lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano


THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

Ramona viveu a emigracion
Ramona viveu a emigracion

A nai de Roguelio Diz, Ramona Rubianes, nos anos coarenta

foto donada por Roguelio Diz

Anterior Volver á galeríaSeguinte

13 Comentario(s)
1 mejicano comenteille a miña nai a proposito da tua nai si se acordaba dela o momento a recordou e a suas palabras foron estas ramona era moi lista e leia moi ben a biblia gustariame saber si todavia che vive e cantos anos tiña nesta fotografia
Comentario por m jose mariño (02-04-2010 21:31)
2 Miña nai e meu pai xa morreron os dous, el de 91 anos e ela de 87, fai casi tres anos, non sei a edade que tiña na foto, ela decia que fora a os deceoito anos, eu creo que algun mais, claro que naquelas datas a forma de vestir non daba a conta da sua mocedade.
Po-lo que convivin con ne-la, leia moi ben en galego e en castelan, ademais cantabache toda a misa en latin, e o facia moi ben, claro erache de Vilaxoan, xa despois tanto meu pai coma a miña nai, sendo de familias moi achegadas a iglesia foronse distanciando, e mais despois da guerra xa que a meu pai detuverono e pasou oito anos na cadea, estivo na Illa de San Simon e no Forte de San Cristobal en Pamplona,despois casou con miña nai quen era coñecida como Ramoniña da Laxe, e de rapaza viveu con meus avos tamben na calle de Bouza, traballou 16 anos en Conservas Pita, asi salin eu, agnostico e libre pensador
Comentario por Rogelio Diz (03-04-2010 07:14)
3 si tua nai vivira seria un ano mais nova que a miña eu teño a sorte de que a miña estea con nos e si che digo unha cousa miña nai tamen me dixo de teu pai palabras textuales o home de ramona era das esquerdas e si gracias a sua memoria historica souben de moitas cousas que ocurriron naquel tempo fusilamentos presos na illa de san simon mulleres violadas cousas tremendas daqueles tempos a min sempre me gustou escoitar esas cousas xa sabes que nos criamos nunha dictadura un pouco por oidas outro pouco leendo foi chegando a ideoloxia de esquerdas e tamen che respiro por ahi curiosamente eu son trsballadora de conservas pita
Comentario por m jose mariño (03-04-2010 17:46)
4 Agrademe a opinion que ten a tua nai de meus pais, dalle un bico da miña parte.
Eu tuven a sorte de escribir a biografia do meu pai, no libro "Memorias, Pensamientos y Versos" e poiden presenta-lo libro en Vilagarcia na casa da Cultura o que antes fora o Mercantil, e o presentaron conmigo os meus bos e grandes amigos:Xesus Alonso Montero, Xavier del Valle-Inclan, Gonzalo Bouza Brey e Teo Cardalda, daquelas datas todo-los traballos que facemos coma libros, conferencias e presentacion facemosla baixo o nome do "Comando Cultural de Arousa" no mes de setembro penso traer a Valle-Inclan a dar unha serie de conferencias en varias Universidades de Mexico.
Eu tamen estou moi comprometido ca Memoria Historica, estou en contacto permanente con moitas asociacionsen toda España, e mais en Pamplona donde cada ano vou a o homenaxe do Forte de San Cristobal, no mes de maio, onde teño moitos amigos fillos e netos dos que estiveron presos con meu pai.
Comentario por Rogelio Diz (04-04-2010 00:47)
5 M.Jose: queroche pasar este mensaxe para dicirte que voy a deichar de opinar neste blog, pois a o parecer aiche persoas as que non son moi grato. mais gustariame poder seguir en contacto contigo, asi que si queres podes facelo a calquera de istas direccions electronicas.
rdiz51@yahoo.com.mx ou rdiz35@hotmail.com a que mais queiras.
Un bico e quedo en espera da tua comunicacion.
Comentario por Rogelio Diz (04-04-2010 05:08)
6 pois si esto e para recordar vendo fotos antiguas non sei porque non se pode falar ou opinar desa epoca non vexo cal e o problema ¡acaso todo era maravilloso'acaso non houbo unha dictadura¡acaso non houbo represion¡non houbo penurias¡a estas alturas da pelicula e inda estamos asi
Comentario por m jose mariño (04-04-2010 17:17)
7 Rogelio a tua nai recordoa vivindo na calle da bouza da riba na casa de tua aboa Ramona a o lado da tenda da Castelara
Comentario por 7mares (18-04-2010 18:29)
8 rogelio sei que a tua nai fixo unha obra de teatro chamada la cieguita eso mo contou miña nai o que si lle ei de preguntar onde a interpretou e tamen che digo si lees este comentario que este blog esta costeado con fondos publicos ou sea cos cartos de todos os contribuintes en concreto 30.000 euros o ano que lle da o concello polo tanto non entendo moi ben porque non se pode falar do bo e mais do malo daquel tempo
Comentario por m jose mariño (24-04-2010 19:08)
9 Fai uns días recibín unha nota que entrou polo rexistro da alcaldía e que ven a tratar este tema do que se fala no comentario 8. De feito o nome da comunicante ten parecido coa persona que o firma. Cabreime moito daquela, tanto ate decidir, ese mesmo día, de coller e pechar este blog para sempre xamais e así poder vivir cunha certa tranquilidade. Pola tarde dese mesmo día visitamos a dúas personas con vistas a montaxe da exposición do Carril e o entusiasmo desas personas que desexaban que os seus pais "estivesen expostos no blog" fíxome recapacitar sobre esa decisión.
E así foi, deixeuno pasar e punto, total por unha persona, que ademais non aportará nada o blog, non podía rompela ilusión dos centos e centos que si o fixeron e disfrutan coa contemplación deste espazo desde Vilagarcía e, especialmente, desde fora.
Non pensaba tampouco facer pública esta cuestión posto que non me gusta facer comentarios que non teñan nada que ver coas fotografías. Pero cando en vez de difuminarse no aire prosíguese na teima considero estas cuestións como un ataque o desenvolvemento pacífico deste espazo e polo tanto quero facer algunhas aclaracións:

