lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano


THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

QUEDAN DOUS DÍAS!!
Xa estamos as pre-vísperas. Dentro de tres días cumplios-cumplides e dentro de dous rematamos con estas grandes subidas. Coas 92 subidas no día de hoxe xa vamos en 303 fotografías novas.

¿E onde están as que se subiron hoxe?.

Pois moi simple, nas Galerías de Posando (67) e Outra maneira de vivir (25).

E, entre subida e subida, seguimos coa preparación da exposición da "Escola en Vilagarcía". A relación de materiales aportados para esta exposición xa comenza a colapsar o espazo da Concellería de Cultura, pero a nos danos igual, ainda que teñamos que habilitar outros espacios para seguir almacenando. A resposta das personas e dos centros académicos é fabulosa. E moitos deses materiales os teremos que recoller nos días previos a exposición, como a escola que vamos a montar extraida de Loenzo, ou as aportacións do Museo Pedagóxico de Galicia en cuestións de pupitres de distintas épocas, ou os libros, libretas, plumas, uniformes, mapas, etc que van a estar expostos na sala de exposicións do auditorio. E que teremos que ampliar polos pasillos xa que se nos vai quedar pequeno ese espazo.

E na de Corbatilla, nas aulas da Rede de Dinamización, están pasando o ecuador do obradoiro de videomontaxe na que se están elaborando unha serie de minidocumentais que serán exhibidos na sala de exposicións. Podedes ver arriba a pequena foto de parte dos asistentes o obradoiro. Esta semana daranlle os toques finais a estes traballos e logo, a metade de marzo poderemos velos no auditorio de Vilagarcía. Alí apareceran as testemuñas de algúns de vos que pasáchedes polo obradoiro a deixar as vosas experiencias como Lolita Camiño, Dieguito, Antonio, Ramón Rodríguez, Cunino... e tamén as experiencias dos propios integrantes do obradoiro como Tere Briones.

E logo estarán as fotos que nos donáchedes entre todos e todas. Quizás nos siguen faltando algunhas fotografías das escolas alumnos e mestres dalgunha das parroquias. Guillán, Cea, Trabanca Sardiñeira e Badiña, Castrogudín, Bamio, ... Se algún dos que nos leen ainda teñen algunha foto ou documentación destes lugares agradeceríamos que se puxesen en contacto con nos ben personalmente no concello (no segundo piso do auditorio) ou por correo electrónico.

De momento seguir disfrutando desta excepcional subida fotográfica.
Comentarios (0) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 31-01-2010 11:40
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal