Para celebrar de que xa fai un ano daquel festival que organizamos no auditorio de Vilagarcía e que baixo o nome de "...coa axuda dos meus amigos" reunimos a xente e grupos que nos alegraban o oido e a vida alá polos anos sesenta (xa fai cincoenta anos diso, estamos collendo solera) vamos a subir, durante uns días, algunhas das actuacións que tiveron lugar naquel espacio.
Algúns non poidéchedes asistir, uns por que xa non collía mais xente no espacio a petar, outros por que estábades moi lonxe, por iso é o momento de que vos acerquemos nos eses momentos.
Do DVD que se realizou naquel momento coa idea de regalalo a xente (fíxose unha negociación cun diario local para que o regalase pero a cousa non poido seguir adiante, polo que si hai entre os presentes un sponsor que queira facer un bonito regalo de navidad nos pómoslle nas súas mans o traballo completo consistente en dous DVD's ben bonitos), como isto non foi posible xa que so se poido facer unha edición para os artistas e colaboradores, vamos a deixar no blog algúns dos momentos desa gala que fora presentada polo noso amigo Vicente de Souza.
E comenzamos por onde se debe, polo principio. Nos, debido a que o festival ía a ser longo e emotivo, queríamos comenzar a hora xusta, pero non contábamos cun inconvinte: a choiva. A xente ía chegando a chaparróns, por iso fixemos por esperar un pouco por aquelas que tardarían en aparcalo coche nun día de tanto tránsito.
E tras as palabras de Vicente no que, contra todo pronóstico, permitía a xente a facer fotos, gravar en vídeo, aplaudir, cantar, palmear e bailar, daba o paso a introdución da gala e o facían os Strikkers acompañadas de X+( interpretando o tema que daba título xenérico o festival: ...coa axuda dos meus amigos.