lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano


THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

45 novas fotografías


Si, seguimos con esta nova subida que sumamos as 41 de onte.

Esta vez as Galerías que ven aumentado o seu fondo son as de Soan campás de voda con 2, Os deportes chegaron coa escuadra, con tres, Familias con 13 e chegaron por correo...electrónico con 27.

Este último sistema é o que se esta a utilizar por maior número de xente, polo que rogaríamos que se tomen unhas normas básicas que se concretan nunha soa: necesitamos máis resolución. No momento de escanear o aparato que usemos ten unha configuración para incrementar esta resolución, precisamos que a coloquen a un mínimo de 600 ou aumentar a proporción de saida. Se a alguén lle resulta complexo sempre poden acudir a nosa oficiniña, no auditorio de Vilagarcía (2º andar, concellería de Cultura), chamar por teléfono o mesmo lugar (986 512 600) para que nos poñamos en contacto con vostedes ou ben enviando o correo electrónico que ven na parte superior esquerda deste blog. Isto é importante para que as fotografías podan utilizarse tranquilamente sen que perdan calidade.

Pero de momento disfruten e, como decía a formiga atómica naquela serie de dibuxos animados da miña infancia...non esquezan de mineralizarse e supervitaminarse escribir comentarios
Comentarios (0) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 25-09-2009 20:25
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal