquier motivo.
Comentario por Marité Montesinos Castro (30-10-2012 18:14)
2 O negocio de Oubiña, non era un Bar, era un Bodegón e estaba dúas casas máis arriba que a Cafetería California, pero na acera de enfrente, a uns 20 metros, subindo hacia Carril. Alí pedías un porrón de viño con mezcla de mistela e aquelo era como falar con Dios. Estaba moi rico. O viño era de Castilla ou Valdepeñas, non o sei. Pero a clientela non faltaba porque o trato era moi bo. Os bocois facían de mostrador. Podías pedir cacahuetes, ou noces, todo así. Non había cociña, que eu sepa. Todos o pasábamos ben. A pena é que non haxa máis cousas de esas para evitar certos abusos de todo tipo. Cando comenzou o euro como moeda eu xa paguei os cafés a 1,50€ cada un, fai uns doce anos e ¡Xa está ben con tanto ladrón! Claro que eu non volvín a pisar esa casa...

Na Bodega de Oubiña (ou Bodegón) non se lle roubaban os cartos a ninguién. Nos coñecíamos todos e aquéles porróns estaban que levantaba ós mortos. E como non era caro, volvías, porque alí estaba a túa xente. Por aquél tempo eu tiña moza en Pontevedra. Iba a vela ós Domingos. Un día, Domingo, claro, iba á capital e encontrei no mismo vagón dous mariñeiros da Escola Naval de Marín, que levaban unha bota de viño con viño con mezcla de mistela. Cando chegamos a Pontevedra xa non sabíamos si cantar canción mexicana, ou d-aquí. Xa estábamos agotando o repertorio... Aquelo había que velo, ou oílo, digo eu. Fai de todo esto un 64 anos. e por culpa de todo esto eu perdín a moza. E tiven que mandarlle os retratos e demáis regalos. Ben mirado, os refráns
están ahí para algo. un amigo me dixo aquél día para consolarme: "O home que perde unha muller guapa, non sabe o que gana"... Así como mo dixeron o digo. ¡Foi a miña primeira moza, que perdín por culpa "da mezcla". Pero, mira. Si Deus o quixo así, ¿quén son eu para enmendalo? E mira: "Quen cho rompeu, que cho cosa"... E punto. Bicos
.......................................
"A Virxen de Guadalupe,
cando vai pola ribeira,
descalciña pola area,
parece unha rianxeira"...
.......................................
Comentario por E. García 29.01.2013 (29-01-2013 21:40)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal