| lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano |
|
O documental
DESDE DENTRO DO CORAZÓN
está nas seguintes Librarías:
En Vilagarcía:
Librería NOBEL
Librería PAMPÍN
Kiosco CORA (no Centro Comercial)
No Carril:
WALDINA
En Vilaxoán:
Estanco das FARAS
Estanco CELIA
En Pontevedra:
Libraría PAZ
En Santiago de Compostela:
Librería FOLLAS NOVAS
Librería PEDREIRA
En Vigo:
Librería VERSUS
|
|

|
| ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
| A ESCOLA EN VILAGARCÍA |
|
 Ola,
levábamos uns días en que non engadíamos unha cantidade de fotografías considerable (posto que algunha foron subíndose sen dar publicidade, era en plan sorpresa) pero, ¿porqué?.
A resposta a esta pregunta terá lugar o martes día 9 de marzo as oito e media da tarde/noite (depende se para aquela xa se meteu o sol ou non).
Unha nova exposición cun elemento temático de fondo: A ESCOLA EN VILAGARCÍA.
Alí van a estar as imaxes das Filipenses, as Franciscanas, o Instituto Laboral, Rubiáns, Castrogudín, Bamio, o Concepción Arenal, o León XIII, e moito mais. Imaxes e obxetos. Libros, labores, material de apoio, ...
E unha pequena aula cunha serie de pupitres representativos dos que se usaban fai uns anos, tanto por nós (os da "idade media")como dos nosos pais.
Esa imaxe que acompaña a este aviso é o cartel da exposición e que pronto estará na rúa ainda que nunha cantidade pequena xa que nos coidamos e apoiamos mais este sistema de difusión e a vosa capacidade para transmitir as noticias de "boca a orella" e de correo electrónico en correo electrónico.
A maiores a mostra vai contar cuns vídeos realizados nas últimas semanas polos alumnos da rede de dinamización en Vilagarcían e na que se relatan diversas historias en relación coa escola vilagarcián.
Non é preciso que vaia todo o mundo a presentación (mais de catrocentas personas colapsan o espazo :D ) pero lembrar que a expo SÓ dura até o 27 deste mes de marzo.
Na Voz de Galicia (pulsar aquí e xa vai directo) podedes ler o primeiro artigo que sobre este tema se están a escribir.
Esperámosvos a todos e disfrutade |
|
|
|
|
| Deixa o teu comentario |
|
|
|
|
|