Estando a revisar, reordenar e reclasificar o noso disco duro atopei esta reportaxe que formou parte dun dvd que editamos para o libro sobre os Campaneiros de Vilagarcía e que editou Edicións do Cumio.
Non sabemos de quen é a reportaxe pero non nos gustaría que esta se quedará no fondo escuro da memoria do disco duro. Os irmáns Valiñas do Sixto, xunto cos Carballa, espallaron polo país adiante (o mundo é parte do país) a súa música que nace do mais profundo da terra e que é sachada a golpe de ronco e palleta para ir a parar os surcos dos nosos cerebros. E parte do noso acervo cultural, como o é o rock, a polka, o hip-hop ou a cumbia. Somos un universo que colle nun fol, somos unha terra que crea e dela, ben regada e cuidada, crece de todo, tamén hervas malas, para que o vamos a negar, pero é máis grande e fermoso o que é bo e xeneroso.
Coido que a idiosincracia particular dos Campaneiros, vilagarciáns de terra adentro, é parte do espíritu que nos fai crecer.
Escoitémolos con agarimo, recollidos, cos ollos abertos e a mente tamén. Para seguir adiante temos que ver moito para atrás, como o mariñeiro que vai bogando de costas o seu destino, posto que ten que fixarse nas referencias que vai deixando tras súa.
Disfrutade con esta reportaxe e quen sepa de quen é a autoría que a diga e así farase xustiza xa que non conta con títulos de crédito algúns, só os iniciais que lle colocamos nos mesmos.
Alguns componentes do grupo Treixadura publicou no 2005 un libro con DVD sobre os Campaneiros titulado "OS CAMPANEIROS DE VILAGARCIA" y en el recopilaban todalas grabacions de audio e video do mit#blgtk08#ico grupo de gaiteiros.
Este libro o firmaban Carlos Rei, Paulo Nogueira i Hector Silveiro.
Posiblemente nesta recopilacion aparece este video que publicades, e os creditos do mesmo.
Comentario por Diego Alcaine (27-03-2010 12:31)
2
Si, é o libro do que se fala no comentario e o vídeo está no DVD. De feito temos ese vídeo por que foi o Antonio quen fixo ese deuvedé. El coida #blgtk08#que debe estar feito pola Delegación Territorial de Galicia de TVE e sobre os comenzos dos oitenta, pero ningún dato máis.
Gracias Diego.