En primeiro lugar quere desfacer ese comentario, bastante malintencionado, de que ESTE BLOG NON É PROPIEDADE DO CONCELLO DE VILAGARCÍA NIN O SUBVENCIONA, NIN O PAGA.

O concello SI me contratou a min para realizar o traballo de O ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL, por desgracia non pola cantidade arriba exposta e nin tan siquera temos cobrado nos últimos seis meses (debido a "crisis" os contratados somos os primeiros en desaparecer) mais a pesares diso non deixamos de desenvolver ese traballo que para nos é moito máis que un traballo, é unha ilusión e un deber. O malo é que con isto último non se come e por iso máis me doe estes "dimes e diretes" que vexo propagados por xente que nin coñezo, nin creo, que teña o menor gusto de querelos coñecer. Paréceme de marabilla que disfruten co blog pero dame a sensación de que é un amor que tende a querer destrozalo. Porque desaparecidos nos, desaparece o "Faiado".

O Faiado da Memoria é unha asociación e é a que se encarga de xestionar o blog DESDE A SÚA CASA, e quenes nos veñen a visitar saben como é e como traballamos...¡GRATIS!, dedicándolle, como hoxe, non só os días da semana hasta a hora que sexa, senón tamén os sábados e domingos. Sen cobrar, non como se intenta maldecir e sembrar cizaña.

Co feito de enviar cartas a alcaldesa non é como se van a solucionar cuestions personais que poida ter a señora Mariño con este blog, xa que ela (a alcaldesa) non ten nada que decir nen facer con respeto a este blog (desgraciadamente tampouco leera o comentario do libro de visitas que lle adica Juan Carlos-Gracias Juan- posto que nin entrará no blog) porque só nos podemos decidir sobre el. O sea que por ahí nunca nos poderían facer dano. Tampouco a parte do texto que figura no informe presentado no concello que di "y se elija mejor a quien los gestiona" porque eles non escollen nada, somos nos, e con nos refírome a Margarita e a un servidor, que como a maior parte da xente sabe, chámome Antonio. Porque esa é outra, xa non sei se por descoñecemento do blog ou de que non lee todo o que hai neste sitio, pero o blog o administramos nos e que cando firmamos cos nosos respectivos nomes é que estamos a dar unha opinión particular ao respecto dalgún tema e cando o firmamos como "O Faiado" non o estamos a facer "de forma anónima" como se pode ler no informe difamatorio, senón que é unha opinión conxunta dos dous. E que firmar como "O Faiado" como anónimo é un pouco estúpido posto que se sabe ben claro quenes son eses "anónimos".

Por outro lado somos quen de borrar os comentarios que a nós non nos parecen adecuados para a boa marcha deste espazo, sexan estes da adcripción política que sexa, como así se fixeron con varios, especialmente por insultos e comentarios inadecuados. Podemos estar equivocados ou non, pero temos esa autoridade e despois dos 10.000 comentarios que hai no blog, só tivemos conflicto con tres personas. Mal non parece que o teñamos feito.
Pero esa é outra das formas das que se nos acusa no escrito: de "antidemócratas e silenciadores da liberdade". ¡A NOS!. Coido que tampouco nestes temas, a persona que escribiu o texto, non nos coñece de nada. E con esa ignorancia escribe, como se ela fose a redentora da dignidade das personas que sufriron opresión durante a dictadura. Pero coido que tería que vivir uns cantos anos máis, quizás moitos mais, para alcanzalo nivel dalgunha das dúas personas, no campo da memoria ou da liberdade. E non vou facer ningún lugar de competición nin de discusión, pero con elo quero facer entender que, a pesares das miñas ideas esquerdistas, non vou a permitir, no espazo deste blog, ningunha manifestación contraria a liberdade, veñan estas de calqueira banda do arco político e social. E con isto damos entrada a calqueira comentario pero coa advertencia de que pasará polo nosa peneira e esta, a verdade, e que ten unha malla moi ancha e cola case todo.

Remato, co fin de non extenderme, de que, de momento, o blog seguirá adiante. Pode ser que sigamos sen poder cobrar polo noso traballo (non polo blog) no concello, pero unhas maledicencias, que só poden ter como fin reventar este espazo, non van a romper coa ilusión que depositamos nel. Por atrancos mais grandes temos pasado e aquí estamos e parafraseando o spot comercial dunha cadea comercial de decoración: onde comen dous, comen catro.
Comentario por o Antonio (24-04-2010 23:13)
10 A primeras horas de la tarde, leí la carta escrita por Juan Carlos en el libro de visitas, comentario nº 39.Tuve que ausentarme de mi casa, y estuve toda la tarde con un gran desasosiego. No entendía muy bien el por qué, de aquel escrito, y temía que se estaba tambaleando "nuestro proyecto",(menos mal que acabo de entrar en casa e inmediatamente, encendí el ordenador para ver la actualización de comentarios y al ver el comentario 9 de Antonio, me he quedado un poco más tranquila y he sabido el porqué de la carta de Juan Carlos) y digo" nuestro "porque gracias al altruismo de los dos grandes iniciadores de este proyecto, MARGARITA Y ANTONIO, lo hemos hecho nuestro, de todos los blogueros que sin ánimo de conflictos ni disputas, entramos diariamente en" nuestro blog" que nos hagan recordar mejor nuestro pasado,el entorno en el que hemos crecido o el de nuestros seres queridos,o menos queridos,y poder enriquecernos,y empapaparnos con todas las vivencias pasadas por nuestros antepasados, aunque esas vivencias, no hayan sido las mejores que se hubieran deseado, pero forman parte de una historia pasada y están ahí,muchas veces como buenos ejemplos para no repetirlas y otras para disfrute de nuestros recuerdos.Si había 10.000 comentarios, este es el 10.001 y por supuesto que excepto unos pocos que se han eliminado, porque crearon conflicto,el resto,son de personas que como Juan Carlos,Luis,Paco,Lolita,Isabel,Guiller.................otros muchos y yo estamos aquí para apoyar este proyecto que comenzó con tanta ilusión y no queremos que desaparezca.
Perdonad si me he atrevido a nombraros,porque creo que es el sentir de casi todosm los blogueros y perdonad también a los que no he nombrado y sentís lo mismo, pero es que somos tantos..........
¡Ánimo Sres.rectores y a seguir luchando contra las adversidades!Un abrazo muy fuerte.Tere
Comentario por tere (25-04-2010 01:00)
11 Só quería saber quén son a citada Margarita e o Antonio. Grazas!
Comentario por Breixo (20-07-2011 17:16)
12 Breixo non sei que queres saber...Somos os creadores do blog e tamen do Faiado da Memoria ¿Chegache?
Comentario por faiado (20-07-2011 18:29)
13 Ramona Rubianes. Una foto bonita y una señora guapa. Debe ser más o menos de la época de mi madre Ramona Castro. A mi madre no le gustaba su nombre y le llamaban Ramonita. No quiso que su nombre lo llevara ninguna de sus hijas. Eso demuestra que era verdad que no le gustaba. Pero también era guapa y buena persona y dulce y cariñosa. Como yo veo a Ramona Rubianes. Lleva un vestido elegante (soy "costurera casera")y me fijo en cosas como las mangas, bien puestas. La mirada seria y confiada, bien peinada...Y el collar para alegrar el conjunto. Y además inteligente por lo que cuentan. Quizá la foto la hizo para que la recordaran. A mi es lo que me dice la foto. A mi entender lo demás sobra...
Comentario por Marité Montesinos Castro (30-11-2011 13:54)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal