lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano


THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

Viña de Nueva York
Viña de Nueva York


Luis Carus tivera unha unica filla. Cando seus pais se separaron a nena era un bebe. Cando voltou era esta moza guapisima, que posaba asi para o seu pai na casa de S Lucia.

foto donada por Maricruz-realizada por Luis Carús

Anterior Volver á galeríaSeguinte

7 Comentario(s)
1 A moza é guapísima, sin dúbida, pero creo que esa finca é na casa de Trabanca Badiña, o muro tirouno a " piqueta " estes días, ( a ver que sae de aí )
Nesa casa naceu meu pai, sempre foi da familia Carus, a razón é que meus abos Anxel Camiño e Teresa Otero, eran os criados, alí casaron e tiveron dous fillos, Manuela e José ( meu pai ) Anxel facía as tarefas do campo, e Teresa o labor da casa, acomodaba os animais..ata fixo de ama de cria, dado que Luis Carus era do tempo do seu fillo José, mamaron a un tempo, ( irmáns de leite )
Alí viviron ata que compraron un terreo alí cerca, e fixeron unha humilde casiña, cun prestamo que lle fixo a familia Carus, unha especie de hipoteca ou algo así,
Anxel morreu cando os fillos tiñan 15 e 11 anos, xa na súa casa sin terra de seu, pra comer , tiñan vacas á ganancia ( en arrendamento ) José foi traballar á fabrica da madeira ós 13 anos pra trer un xornal á casa e paga-la deuda.
Hoxe vivo eu en dita casa.
Comentario por lolita camiño (12-10-2009 18:15)
2 ADICADO A MEUS ABOS

LABREGOS

Toda a miña xente
de labregos foi
xunguidos á terra
con xugo de bois.
Meu pai é labrego
labrego nacéu
e labra nos eidos
traballando a tren.
Meu pai é labrego
labrego nacéu
meu pai é labrego
sin terra de seu.
Meu pai é labrego
labreguiño eu son
pasarei a vida
xunguido ó terrón
Comentario por lolita camiño (12-10-2009 18:23)
3 La historia resumida, clara y concisa, del comentario 1, se complementa magníficamente con la poesía del comentario 2, configurando ambas un relato entrañable y familiar, como únicamente Lolita es capaz de hacer. Un abrazo.
Comentario por Roberto Núñez Porto (13-10-2009 00:47)
4 Voume permitir engadir este retallo.
A probiña de miña aboa, botou toda a súa vida " abafada " por ser filla de solteira, non tivo pai, nin apellido, cha mábase Teresa Otero, ( sin segundo apellido ) así figuraba no Xesistro Civil
¡ que tempos !
Comentario por lolita camiño (13-10-2009 14:38)
5 Lolita,por suerte esos tiempos ya pasaron,lo que le ocurrio a tu querida abuela, paso con muchas familias ,incluida la mia,por eso se lo mal que lo pasaron esas personas.Un abrazo
Comentario por Margarita Coello Nuñez (13-10-2009 16:04)
6 Si tiña apellido o da sua Nai, o que pasaba era o oscurantismo creado pola cultura relixiosa. Os fillos de solteira eran como borrallas da sociedade, e suas Nais, unhas calqueira ¡Quen no lo iba a dicir¡ As solteiras adoptan nenos, os probeta, as de alquiler, como imos dando pasos pra diante. Porque a situacion da actualidade nin e contaxiosa, nin obrigatoria.Eu tamen quero lembrar aquelas mulleres que tiñan un fillo de solteiras e xa era botar terra por riba dos ollos, nin paseaban mais, nin mais mozo, nin mais cine, nin mais vivir, e marcadas co dedo toda a vida
Comentario por margarita teijeiro (13-10-2009 16:12)
7 Perdon polo erro na poesía, trabuqueime quixen decir A TREU ( que non é o mesmo )
Comentario por lolita camiño (14-10-2009 12:41)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal