lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano


THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

SEGUIMOS SUBINDO FOTOGRAFÍAS... e MÚSICA
E agora van a ser 74. Sen lugar a dúbidas unha boa tanda despois destes días de sequía post-exposición.

Falando desta última lembravos que só queda esta semana para poder disfrutala. O sábado que ven, día 27, remata sen poder ampliala, polo menos de momento.

É grande a cantidade de personas que están a pasar pola sala de exposicións do Auditorio para ver as fotografías, obxetos, aula e vídeos que se expoñen nesa "escola en Vilagarcía" e esa resposta nos é moi grata a nós como organizadores dándonos ánimos para futuros proxectos.

Pero vamos agora a informar onde están esas novas fotografías que acabamos de subir o blog. Estas son as Galerías: Na de A Vilagarcía de onte, 5 fotos, na de Atopando detalles, 2. En De barrios, 10, Familia, 13, Gaudeamus igitur, 7, O Carril, 5, Os deportes chegaron coa escuadra, 1, Os amigos, 4, Outra maneira de vivir, 2, Soan campás de voda, 3, Terra de Artistas (con Maiúscula), 1, Traballando duro, 4, Tradicións nosas, festas e actos, 5 e na de Vilaxoán, 12.

Agora é o momento de descansar tranquilamente diante da pantalla do ordenador, cunha infusión quentiña que se vai a ir enfriando co paso do tempo, unhas pastas e, a poder ser un fondo musical e disfrutar durante horas da contemplación das mesmas. E engadir comentarios, loxicamente, posto que non nos gusta moito ver fotos sen ningún comentario, da a sensación de que non teñen importancia ou de que non se valoran o suficente.

Para aqueles que non saben que música colocar e atendendo a varias solicitudes que nos fixeron vía correo electrónico e personalmente vamos a colocar para que podades descargar algúns temas que para nos son inspiradores ou inspirados neste voso blog. En primeiro lugar vamos a deixar un arquivo das composicións do membro do Faiado, o noso querido amigo, Juan Carlos Porto. Premendo aquí mesmo podemos descargarnos un arquivo que, despois de descomprimilo disfrutaremos do tema da banda sonora de O Faiado en tres versións distintas e o tema realizado para o vídeo de os anos trinta.

A disfrutar.
Comentarios (0) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 21-03-2010 09:20
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal