lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano


THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

NOVA SEMANA, NOVA SUBIDA FOTOGRÁFICA

Un fin de semana máis e novas fotos incorporadas ó noso blog (xa, xa sei que é voso, de todos, pero era para recortar palabras e o final escribo mais das que pensaba aforrar).

Hoxe subíronse un total de 91 imaxes e que corresponden as seguintes Galerías: O Carril, 44 fotografías (ahí es ná), 8 fotos en A vilagarcía de onte, en Os amigos, 5, en Atopando detalles, 7, en Familia, 4, Os deportes chegaron coa escuadra, 4, en Soan campás de voda, 1, Personas recordadas, 7 e na de Vilaxoán 12 fotos.

Supoño que non está mal. Margarita está botando fume despois deste intenso traballo ainda que sigue colocando textos as fotos mentras eu vou colocando esta información e que vos poidades ter acceso canto antes a estes novos tesouros.

Tamén os colocamos este enlace de La Voz de Galicia que, hoxe domingo, 6 de xuño de 2010 (isto poñoo para aqueles que lean isto dentro de 10 anos), onde sae un artigo escrito por Antonio Garrido sobre as corridas de touros no salnes. Os membros do Faiado non estamos a favor, nin nos gusta, este espectáculo pero somos conscentes de que hai xente o outro lado do ordenador, como Monchito Paredes ou Teo Petinal, que si lles interesa. Hai unha foto nese artigo que é do Faiado e que xa se usou noutro artigo do mesmo diario. Foi unha pena que non nos deran aviso que lles pasaríamos unhas imaxes preciosas de pepehillo nas súas correrías vilagarcianas.

Amigas e amigos, esperamos que disfruten con esta nova subida.
Comentarios (0) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 06-06-2010 20:08
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal