lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano


THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

Despois da cena...os comentarios

Tras levantarnos da cama constatamos os perfidos efectos da resaca. Da resaca de encontros que tivo lugar no restaurante Pampero do Carril.

Neste enlace
poderemos ver algunhas das instantaneas que se fixeron durante as seis horas que pasamos ali pechados.

Daniel Garrido Castroman recitounos un poema inspirado

A CEA DO FAIADO

Xuntáronse no Pampero
os amigos do Faiado
que conversaban no “blog”
mais non se daban ollado.

É bó verse cara a cara
que, ó falar, non hai cabreos
pois tratanse con respecto
tanto os guapos coma os feos.

Nestas ceas de traballo,
beban auga ou beban viño,
co bandullo posto a punto
medra dabondo o cariño.

E seguro que ós blogueiros,
cando acaben de cear,
coa lingua ben engraxada
non pararán de falar.

Que non falen do “Bar Miño”
Haber´que vixiar
pois, se comeza a carreira,
todos terán que calar

Din os vellos da bisbarra
que, desde os tempos da guerra,
non se falou tanto tempo
da xente de Salvaterra.

Mais o importante da festa
é facer unha mestura
de xentes tan diferentes
nunha mesma singladura.

Como estamos en familia
e ademáis, vou para vello,
permitídeme a licenza
de darvos un bo consello:

¿Vou vello ou non?

Para ser feliz na vida
hai que ter moi boa vista,
ver o lado bo da xente
e ser persoa optimista.

Isto non é para tomar con arroz

Finamos agradecendo
ista xuntanza exquisita
brindando todos xuntiños
con Antonio e Margarita.


E as suas irmans e compaña crearon unha letra en plena sobremesa e rapidamente a puxeron no aire acompañadas a guitarra por Pilar:

O Faiado da Memoria
celebra a primeira cea
no Pampero, vaia chea.

Levamos xa mais dun ano
metidos neste fregado
mirando centos de fotos
dos nosos antepasados.

Por non perder a costume
e como era de esperar
no noso blog tamen houbo
un choque xeracional.

Queremos que no futuro
esto non sexa un problema
e sigamos moitos anos
disfrutando desta cea.


Aqui haberia que facer unha puntualizacion: a pesares de que o tempo voa que non da parado, realmente levamos (como blog) nove meses. Ainda que pareza que e toda unha vida.

E como o sutil trasego de alcool desatasca os musculos faciales deusenos por engadir os ultimos comentarios que se fixeron no blog. E unha axuda para aqueles que lles costa viaxar polo Faiado sen gepeese.

Disfruten este espacio e dentro de pouco novas fotografias seran subidas.

De momento perdonen por non poder colocar ningun acento pero temos problemas para evitar este fallo ortografico.
Comentarios (12) - Categoría: Xeral - Publicado o 25-10-2009 15:45
Chuza! Meneame
12 Comentario(s)
1 Veo en los hijos de Don Jesús Garrido, la misma vena humorística que su padre imprimía en los versos "dos maios" que hacía en el Colégio León XIII.
!Que alegría se nota en todos vosotros participando de esa cena!...#blgtk08#
Gracias ao Faiado por la reintrodución de los nuevos comentarios, que, para los que no somos del ramo de la informática, es pieza esencial para acompañar las novedades de los amigos.
Saludos a todos.
Comentario por José Manuel Casalderrey (25-10-2009 17:46)
2 Pra min foi unha noite inesquencible, atopar ós amigos e coñecer ós que nunca ollara, soupome a pouco, botei en falta a algúns espe#blgtk08#cialmente a Roberto, Paco e Mari Gallego, ¡ outra vez será ! eu xa me estou poñendo de " mollo "
Ata a prouxima " cosedura "
Comentario por lolita camiño (25-10-2009 19:31)
3 José Manuel,me comentan q estarás el 4 de Diciembre en el festival de los 60,¡q alegría tan grande¡ allí estaremos.Traete fotos de Hildita ,Quike y y sus churumbeles.¡Cuántas ganas tengo de verlos¡La última vez q estuvo Hildita estaba también tú madre y tuvimos el placer de disfrutar de ellas casi #blgtk08#todos los días de su estancia en Pontevedra y en Carrily Villagarcía.Ya mandé fotos al o faiado en las q está ella en nuestras correrías por Lobeira,Xiabre y Cortegada,las viste' dile q entre y las disfrute,ese fué uno de los motivos de mandárselas a Margarita y Antonio.Un fuerte abrazo para todos.
Comentario por Isabel Garrido Castromán (25-10-2009 21:53)
4 Gracias Isabel, ya vi las fotos y se las mandé a Hilda.
Acabé de pasarle ahora mismo tu recado
El problema és que están con poquísimo tiempo para usar el ordenador con los trabajos de los alumnos de las tres. Toda#blgtk08#s son profesoras y en fin de año escolar ya debes imaginar el acúmulo.
Os manda muchos besos a todos.
De mi parte, espero estar por ahí en diciembre para ese festival de los 60...
un abrazo a todos.
Comentario por José Manuel Casalderrey (25-10-2009 23:54)
5 Estou cheo de envexa (san) o ver estas fotos, encantame ver ó ben que o pasastedes e pola parte que me corresponde graciñas por lembrarvos dos que estamos lonxe e non poidemos acudir, pero xa teremos oprtunidade porque me da a min que esta Loubada vaise repetir.

Don Daniel Garrido " CHAPEAU",hoxe acabou de abraiarme, creo que xa me #blgtk08#tocou ler unha letania sua no Enterro da Sardiña de Carril,equivocome???,

Marga é Antonio non tendes perdon sodes incorrexibles, pero por favor non cambiedes.

Quero deixar un desexo para tod@s:

Ser Felices, porque si vosotros lo sois,tambien lo seremos todos los que os queremos.

Saudiña.
Comentario por Juan (26-10-2009 04:57)
6 Lolita, muchas gracias por considerarme entre los que echaste en falta en la cena, aunque nadie siente tanto que no haya ido como yo misma, y es que uno no sabe lo que tiene hasta que lo pierde. Me alegro muchísimo que lo#blgtk08# hayais pasado todos tan bien como estais dejando ver y deciros que haré lo posible para estar en la próxima. Se me han puesto los dientes así de largos viendo las fotos. Mis felicitaciones a los responsables del evento.
Comentario por Mary Gallego (26-10-2009 23:23)
7 Bueno eu despois de todo o que se pon eiqui, e sintindo o moito po#blgtk08#r todos os que faltaron, o que os perdechedes. FOI IMPRESIONANTE.
Comentario por Cunino (27-10-2009 00:55)
8 Bueno eu despois de todo o que se pon eiqui, e sintindo o moito po#blgtk08#r todos os que faltaron, o que os perdechedes. FOI IMPRESIONANTE.
Comentario por Cunino (27-10-2009 00:55)
9 Bueno eu despois de todo o que se pon eiqui, e sintindo o moito po#blgtk08#r todos os que faltaron, o que os perdechedes. FOI IMPRESIONANTE.
Comentario por Cunino (27-10-2009 00:55)
10 Lolita, del mismo modo que lo ha hecho Mary, te agradezco que me hayas con#blgtk08#siderado entre los que echaste de menos en esa cena memorable. Un abrazo.
Comentario por Roberto Núñez Porto (27-10-2009 01:03)
11 Algén de vos douse conta
tanto falar do Pampeiro
a tal hora debe ser
famoso no mundo enteiro

E porriba co que agora
estáseche a argallar
sen comelo nin vevelo#blgtk08# /> vai tela sona a escachar

Non digo eu que a unha cea
tampouco a unha comellada
pero non estaría mal
que envite a unha larpeirada.

¿ Que vos parece ?
Comentario por lolita camiño (28-10-2009 10:42)
12 Pues, es posible, Juan, ya que llevo muchos años haciendo la letras.
Lo que no me gusta es que sean pareados, pero así lo requiere la música tradicional; por eso le añadí lo de "Carnaval, Carnaval".

El único problema es que temo que, en alguna oc#blgtk08#asión, alguien se pueda molestar con las estrofas, aunque, cuando hay temas políticos (cosa inevitable), procuro hacer bromas con todos los partidos, sin distinción.

Aprovecho para rogar a todos que no me lo tomen a mal,pues tengo gran respeto a todos.
Comentario por Daniel Garrido Casromán (29-10-2009 19:13)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal