lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano


THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

Lisardo
Lisardo

Elisardo o de Bamio ou Elisardo o Carrandán, el que fora unha persoa normal, que estaba casado e tiña fillos a raiz de algun problema sin diagnosticar na época, que podía ser perfectamente unha depresion, quedou nun estado moi extraño, moi introvertido, raro.

Nesta foto vémolo acompañado de Enrique León, moi xovenciño.


foto donada por Enrique León

Anterior Volver á galeríaSeguinte

5 Comentario(s)
1 Elisardo Fernández, tiña seis fillos e sobre 30 anos, (+/- 1939) cando sufriu un accidente laboral que o levou a un quirófano onde sufriu o que daquela se chamaba " a subida da anestesia á cabeza".

Foi moi coñecido en Vilagarcía pero poucos sabían que fora un home moi familar e intelixente que, de súpeto, se volveu arísco e pouco falador. Lisardo "O Carrandán" deixou case de falar, pero non perdeu o costume de baixar dende O Salgueiral ate Vilagarcía a andar polas vías do tren, pois a casa caíalle enriba. Fumador empedernido de celtas sin boquiña foi arrolado por un coche e abandonou as visitas á vila, fixose máis caseiro e viviu ata os 95 anos.
Moitos ainda recordan a a dentadura postiza metálica que fixo coas suas máns cando era torneiro nun taller de RENFE."


Comentario por antón (15-04-2009 09:33)
2 Elisardo era un tipo muy especial. Cada día de la semana tenía un sector al que visitar para obtener la "PAGA". Los sábados tocaba BANCOS. Entraba en la sucursal y sin decir palabra se pasaba por cada empleado poniendo la mano para que le soltaras el DURO. Si le dabas más, no lo quería, te decia que estaba mal contado.
Comentario por Joaquín S. R. (13-06-2009 21:09)
3 Contaba Dámaso Carrasco (+) que Lisardo, que entraba en su oficina con frecuencia, un día al entrar le preguntó: " Dámaso, ¿tes cambio dun millón? "
Comentario por "Pasarela" (08-11-2009 20:17)
4 Elisardo o Carrandan, deuselle por ir pedir polas portas, con aquel carís uraño e malhumorado´, sempre fumando, non facía mal a ninguén, petaba á porta e poñía a man,si lle daban, ben, e sinón tamén.
Tiñache a súa picardía, ás veces ata sorría e ensinaba os dentes de " aceiro " o ver algunha muller decíalle:Maruja, ¡ vamos alá ! unha señora de Trabanca, que é moi paveira, respondíalle,¡ está mollado ALISARDO ! él contestaba, ¡ a chaqueta por baixo !
Comentario por lolita camiño (13-01-2010 18:23)
5 era meu avó, teño moi bo recordo. Falar non falaba moito pero cando o facía sentenciaba.
Comentario por andrea (16-12-2012 15:49)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal