lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano


THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

Vai polo ANO NOVO!!

Despedimos este ano 2009 cunha subida de fotografías para entrar con bo pé neste dous mil dez onde cumpriremos o noso primeiro aniño na rede.

Bueno, con bo pé e estilo, como se marca Cheka na matanza do porco: con corbata. Ante todo glamour.

A subida consta de catro galerías: Outra maneira de vivir (4), Familia (3), Atopando detalles (2) e Personas recordadas (2).

Disfruten...pero con moderación.
Comentarios (1) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 30-12-2009 22:14
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Sempre foi un día grande o día da Matanza. E si todo esto é en tempos de certa crisis, o asunto sempre foi así... Nas primeiras horas empeza a cheirar na casa a fígado encebolado. ¡Qué rico!
E despóis veñen os rixóns que cun vasiño de Albariño (ou dous),xa se empeza a caldear o ambiente. Con un pouco de suerte nos vemos cantando a "Rianxeira" é o que veña despóis...

Fai moitos anos, había un matarife nun lugar da Laxe. Lle chamaban "O Rosquete", e cando o chamaban para unha matanza, traía con él unha caterva de nenos, para axudarnos na matanza do porco. Non sei dónde estudiaría él ("O Rosquete") a facer esta clase de traballos. Seguro que na Laxe o recordarán moi ben.
Era un home con moitas carencias. Creo que era viudo. Pero tiña cinco ou seis fillos daquéla... "O ROSQUETE" é cinco fillos.

Os fillos do Rosquete cantaban a coro en lugares moi nutridos.
E non o facían nada ma#blgtk08#l, naquéles tempos de moita fame, sería polo ano 1944 ou por ahí... Si daquéla hubera Televisión seguro que sería un grupo moi popular, porque tiñan unhas cancións con letra moi picante para aquéles tempos. Entre ésa letra picantona e a fame que pasábamos os españois, todo era normal...
................................................................
"Tende coidado miniñas,
miniñas tende coidado,
que andaba pola Laxe,
un bicho moi desplumado.
Tende coidado miniñas,
que pica sin compasión,
e despóis aguantaredes,
o dolor do picasón"... (Esta era parte da letrilla).
............................................................
Como se ve na foto, a festa era para a familia Arines.
Si foi así, me alegro, porque tamén eran moitos na mesa.
E despóis do fígado e rixóns, que veña outra cousa rica...
Esto axuda moito a cantar mellor...
Comentario por E. García - Santiago 28.03.14. (29-03-2014 21:32)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal