lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

DISFRUTAD DO BLOG!!

Iso é o que se ten que facer, disfrutad, recrearse cos momentos vividos e os moitos que nos quedan por vivir.

Agradecemos as mostras de apoio recibidas pero xa é tempo de continuar coa tarefa habitual: nos a buscar/escanear/mostrar e vos a donar esa memoria que gardáchedes durante tanto tempo.

Per non desviemos a atención do realmente importante. Por iso o mércores tódolos escritos desaparecerán polo ben da marcha do blog.

Porque isto sempre quixo ser un logar de encontro.

E para iso vos deixamos 24 imaxes novas no apartado A Vilagarcía de onte. Exactamente hai 23, xa que a outra é esta foto onde vemos a un varal Luis Cordal Carús na súa finca de Trabanca Badiña, a mesma que este domingo abriuse para os veciños e para a memoria.

Si, amigos e amigas, dentro de pouco o Faiado da Memoria trasladarase desde o auditorio ao faiado (literal) desa casa. Ainda que a sensación que poidades ter e de que queda lonxe (os de Trabanca e a Torre o negan categoricamente) a verdade é que está a un paso de todo, incluindo os hipermercados e o polígono industrial. Cando estemos alonxados (iso pode levar certo tempo) xa volo faremos chegar para que veñades a botar unha visita.

Hoxe a nosa sorpresa, o ver o contador de visitas, e notar como un país está por riba, en número de visitantes, de Vilagarcía de Arousa e Pontevedra (xuntas). É Estados Unidos: 35 contactos. Sorpréndenos e agradecémolo, e tamén nos gustaría coñecer as súas vidas, os seus comentarios.

Gracias amigos, agora disfrutar coas fotografías subidas.
Comentarios (0) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 26-04-2010 20:40
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal