lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano


THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

Cando os Zeppelentinianos daban lustre a Vilagarcia
Traemos hoxe un exemplar da afamada e nunca sufecentemente ben ponderada "Orden del Zeppelentín", o "Valentín Tribune", decano da prensa caballeresca.

Trátase do número catro de tan insigne organo oficial que relata, coa súa modestia natural, as xestas heroicas e avatares dos zeppelentinos e incluso, con reservas, das zeppelentinas.

Alí podemos ler a botadura e posterior singladura do sumarinintín alá polas Malveiras, para maior gloria da orde e coa promesa de non queimala de novo, as xustas de Oca, as votacións democráticas dentro da Orde o que non era moco de pavo tendo en conta de que estamos en 1971 e iso de votar non che era moi ben visto por estes lares, nin por outros lares, e outras andanzas que se recopilan nestas oito paxinas de humor neosurrealista-postpousadoiro.

Extractamos un extracto que eles extractan dun escrito realizado, supostamente, por Ramón Taboada na prensa precapitalina da época e que fala da Orde: "los motivos que reunen a los zeppelentianos tienen la trascendencia de lo informal y el sano concepto humorístico en la interpretación de estereotipados convencionalismos...es un movimiento liberatorio que sienta muy bien a la salud pública y proporciona una terapéutica al tratamiento de las coronarias".

AHÍ ES NÁ!!

Clicando aquí mesmo, e seguindo os pasos habituais, poderedes baixar o pdf deste número catro e posteriormente xa iremos proporcionando outros números sen seguir ningún orden nen raciocinio. Vamos, según nos veña ben.

Esperamos facer unha galería co material que consigamos desta orde xa que sabemos que é abundante e interesante e tendo en conta de que boa parte dos membros da orde son asiduos (ou intermitentes) de O Faiado os comentarios das súas andanzas poden ser de todo menos aburridos.

A donación desta publicación foi realizada por Francisco Javier Silva (a quen SanValentinín lle conceda un credito de moitos anos de vida (boa)).

Disfruten e fáganolo saber.

Gracias.
Comentarios (2) - Categoría: Zona de DESCARGAS - Publicado o 08-01-2010 22:23
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Me complace mucho el recordar los tiempos pasado#blgtk08#s como ZEPELINTINIANO desde tierras venozolanas
Comentario por Rogelio Patiño (25-06-2011 07:02)
2 Para os que non lle consta este traballo na rede e queiran curiosear e, porque non facer a s#blgtk08#úa propia versión da Orde Zeppelentiniana aquí vos deixo este enlace.
Saúdos veciñ@s
Comentario por ddoval (18-01-2013 12:39)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal