lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano |
|
WEBSERIE HISTORIAS ARREDOR DA VIDA
Nominada aos premios Youtubeir@s 2022
REMOVENDO A TERRA
Selección Oficial no 36 CINEUROPA, 2022
RESONANCIAS DO PASADO
Premio do Público no MICE de Santiago de Compostela, 2022
Selección Oficial no Primavera de Cine de Vigo, 2021
EU TAMÉN NECESITO AMAR
Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.
Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial Mostra de Cine de Lugo
THE BATTLE OF THE GOOD MEN
Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.
Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.
A VOLTA DOS NOVE
Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015
Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015
DESDE DENTRO DO CORAZÓN
Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013
Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014
O FAIADO DA MEMORIA
Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura
A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM
1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005
|
|

|
ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
CONTINUAMOS ENGADINDO LEMBRANZAS |
|
Queridos amigos e amigas, non é que nos quedáramos nas minchas ultimamente, ainda que o podera parecer, pero é que outras cuestións nos tiñan atarefados.
Ademais vemos muitas das subidas realizadas ultimamente sen o mais mínimo comentario que hasta un bota en falta un "que guapa estaba a abuela!" que aparecían antes. Ter en conta de que unha das máximas do blog é o de descubrir aspectos sobre personas, feitos e lugares que aparecen reflexadas nelas. A non aparición destes comentarios faite realizar a tarefa de subida o blog un tanto mais remolona, non así a actividade de arquivo de O Faiado da Memoria que continúa imparable. Máxime agora que estamos co desenvolvemento de dous documentais, un sobre o Madrid dos anos 30 (coa colaboración da Vicepresidencia do Goberno de España) e outro sobre a Vilagarcía das nosas (as vosas) lembranzas coa axuda da Xunta de Galicia.
Precisamente para este traballo vos pedimos colaboracións e, a pesar de todo, estades un pouco lentos, menos mal que os de sempre responden de marabilla. Para eles, que o merecen, vai esta nova subida.
E as novedades van a estar nas seguintes Galerías:
Os amigos, 15
Terra de Artistas (con maiuscula), 3
Atopando detalles, 4
De barrios, 3
Soan campás de voda, 4
O Carril, 10
Primeiras comuñóns, 5
Creo en Dios Padre..., 3
Sempre emigrantes, 5
Aqueles traxes de baño, 1
Familia, 15
Gaudeamus igitur, 6
Os deportes chegaron coa escuadra, 1
Outra maneira de vivir, 7
Personas recordadas, 7
Personas inesquencibles, 1
Vamos a retratarnos, 3
Traballando duro, 2
Tradicións nosas, festas e actos, 9
A Vilagarcía de onte, 7
Vilaxoán, 8
En total 119 novas fotografías que están esperando por vos.
Agora, simplemente, disfrutade. |
|
|
|
2 Comentario(s) |
|
1 |
Haber Antón,vamos por partes,tes razón no dos comentarios,ás veces un polos outros e a casa sin varrer, pero na colaboracion que estas a pedir para o documental ¿ a onde ai que ir ? Si tú me dices ven, lo dejo todo. #blgtk08#
Aprobeitando ! que guapa está Cachumbala, parece unha princesa dos contos de fadas, e o neno un prinncipe, como decía miña nai, é moi bonita de cara e moi ben feita do corpo.
Unha precisidá de fotografía |
|
|
Comentario por lolita camiño (04-10-2010 20:35) |
|
|
2 |
estimada señora Lolita, nestes momentos de desenvolvemento do documental e despois de falar con varias personas, vanse facer unha serie de minidocumentais que confluen nun so. Eses pequenos documentais contan pequenas historias acontecidas en Vilagarcía. Algunhas destas historias son (poden variar ainda co tempo) sobre a escola, José Moreira, a explosión da pirotécnica dos Valladares, a praia Compostela, a vida social e Urioste, o mar coa súa vida, morte e#blgtk08# traballos, os ingleses,... Son uns temas que estamos comenzando a desenvolver, iso non quere decir que alguén aporte outros que nos parezan mais interesantes e tamén os engadimos. ¿As aportacións que pode facer cada un? Pois desde experiencias propias (ti na da escola teis moito que contar), material sobre algunhas delas, ... calqueira cousa agradécese.
E así é como se van facendo as cousas. Sen presas pero sen pausas como decía o goethe, o poeta. |
|
|
Comentario por antonio (05-10-2010 09:19) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|