lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

ARDE MADRID, o documental

O próximo 14 de Abril as 21:00 realizaremos a preestrea do documental ARDE MADRID na Sala de Conferencias do Auditorio de Vilagarcía.

O documental, do que é autor o membro do faiado, Antonio Caeiro, e coa música de outro amigo, Juan carlos Porto, relata a vida de varios nenos e nenas no Madrid da Guerra Civil. Hoxe, 75 anos despois de comenzada aquela guerra fraticida, 13 personas nos relatan as súas vidas no medio de bombardeos, fame, medo e esperanzas.

Comenzado a gravar no ano 2005, conta coa participación de Eduardo Haro Tecglen (unha das súas últimas entrevistas xa que o gravamos en xaneiro e morreu en outubro), Concha Carretero, Ángeles García-Madrid, Vicente Ibañez, Manuel Sánchez, Felisa Trampal, Carmen Ortiz, Maruja Borrel, Martín Blanco, Carlos Sánchez, Nieves Torres, Cristobal Yagüe, Jesusa Martín e Julia Redondo. Nenos e nenas de entre 7 e 20 anos (a maioría de idade estaba nos 23 anos) no ano de comenzo da guerra, 1936.

A produción está realizada polo propio Faiado da Memoria co apoio do Ministerio da Presidencia do Goberno de España.

Esperamos contar coa vosa presencia na sala para que poidades disfrutar (a veces cunha certa angustia) das historias que alí se contan.

Gracias e, se podedes, contarllo as vosas amistades.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-04-2011 10:00
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal