lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano


THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

E CONTINUAMOS SUBINDO FOTOGRAFÍAS

Queridas Amigas e Amigos, o tempo pasa e as exposicións, que están presentes en Carril e Vilagarcía, rematan.

Este martes é o último día. Toca recoller.

Sabemos dos centos e centos de personas que pasaron polo Gato Negro do Carril e poideron disfrutar das pantallas coas fotografías. Sabémolo posto que así no lo deixáchedes escrito no libro de visitas que estaba exposto na entrada. Sabemos da cantidade de xente que se paraba diante dos escaparates de rúa Rey Daviña de Vilagarcía contemplando os paneis de "a escola en Vilagarcía". E moitas tamén foron as personas que pasaron pola oficina de O Faiado da Memoria no Auditorio para ver da forma de conseguir algunha desas fotografías que estaban expostas onde aparecían eles ou os seus pais. E marcharon con elas, contentos e emocionados, nas mans posto que esa é unha das nosas funcións.

Alegrámonos que todos poidan disfrutar deste traballo.

Pero cando algo remata, algo novo comenza. E por iso que acabamos de realizar unha boa subida de material novo ao voso blog.

Nin mais nin menos que 163 fotografías.

Están repartidas da seguinte forma:

A Vilagarcía de onte (18), Os amigos (13), Amores (1), Tempo de entroido (3), Aqueles traxes de baño (3), Atopando detalles (5), Bailamos? (3), De barrios (2), Soan campás de voda (2), Sempre emigrantes (3), Familia (18), O Carril (3), Gaudeamos Igitur (9), Outra maneira de vivir (7), Personas recordadas (7), Vamos a retratarnos (11), Creo en Dios Padre... (3), Traballando duro (6), Tradicións nosas, festas e actos (10), Vilaxoán (26), Primeiras comuñóns (3), e Os deportes chegaron coa escuadra (7).

Como vedes hai unha notable subida no apartado de Vilaxoán. Isto ben dado de que a xente dos concellos irmáns de Vilagarcía (Carril e Vilaxoán) comenzan a participar mais neste proxecto. Pero temos que avanzar o resto de parroquias e lugares deste concello. Somos dous e, agora sen coche (menos mal que temos o programa de bicicletas do concello, pero cando toca costa arriba non nos vai moi ben, e costa abaixo sen frenos non che digo nada), a poucos sitios alonxados podemos ir. Por iso vos pedimos un pouco de esforzo. Gracias.

E, por último, comunicaros que fai un tempo presentamos un proxecto, mediante unha productora audiovisual amiga, para realizar un documental sobre Vilagarcía basada nos traballos que estamos a recuperar. Era unha sencilla historia chea de outras pequenas historias que teñen que falar da xente, dos lugares, da memoria. O seu título era (ainda é) Desde dentro do corazón. Pois ben, este proxecto acaba de ser seleccionado dentro das axudas concedidas polo Agadic (dependente de cultura da Xunta) e este proxecto vai a deixar de ser tal para ser unha realidade. Temos a Juan Carlos Porto traballando na base musical (de feito xa temos dous temas) para que nos sirva de inspiración, pero tamén necesitamos da vosa axuda. Vos sempre tedes que estar presentes posto que este traballo non sería nada sen vos. Temos unhas cuantas historias que pensamos tratar pero gustaríanos que vos aportásedes algunhas ideas. Ábrese pois un espacio neste lugar para exercer un brainstorming (que ben me quedou isto en inglés, e que agora co pluringüismo todo se che acaba pegando), unha tormenta de ideas en galego, todos aportando algo para chegar a un punto que será o resultado final do documental. Tamén agradécense novos achegamentos de material, neste caso en forma de película (de 8mm, de super 8, de 16, do que sexa) para poder engadir o traballo.

Bueno, pero de momento ir disfrutando con estas 163 fotos novas.

Gracias por estar ahí.
Comentarios (0) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 29-08-2010 12:26
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal